Página 0 de 2
ACTIVIDADE CON ISSUU COMO FERRAMENTA DE TRABALLO. TAREFA 4. MÓDULO 4.
ANA MARÍA ESPINOSA CERVIÑO. DESEÑO DE ACTIVIDADES TIC PARA O ENSINO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS.
Página 1 de 2
NIVEL EDUCATIVO: 2° E.S.O. TECNOLOXÍAS. SECCIÓN BILINGÜE EN INGLÉS. RECURSOS NECESARIOS.
Ordenadores con conexión á Internet. Proxector. Encerado dixital interactivo. Escáner. Material de debuxo: papel, lápices de cores,… Procesador de textos Writer. Cámaras fotográficas dixitais ou algún outro dispositivo que a inclúa (tableta, teléfono móbil). Programa de retoque fotográfico Gimp. Diccionarios e gramáticas para a lingua inglesa. Sistema de aloxamento na nube. Conta en ISSUU. Blog ou páxina web.
CONTIDOS A TRATAR. Con respecto a área de Tecnoloxías:
Manexo do procesador de textos. Manexo das utilidades da web 2.0. Manexo do escáner. Edición e toma de fotografías. Concepto de licenza CC.
Con respecto á lingua inglesa:
Planificación da producción escrita: uso de borradores. Procura da información precisa mediante diccionarios e gramáticas para acadar unha comunicación escrita axeitada. Uso dos recursos lingüísticos e expresivos propios do nivel educativo de 2º E.S.O. Revisión de textos.
PROCEMENTO A SEGUIR PARA LEVALA Á PRÁCTICA . O obxectivo é facer un anuario que reflicta o traballo da clase ao longo dun ano académico. Como primeiro paso o alumnado deberá ter o costume de “gardar constancia do seu traballo” mediante fotos, debuxos, etc. dos seus proyectos. Solicítase ás familias permiso para que os rapaces usen un dos servizos gratuitos de aloxamento na nube. Ao final de cada trimestre ou ao inicio do seguinte as fotos, pósteres e demais producción dos rapaces vanse recompilando nun documento de texto gardado na nube para que todos sexan quen de ir editándoo e engadindo material. Aqueles
Página 2 de 2 documentos de interese que estén en papel (manuscritos, debuxos,…) dixitalízanse coa axuda dun escáner. Nos derradeiros días do curso dáselle o formato definitivo: as fotos, dibujos,…. presentaranse dun xeito atractivo. Incluiranse titulares e pequenos textos en lingua inglesa. Para realizar isto a clase debe convertirse nunha “redacción” na que o docente repartirá as diferentes tarefas. Para axilizar o proceso podemos ter o documento nun servizo de alonxamento na nube onde os nenos poden traballar colaborativamente. Revisamos entre todos na clase a elaboración do noso anuario ata chegar a obter unha versión definitiva que satisfaga a todos. O docente convierte o documento en PDF e o publica en ISSUU. Por último, insertarase a publicación na páxina web do I.E.S. ou no blog do profesor. Deste xeito o grupo pode amosar o traballo do curso, por exemplo, aos seus amigos e familia.