Servizo de Formaci贸n do Profesorado
Borrador proposta actividades formaci贸n.
Formaci贸n en centros Abalar.
1.
Guión para a planificación do obradoiro: Na realización do guión para a planificación do obradoiro tede en conta que o seu obxectivo principal é que o profesorado coñeza e se familiarice cos novos modelos didácticos que levan consigo o uso das TIC na aula. A proposta de formación deberá recoller os puntos: 1. Xustificación, que deberá contemplar, entre outros, os seguintes aspectos: a) Punto de partida do grupo no referente ao desenvolvemento do traballo (contexto, formación e experiencia previa no tema obxecto do traballo). b) Detección de necesidades formativas. c) Importancia do proxecto para a práctica pedagóxica, organizativa e de funcionamento do centro. 2. Obxectivos de formación e de repercusión na práctica docente. 3. Programa de contidos e actividades coa súa temporalización. 4. Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos. 5. Temporalización: calendario e horario previstos para a realización do proxecto. 6. Criterios e procesos de avaliación. 7. Xestión orzamentaria.
1.1
Obxectivos Explicitar entre tres e seis obxectivos que se desexan conquerir ao finalizar este plan de formación interna. Poden referirse á integración dos medios e a súa utilización ( competencia dixital ) á impulsión de novas propostas metodolóxicas tendo como elementos impulsores as ferramentas TIC e Internet ( innovación metodolóxica ) , á elaboración de tarefas, actividades e recursos para as aulas Abalar e a establecer modelos de traballo colaborativo no profesorado, entre outras. Pódese facer un comentario breve aclarativo sobre cada obxectivo, se así se desexa. Exemplos: •
Establecer protocolos e principios de organización e uso didáctico dos recursos TIC dentro das aulas Abalar.
•
Deseñar tarefas e actividades didácticas de integración das /coas TIC utilizando programas coñecidos ( ofimática, etcétera ) ou os programas educativos presentes nos netbook. Páxina 2 de 9
•
Catalogar e elaborar materiais didácticos para as distintas aulas do proxecto tendo como soporte os recursos e a información en Internet. o Comentario: a través deste obxectivo búscase a investigación na rede de contidos multimedia axeitados para as distintas áreas curriculares nas diversas plataformas de contidos existentes.
•
Impulsar pequenos proxectos de aula ou entre áreas integrando contidos e tarefas en relación a unha temática curricular ou educativa de interese tendo as TIC como elemento/ recurso de traballo. o Comentario: elaborar sinxelas actividades en programa coñecidos con base en Internet sobre unha temática curricular dende as distintas áreas ou materias :webquest sobre un tema actual, viaxes xeográficos e históricos con Google Earth, deseñar actividades de investigación en enciclopedias on line , etcétera.
•
1.2
Introducir nas programacións de aula obxectivos e actividades didácticas que teñan como recurso de ensino e aprendizaxe as tecnoloxías da información e da comunicación.
Programa de contidos e actividades Este programa pode facelo cada centro dependendo das súas características: punto de partida, intereses... Consideramos que debe contemplar a lo menos os contidos mínimos: 1. Introdución a competencia dixital e repercusión na aula Introducir o que é a competencia dixital, recalcar que o importante non é a tecnoloxía senón a metodoloxía á hora de escoller tarefas para realizar na aula aínda que se utilicen as TIC. 2. Organización da aula: establecemento de protocolos Para ir pensando como organizar ao alumnado que vai traballar cos ordenadores: É necesario usar o netbook todo o día? Como organizar o principio e o final das clases nas que se van empregar? Canto tempo pode empregarse en apagar os ordenadores e gardalos? Quen vai revisar que os ordenadores queden cargando ao final do día? Que imos facer nos desdobres?... De aquí deben saír unha serie de propostas a incluír no plan TIC do centro. 3 . Elementos da aula Abalar Centrándose nas características dos elementos da aula e as diferenzas que teñen co equipamento que había no centro. En particular hai que dedicar algunha sesión ao servidor e á aplicación de xestión de recursos por ser a maior novidade na maioría dos centros.
