XIIIGALEGO ENCONTRO DE
ILUSTRACIÓN www.agpi.es
Sábado 29 de outubro de 2016 A partir das 11:00 (Entrada libre e de balde) Auditorio do CGAC. Rúa Valle Inclán, 2. Santiago de Compostela Organiza: AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)
PROGRAMA MAÑÁ. Actos de portas abertas AUDITORIO DO CGAC. Rúa de Valle Inclán 2 11:00 RECEPCIÓN 11:10 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO 11:20 MAROTO [Animación/Publicidade] Charla que profundizará na traxectoria e traballo do autor, cunha breve sesión de pintura dixital en directo. 12:40 Descanso 13:00 XOSÉ VIZOSO [Produto/Cartel/Editorial] Retrospectiva da súa obra a través dun coloquio co autor. 14:15 FOTOMATÓN Foto grupal dos asistentes ao Encontro da man de Óscar Villán (Parque de Bonaval).
TARDE. Actos exclusivos para socios da AGPI 14:30 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN (con inscrición previa) RESTAURANTE O AFIADOR, rúa de San Pedro, 28 17:00 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI AUDITORIO DO CGAC. Rúa de Valle Inclán 2 19:00 FINALIZACIÓN DA ASEMBLEA
Maroto (BambinoMonkey)
| bambinomonkey.com
Ignacio F. Maroto (Madrid, 1979) é ilustrador e director de arte especializado en deseño de personaxes. Estudou ilustración na Escuela Número Diez de Madrid. Deu os seus primeiros pasos profesionais como caricaturista en eventos e debuxando BD para a editorial Megamultimedia. Leva 15 anos traballando no mundo da animación e a publicidade, primeiro en Zinkia Entertainment, e despois como freelance para numerosas empresas do sector (Turner/Cartoon Network España, Canal+, Santillana...). Estudios norteamericanos como Psyop, Blind ou Elastic contan habitualmente cos seus servizos de concept designer cunha marcada estética cartoon. Recentemente colaborou con Sony Animation nunha das súas próximas longametraxes. Maroto amosaranos os seus proxectos e procesos creativos e fará unha pequena demostración de traballo con ferramentas de pintura dixital.
Xosé Vizoso
| xosevizoso.com
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). Artista con múltiples talentos (debuxante, escultor, ilustrador, ceramista, grafista...), é o deseñador máis representativo de Sargadelos, empresa na que traballou máis de 40 anos. Alí produciu --primeiro baixo a tutela de Isaac Díaz Pardo, e despois coa súa propia voz creativa-- infinidade de figuras, obxectos, vaixelas, pezas conmemorativas, murais e proxectos gráficos para a marca. Paralelamente, Vizoso conta cunha gran produción como deseñador e ilustrador de Foto: Rafa Arroyo libros (máis de 60 títulos), ademais de ser un prolífico debuxante, caricarurista e cartelista. É paradoxal que o nome de Vizoso sexa pouco coñecido cando a súa obra ten unha forte presenza no imaxinario galego das últimas décadas. Nesta cita co autor mindoniense descubriremos as distintas facetas do seu traballo, sempre caracterizado pola profunda raizame na identidade e a cultura galega.
QuE é a AGPI? A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración agrupa a ilustradores e ilustradoras interesados na defensa común dos seus dereitos e intereses profesionais. Actualmente AGPI aglutina máis de 120 ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada. AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP), integrada actualmente polas asociacións de Cataluña, Galicia, Madrid, País Vasco e Valencia, e que á súa vez é parte do European Illustrators Forum (EIF), que aglutina asociacións de ilustradores de toda Europa.
QuE obxectivos ten AGPI? • A representación, promoción e defensa dos dereitos e intereses profesionais dos seus membros. • A mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos/as profesionais da ilustración. • Facilitar información e formación para o desenvolvemento profesional dos ilustradores. • A difusión do traballo dos asociados. • Traballar no crecemento da profesión a través do traballo con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións (tanto nacionais como internacionais) e con outros axentes da industria cultural. • Acadar maior proxección e recoñecemento social e cultural para a ilustración.
QUE OFRECE A AGPI AOS SEUS SOCIOS/AS? • Asesoramento profesional e xurídico »»Orientación profesional e laboral »»Servizo de asesoría xurídica • Formación e información »»Documentos, guías e informes profesionais »»Cursos e talleres »»Novas e actualidade profesional
• Promoción »»Catálogo online de traballos dos socios (agpi.es) »»Exposicións itinerantes e mostras temáticas »»Presenza e representación de socios en feiras e festivais internacionais »»Noticias de proxectos dos socios na web agpi.es e na páxina de facebook de AGPI • Publicacións »»Catálogos de exposicións »»Anuarios e publicacións temáticas • Relación cos socios e comunidade profesional »»Lista de correo electrónico dos socios »»Perfil de AGPI en Facebook (exclusivo para socios) »»Encontro Galego de Ilustración »»Actos e encontros específicos, como o Debate sobre o Estado da Ilustración »»Actividades de difusión con perfil lúdico, como as Ilustranoites, o Combate de Debuxantes ou o Drink & Draw Vigo • Descontos e promocións »»Descontos en tendas de material de belas artes, papelerías e librerías »»Descontos en workshops e talleres creativos.
QuEn pode asociarse a AGPI? Poden formar parte da AGPI todos os creadores visuais galegos ou residentes en Galicia que se dedican profesionalmente á ilustración en calquera das súas áreas: libro, libro de texto, BD, publicidade, prensa, humor gráfico, produto ilustrado, animación, multimedia, videoxogo, infografía, cartelismo, packaging, gravado e estampación, caricatura, muralismo, téxtil, storyboard, concept art, ilustración científica, merchandising, etcétera.
COMO DARSE DE ALTA NA AGPI? Para asociarse ou recibir máis información só hai que mandar un e-mail á correo@agpi.es A cota trimestral de socio é de 36 €. Os novos socios pagan unha cota reducida (27 € ao trimestre) durante o primeiro ano para facilitar a integración dos estudantes de ilustración e os profesionais noveis no ámbito profesional e asociativo.
a guĂa de supervivencia para creativxs freeelance. descarga o pdf gratis en ou consulta os puntos de venda da ediciĂłn en papel.
Equipo técnico: María Álvarez, Sergio Covelo, Alberto Guitián e Henrique Torreiro Fotomatón: Óscar Villán • Deseño: Bernal Prieto Impresión: Lugami • Ilustracións portada: Maroto e Xosé Vizoso
XIII ENCONTRO GALEGO DE
ILUSTRACIÓN
COMPOSTELA
Rúa
eais as R
Cas
Rúa da Acibechería
R úa
Rúa
do V
ilar
Rúa do Franco
nga
Xelmírez
Vir xe
da C
iro
erca
Fotomatón
Rúa da C o
C. Cultural Novacaixa galicia
Organiza:
Pedr o
Restaurante O Dezaseis
to Pregun
Praza da Quintana
Catedral
San
Praza de Cervantes Rúa do
Praza do Obradoiro
Bonaval
CGAC
AGPI é membro de:
Colabora: