Lenda da Flor de Pascua. México

Page 1

Sabías que a Flor de Pascua, tamén coñecida como a Flor de Noiteboa, é orixinaria de México? O seu nome en azteca é cuetlaxóchitl, e o seu nome científico é “Poinsettia” en honor ao primeiro embaixador de México Joel Roberts Poinsett. Os misioneiros españois déronlle o nome de Flor de Noiteboa porque o 24 de decembro está no seu máximo esplendor.

A lenda da flor de Pascua Contan as lendas que a

unha nena

moi pobre da aldea

mexicana lle encantaba o Nadal. O seu momento favorito era cando todo o pobo se reunía na igrexa na Misa do Galo para deixarlle ofrendas ao neno Xesús. Como era tan pobre non podía ofrecerlle ningún regalo polo que recolleu unhas herbas da beira do camiño. Cando chegou á igrexa os outros rapaces metéronse con ela pero aínda así ela colocounas ao redor do pesebre como ofrenda. Unha das lendas di que foi polas lágrimas de amor que lle caeron a Camila, noutras na que se chama Pepita ou María non menciona que chore pero no que todas coinciden é que diante dos ollos da xente o humilde ramillete transformouse na fermosa flor en forma de estrela vermella que coñecemos hoxe en día. O regalo máis humilde si é ofrecido con amor pode ser o máis valioso do mundo. Lenda mexicana, adaptación (Tamén podedes ler o conto “El milagro de la flor de Nochebuena” basado nesta lenda mexicana en“El gran libro de los Cuentos de Navidad” que está na nosa biblioteca)



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.