A HORTA ESCOLAR COMO RECURSO EDUCATIVO "Fundamentos básicos para a súa xestión"
Porqué crear unha horta escolar? A horta escolar, é un recurso educativo cada vez máis coñecido e utilizado. Non se trata soamente dunha parcela na que cultivamos hortalizas e legumbres, senón que debemos entendelo como un espazo dentro do centro educativo no cal débense abordar unha serie de contidos encamiñados a desenvolver as capacidades dos alumnos en distintos ámbitos: TITLE
SUB TITLE
TITLE
SUB TITLE
TITLE
SUB TITLE
TITLE
SUB TITLE
Nutrición e saúde: favorécese a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos obtidos, conseguindo unha maior motivación nos nenos para comer froitas e verduras que foron cultivadas por eles, desenvolvendo dese modo, hábitos saudables que duran para toda a vida. Aula ao aire libre: trátase dun espazo de aprendizaxe práctica e interactivo, que a través dunha gran variedade de temas, estimula o desenvolvemento de actitudes positivas cara á a educación en xeral. Fomenta a motivación e o enriquecimiento persoal dos alumnos. Habilidades persoais e interpersonales: mediante unha participación activa, búscase a mellora da autoestima, desenvolver a capacidade de cooperación a través da planificación e crear un traballo en equipo, implicando e creando vínculos importantes entre os nenos, os pais e os membros da comunidade educativa. Educación ambiental e desenvolvemento sostible: desenvolver interese, conciencia, coñecemento e respecto polo medio ambiente. A exposición á comida saudable, á actividade física e ás interaccións sociais positivas que supón o proxecto leva a unha vida que mantén unha relación respetuosa que valora a natureza e a súa conservación.
Dentro dun proxecto de horto escolar, resulta evidente que deben prevalecer os criterios pedagóxicos sobre os medioambientais; é dicir, que toda a súa formulación e execución, ha de servir como apoio á actividade docente do centro onde se realice. Aínda que os criterios pedagóxicos sexan prioritarios, existen proxectos realizados con éxito a nivel internacional, nos que se observou que os alumnos con acceso a un horto escolar, seguen desenvolvendo posteriormente relacións positivas co medio ambiente. Suscitar o interese pola conservación e o respecto ao medio ambiente, así como inculcar aos alumnos valores e costumes relacionados cunha alimentación sá, sostenible, e natural, son os principais aspectos a considerar á hora de levar a cabo este proxecto.
1
Cales deben ser os obxectivos da nosa horta? Os obxectivos que temos que ter en conta á hora de implementar unha horta no centro educativo, deben ser sempre acorde caos obxectivos fundamentais da educación ambiental. Estos son; educar no medio, educar sobre o medio, e educar a favor do medio. Partindo destes obxectivos podemos plantearnos os seguintes: TITL SUB TI TLE E
TITL E
SUB T I T L TI E TLE
TI TLE
TI TLE
SUB T I T L TI E TLE
SUB T I T L TI E TLE
TI TLE
SUB T I T L TI E TLE
Desenvolver a sensibilización ante distintas problemáticas ambientais Coñecer os sistemas agrícolas e valorar o desenvolvemento tecnolóxico para a satisfacción das nosas necesidades alimenticias. Progresar na compresión de forma cada vez máis complexa de conceptos básicos para entender o funcionamento do medio. Establecer lazos afectivos co medio natural. Potenciando a capacidade do goce do medio compatibilizado coa conservación. Desenvolver capacidades de planificación, resolución de problemas, prevención de consecuencias Fomentar a iniciativa e responsabilidade así como as relacións coas persoas da contorna próxima. Valorar a importancia do consumo de alimentos frescos e saudables, cultivados respectando o medio ambiente. Coñecer e apreciar a horticultura tradicional. Mediante a aprendizaxe de técnicas centenarias para o deseño e cultivo do horto escolar. Comprender o proceso de circulación de materia orgánica na natureza, adquirindo coñecementos sobre a compostaxe, e os beneficios do uso de abonos naturais.