Páxina 3 de 9
4. Experiencias de boas prácticas Revisar algunha experiencia de boas prácticas empregada por outros docentes e ver exemplos de actividades que se están a facer na aula e as posibilidades que brindan as TIC na docencia das diferentes materias. 5. Busca e catalogación de recursos Pode empezarse vendo o emprego avanzado dun buscador e algunha ferramenta de marcadores sociais (delicious, mister-wong...). A idea é ir buscando páxinas con recursos educativos e experiencias de centros traballando con portátiles e/ou encerado dixital. Tamén pode verse algunha ficha de catalogación de páxinas web como a de Manuel Area. Outros contidos que se poden ver, en función das necesidades do centro, son: 6. Como integrar unha actividade que faga uso das TIC no currículo? Poñendo como exemplo unha actividade que faga uso das TIC, ver cómo sería axeitado introducila no currículo e ver cómo se levaría a cabo na aula. 7. Ferramentas de traballo colaborativo Trátase de buscar ferramentas que nos axuden a organizar o obradoiro para ir familiarizándonos con elas e poder usalas posteriormente co alumnado. Pódense probar as ferramentas ofimáticas de Google ou Zoho, unha wiki, a creación dun blog colectivo, participación nunha rede social... 8. O encerado dixital Se en cursos anteriores non se usou o encerado dixital hai que dedicar unha ou dúas sesións a familiarizarse co seu manexo. Buscar nas moitas páxinas que hai en internet con enlaces a actividades que poden mostrarse coa pizarra e intentar expoñelas na aula. É importante discutir como levar a actividade á aula: o profesor/a explicando, o alumnado expoñendo os seus traballos... (mirar a presentación de Pere Marqués 19 modelos didácticos co encerado dixital). Ir gardando coas páxinas de marcadores sociais os enderezos das actividades interesantes, indicando no comentario a unidade didáctica e a metodoloxía coa que se quere utilizar. Se no centro xa hai experiencia no uso do encerado pode crearse unha actividade co Notebook. 9. O servidor Sesión para familiarizarse co servidor de centro e as ferramentas instaladas nel. Estudar o programa de catalogación de materiais. Buscar en internet prácticas de centros que xa teñan un servidor instalado: para que o empregan? como pode axudarnos no traballo diario? As licencias creative commons 10. Os netbook Sesións para familiarizarse cos netbook e os programas instalados neles. Empezar mirando como sacalo e gardalo no armario, como acendelo, a conexión de rede, o manexo da pantalla co punteiro e a organización dos programas na pantalla. Páxina 4 de 9
Pasar ao manexo básico do linux: como arrancar un programa, localizar a carpeta na que se gardan os documentos creados, crear unha carpeta, copiar e borrar arquivos, utilizar un pen drive... Por último buscar información sobre os programas instalados. Abrilos para ver o seu aspecto e ir anotando os que parezan máis útiles para cada unha das materias. En seguintes sesións podedes estudar con máis profundidade algún destes programas. Hai en internet algunha recompilación de actividades para ese programa? 11. Aventuras na web Buscar información sobre webquest, cazas do tesouro, miniquest, geoquest, viaxes virtuais... Mirar algúns exemplos e pensar como organizar a clase para traballar con eles. Ir gardando as que vexades máis interesantes. 12. Ferramentas para a creación de recursos educativos Buscar diferentes ferramentas para a creación de recursos educativos, ver as súas posibilidades, e contidos que se poden crear para a aplicación directa na aula. Ferramentas como por exemplo Ardora, Lim, Jclic, etcétera 13. Outras posibilidades que se vos ocorran e que teñan relación directa co emprego das novas tecnoloxías para modificar a metodoloxía docente mediante o emprego de novos modelos didácticos.
1.3
Metodoloxía e procedementos de traballo previstos Neste apartado recolleranse o método de traballo a empregar (sesións de docencia seguidas de traballos en pequenos grupo, división dos temas entre os participantes e sesións con sesión periódicas para posta en común...), agrupamentos (todos xuntos, división en grupos segundo interese por determinada ferramenta ou materia, traballo individual...), docencias previstas...
1.4
Temporalización O obradoiro consta de 50 horas que o centro debe distribuír entre novembro do 2010 e maio do 2011 de forma similar á empregada en grupos de traballo ou proxectos de formación. As sesións, tanto de docencia como de traballo, poden ter entre 2 e 4 horas e deben ser fora do horario lectivo.
Páxina 5 de 9
1.5
Avaliación Establecemento de criterios e procesos para a avaliación do obradoiro e a súa repercusión na práctica educativa referentes, polo menos, aos seguintes aspectos:
1.6
•
Análise e valoración das producións do grupo.
•
Aplicación e repercusión na práctica educativa.
•
Metodoloxía empregada.
•
Grao de satisfacción do grupo co traballo realizado.
•
Organización dos recursos humanos e materiais.
