Conto nadal de Francia

Page 1

A PEDRA DE SAINT-MIREL A noite do 24 de decembro era moi especial porque cada ano,a medianoite,celebrábase a Misa do Galo,e os corazóns de todo o mundo enchíanse de paz,amor e ledicia. O demo Maufait rabeaba ó sentir que a presenza do amor ó Neno Xesús facíase cada día máis forte nos corazóns da xente ,e a súa rabia era tanta que facía que as pedras se movesen soas e que as ladeiras das montañas se escorregaran ata amosar todos os tesouros que escondían no seu interior. Con iso, o Maufait quería tentar a algún avaricioso para que non acudise á Misa do Galo por buscar algún de aqueles tesouros. Unha Noiteboa un neno chamado Harpagon viuse tentado por un brillo dourado que revelaba un das pedras erguidas do monte de Saint-Mirel.Quixo acercarse pero unha bela doncela que paseaba pola ladeira parouno. -Non pequeno.Para poder obter o tesouro que esconde a pedra de Saint-Mirel debes cavar baixo ela cunha rama dourada no bosque de abelairas e enterrar unha moeda de ouro mentras soan as doce badaladas da medianoite -informou a doncela ,que era o Maufait disfrazado. -Non poderei acudir á Misa do Galo,se a medianoite debo estar aquí. -O ano que ven haberá outra Misa do Galo;sen embargo,calquera outra persoa pode descubrir o tesouro de Saint-Mirel en calquera intre. Harpagon fixo o que a doncela lle aconsellara.Arrancou unha rama dourada de abelaira,correu a Saint-Mirel e esperou a medianoite.As badaladas que anunciaban os cuartos resoaron na baleira montaña con un forte eco,e Harpagon cavou.Ó contacto coa rama,a rocha alzouse polos aires.O neno enterrou a moeda de ouro que a súa avoa lle dera como agasallo de Nadal… e ó facelo xurdiu da terra un rico tesouro,cheo de moedas antigas que brillaban como estrelas.Harpagon empezou a sacar puñados de moedas,a gardalas nun saquiño: un,dous,tres,catro,cinco,seis puñados... ¡Máis,quería máis!Sete,oito,nove,dez,once… Xa soaba a decimosegunda badalada…e demasiado tarde deuse de conta de que tras ela o feitizo da pedra de Saint-Mirel desaparecía,e ésta volvía o seu lugar orixinal.Harpagon escapou a duras penas de ser esmagado,pero o saco das moedas si quedou atrapado.O neno perdera o tesouro e o agasallo da súa avoa…Pero aínda podía chegar á Misa do Galo,e non habería maior tesouro que sentir no seu corazón paz,amor e ledicia.


TRADICIÓNS

DE

FRANCIA

Joyeux Noël! En Francia a Noiteboa chámase Reéveillon e a familia celebra unha gran comilona(na casa ou nun restaurante) que dura toda a noite,con pavo e polo asado e unha salchicha branca que chaman boudin blanc. Durante os días de Nadal cómese o bûche de Noël (tronco de Nadal),un postre con forma de tronco,que recorda cando,na antigüidade,a noite antes de Nadal,a persoa máis xoven da familia e a máis anciá ían ós bosques a buscar un bo tronco que queimar na chimenea para que lles quentase toda a noite. Os agasallos tráeos o Père Noël (a noite do 24 de decembro),aínda que hai que ir con coidado co Père Fouettard (Papá Correas), que da azoutes ós nenos que se portaron mal durante o ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.