Ardalén. Miguel Anxo Prado. Tenrura, sensibilidade, delicadeza, memoria, fraxilidade dúas recordos, a vellez e a enfermidade, a combinación de fantasía e realidade... conforman unha atmosfera engaiolante cunhas ilustracións moi sedutoras. O texto marabilloso.
El caballero fantasma. Cornelia Funke. Jon Whitcroft ten once anos e acábano de enviar a un internado en Salisbury. A nova parella da súa nai, ao que chama o barbudo, non lle gusta nada e o seu novo colexio tampouco é do seu agrado. Con todo, ao pouco tempo de estar en Salisbury comprenderá que a tristeza é o menor dos seus problemas, xa que unha noite aparecen tres pantasmas baixo a súa fiestra.
Biblioteca A Esperela
GUÍA A ESPERELA. XUÑO 2013 www.biblioaesperela.blogspot.com ex libris
Abres o libro e un perfume de xardín silvestre, de xardín doutro tempo aínda fresco, emana da lectura. Antón Avilés de Taramancos.
70 Preguntas curiosas sobre el mundo que nos rodea y sus asombrosas respuestas. Martín Gent. Por que ás veces se nos pega unha canción? Beben auga os peixes? Este sorprendente e divertido libro reúne as respostas a 70 curiosas preguntas sobre o noso corpo, o mundo animal, as plantas, a ciencia, a tecnoloxía e outras inquietudes ou dúbidas que todos habemos ter algunha vez.
Cidades. Fran Alonso. A cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia.
Juego de Tronos. George R. R. Martin. É unha mestura xenial de fantasía épica, traizóns sorprendentes, familias enfrontadas, personaxes ricos en matices e xiros inesperados, que atrapa ao lector nunha hipnotízante e perigosa encrucillada. (Cómic e novela)
Ninguén. Fran Alonso. Unha ollada indiscreta a vida dos nosos veciños Unha visita, a traves das historias dos hoax, ao xeito en que a cidade e a tecnoloxía cambian as nosas relacións. Un libro artellado a partir da confusión entre realidade e ficción que internet levou a límites insospeitados.
Fun Home. Alison Bechedel. Unha traxicomedia familiar, o exitoso relato de maduración que se cualificou como"proeza de retrato familiar" e un "raro e orixinal” exemplo do porqué as novelas gráficas ocuparon a conversación sobre a Literatura Americana.
Durante as vacacións podes levar ata 5 documentos (cómics, libros, películas,..) Felices lecturas no verán.
Nubes de evolución. Andrea Maceiras. Sempre vai frío
Eu, pel. Teresa González Costa. Aquel rapaz ao que lle
na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío. Aquel frío que atenaza a Luís, o profesor de instituto As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».
puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal
Khalid. Damián e Jordi Pastor. Khalid conta a historia de dous irmáns marroquís. Rachid, o maior, vive nun centro de acollida no barrio do Raval barcelonés e ten serios problemas coas drogas. Khalid, o menor, animado pola suposta fortuna do seu irmán maior, decide emprender unha viaxe a Barcelona. Durante o camiño descubrirá que o seu soño está cheo de trampas e mentiras. Aquí podes seguir a historia http://normaeditorial.com/khalid/index.html
Robinson
contado polas alimañas. Marilar Aleixandre. Os animais que viven na illa deciden, dunha vez por todas, contar a historia do náufrago, a súa adaptación á contorna e, sobre todo, os encontros e desencontros que tiveron con el.
El fantástico viaje al Big Bang. Jürgen Teichmann. Con este libro viaxaremos polo cosmos, calcularemos a forza da gravidade, descubriremos Urano, entraremos no código secreto das estrelas, pescudaremos a que distancia están as galaxias, coñeceremos as xigantes vermellas, o eco do Big Bang, os buratos negros e tamén nos decataremos de por que a cor dunha estrela pode revelarnos a súa velocidade.
Cantares Gallegos. Rosalía de Castro. 150 anos da súa publicación. Obra fundacional da nosa historia literaria contemporánea por ser a primeira escrita integramente en lingua galega.
Neardental. Roudier. Unha caverna europea, fai máis de 50.000 anos. Laghu é o artesano da tribo dos Torsos Vermellos. A súa habilidade para fabricar armas é portentosa, pero nunca poderá ser cazador, a súa perna lisiada impídello.
Persépole. Majne Satrapi. Unha obra autobiográfica sobre a infancia da autora en Irán. Cargado de emotividade, crítica e ironía, Persépole é xa una obra de referencia e un cómic de culto.
Gabo. Memorias de una vida mágica. Óscar Pantoja e outros. biografía en clave de novela gráfica dunha das figuras máis importantes da literatura universal. A súa estética cálida e colorista iranos levando polos distintos períodos da vida do autor de Cen anos de soidade, a súa voda con Mercés, o gran amor da súa vida, a entrega do Nobel en Estocolmo ou o seu paso por Paris.
Soy una mata gigantes. J. Kelly e J. M. Ken Niimura Unha desas historias sobrecolledoras e de difícil clasificación, precisamente porque ten de todo, pero combinado na súa xusta medida: acción, fantasía, personaxes entrañables, diálogos chispeantes, un debuxo espectacular e a dose adecuada de drama.
Jules, una asombrosa aventura . Émile Bravo. Jules é un adolescente normal e realista que se vai ver inmerso en diversas situacións extraordinarias e fantásticas que resolverá co seu sentido común.