2
Adaptabilidade da horta escolar ás distintas idades dos alumnos Unha das principais vantaxes coas que conta unha horta escolar, é a multitude de temas, coñecementos, ou fundamentos que abarca, así como a flexibilidade dos mesmos para adaptarse a distintos grupos de idade. Deste xeito, pódese empregar a horta como ferramenta didáctica nas distintas franxas de idade que teñen os alumnos dun centro educativo, contribuíndo a:
S EDUCACIÓN INFANTIL U B T Descubrir e utilizar as propias habilidades motrices, sensitivas e expresivas. I Observar e explorar o seu entorno físico e social T Valorar a importancia do medio natural, e da súa calidade para a vida humana. L Observar os cambios e modificacións ás que están sometidos os elementos E do entorno
EDUCACIÓN PRIMARIA
Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuir ao seu desenvolvemento, mediante conecementos relacionados con bos hábitos alimenticios. Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionadas có benestar e a seguridade personal, hixiene e o fortalecimiento da saude. Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo. Identificar e suscitar interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria. Observar e comprender os procesos do medio natural.
3
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Coñecer e comprender os aspectos básicos do funcionamento do propio corpo e das consecuencias para a saude individual e colectiva de actos e decisións persoais, e valorar os beneficios que supoñen os hábitos do exercicio físico, da hixiene e da alimentación equilibrada, así como o levar unha vida saudable. Relacionarse con outras persoas e participar en actividades de grupo con actitudes solidarias e de tolerancia. Analizar os mecanismos básicos que rexen o funcionaento do medio físico, valorar as repercusións que sobre él teñen as actividades humanas e contribuir activamente á defensa, conservación e mellora do mesmo. Elaborar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos do coñecemnto e a experiencia.
4
Como incluir á horta nos contidos das materias? Os contidos educativos que se poden trasmitir a partir da horta escolar, non se limitan únicamente á área de ciencias naturais, senon que, como podemos ver nos exemplos que se mostran a continuación, poden estar vinculados a calqueira dos distintos campos de estudo do sistema educativo.
CIENCIAS DA NATUREZA
CIENCIAS SOCIAIS
nutrición, ecosistemas, plagas
cambios na paisaxe rural
contaminación ambiental degradación do solo...
desigualdades, comercio...
producción agrícola
EDUCACIÓN FÍSICA actividades e xogos ao aire libre
elaboración de dietas planificación de saídas
EDUCACIÓN PLÁSTICA
LINGUAS E LITERATURA
texturas, colores e formas carteles, collages, murais análise de imaxes...
vocabulario, entrevistas
debates, cancións
literatura costumbrista
MATEMÁTICAS plano do terreo e parcelación
contabilidade da horta gráficas e estatísdticas
5
MÚSICA instrumentos tradicionais
cancións tradicionais galegas
TECNOLOXÍA deseño de conducións de auga
reciclaxe de materiais mellora de instalacións
6
Alternativas ao cultivo no terreo Non é necesario ter acceso a un terreo cultivable para facer unha horta escolar; incluso é unha boa oportunidade para ensinar que é posíbel cultivar en lugares urbanos e cambiar o entorno totalmente, aportando vida a espazos pouco estimulantes. Algunhas das ideas que se poden levar a cabo para esta experiencia, son as seguintes:
Mesas de cultivo
Caixas de palés
Balas de palla
7
Como financiamos o noso proxecto? Ata o prçoximo día 15 de marzo de 2014 preséntase a oportunidade de presentar o proxecto á inciativa Voz Natura. Por fortuna, este ano a inciaitiva pretende promover a implementación de hortas escolares nos centros educativos o vindeiro ano académico 2014-2015.
Tamén existe un novo premio que pretende dar reconoñecimento a proxectos existosos e crear unha rede de hortos escolares en todo o país: http://www.mamaterra.info/es/premi.html
Para máis información: info@amigosdaterra.com 988 374318 (Jack/ Daniel)
8