•
Reflexións realizadas, logros e incidencias do proxecto.
•
Propostas de mellora e, no seu caso, de continuidade do traballo.
Xestión orzamentaria A cantidade otorgada a cada obradoiro será de 600€ a repartir entre docencia e material non inventariable. Lembrar que a docencia terá como mínimo o 80% do orzamento. É dicir, 480 €. Cada grupo planificará o reparto deste orzamento entre docencia e material non inventariable, sendo responsabilidade da súa xestión económica (pagamentos, expedientes) o asesor do CFR asignado a cada obradoiro. A xustificación económica (pagos, facturas) farase no mes de decembro de 2010.
Páxina 6 de 9
2.
Exemplo de planificación
Sesión Data
Contidos
Método de traballo
1
Martes 16 de novembro
Introdución á competencia Docencia dixital e repercusión na aula
17 a 19 (2 horas)
2
Martes 23 de novembro
Uso avanzado do buscador Docencia Marcadores sociais
17 a 19 (2 horas)
3
Xoves 25 de novembro
Catalogación de materiais
Traballo en grupos 17 a 19 (2 horas) pequenos, segundo intereses
4
Martes 30 de novembro
Organización da aula
Traballo en grupos con 17 a 20 (3 horas) posta en común final
5
Xoves 9 de decembro
Encerado dixital
Docencia
17 a 19 (2 horas)
6
Martes 14 de decembro
Encerado dixital
Traballo en grupos
17 a 19 (2 horas)
7
Martes 11 de xaneiro
Os netbook
Traballo individual 17 a 19 (2 horas) segundo un guión de tarefas proposta: crear carpetas, traballos con arquivos, manexo dalgún dos programas...
8
Martes 18 de xaneiro
Os Netbook
Posta en común dos 17 a 19 (2 horas) atrancos atopados na sesión anterior
9
Xoves 20 de xaneiro
Os Netbook
Grupos pequenos. 17 a 19 (2 horas) Estudio dalgún dos programas instalados.
10
Martes 25 de xaneiro
Os netbook
Grupos pequenos. 17 a 19 (2 horas) Estudio dalgún dos programas instalados. Posta en común.
11
Martes 1 de febreiro
Outros elementos da aula: Docencia wifi, servidor
Páxina 7 de 9
Horario
19 a 21 (2 horas)
12
Martes 8 de febreiro
Servidor
Traballo individual con 17 a 21 (2 horas) posta en común
13
Martes 17 de febreiro
Análise de boas prácticas Traballo en grupos 17 a 21 (2 horas) coa web 2.0 pequenos con posta en común final.
14
Martes 22 de febreiro
Organización da aula
15
Martes 1 de marzo
Blogs e wikis: usos Docencia educativos e ferramentas de creación
16
Xoves 10 de marzo
Elaboración dun blog
Traballo individual ou en 17 a 19 (2 horas) pequenos grupos. Proposta de utilización do blog na aula
17
Martes 15 de marzo
Elaboración dunha wiki
Traballo en grupo. 17 a 19 (2 horas) Proposta de utilización dunha wiki na aula
18
Martes 22 de marzo
Traballo de investigación Traballo en grupos 17 a 19 (2 horas) en internet: cazas do pequenos, analizando tesouro, miniquest, materiais atopados na webquest web
19
Xoves 31 de marzo
Traballo de investigación Traballo en grupos 17 a 19 (2 horas) en internet: cazas do pequenos, analizando tesouro, miniquest, materiais atopados na webquest web
20
Martes 5 de abril
Traballo de investigación Traballo en grupos. 17 a 19 (2 horas) en internet: cazas do Posta en común. tesouro, miniquest, webquest
21
Martes 12 de abril
Elaboración dun blog
Traballo en grupo. 17 a 19 (2 horas) Seguemento do traballo proposto na aula.
22
Xoves 28 de abril
Elaboración dunha wiki
Traballo en grupo. 17 a 19 (2 horas) Seguemento do traballo proposto na aula.
23
Xoves 19 de maio
Avaliación do obradoiro e Traballo en grupo redacción da memoria
17 a 20 (3 horas)
24
Martes 24 de maio
Avaliación do obradoiro e Traballo en grupo redacción da memoria
17 a 19 (2 horas)
Traballo en grupo. 17 a 19 (2 horas) Revisión e actualización do tratado na sesión 4. Novas propostas.
Páxina 8 de 9
17 a 19 (2 horas)
Pรกxina 9 de 9