Malala e Kailash

Page 1

KAILASH SATYARTHI

MALALA YOUSAFZAI “Un neno, un profesor e unha pluma poden cambiar o mundo. A educación é a única solución”. Naceu o 12 de xullo de 1997 na cidade de Mingora, en Pakistán. Empezou a ser coñecida con 13 anos por escribir un blogue para a BBC baixo o pseudónimo de Gul Makai, no que contaba como era a súa vida baixo un réxime militar e relixioso. Este réxime fixo moitas barbaries, destruíu escolas e prohibiu a educación das nenas entre os anos 2003 e 2009.

“Se non é agora, entón cando? Se non es ti, entón quen? Se puideramos contestar a estas preguntas fundamentais, entón quizais poderiamos varrer a mancha da escravitude humana”. Naceu o 11 de xaneiro de 1954 en Vidisha, India. De pequeño vía que había nenos que non ían á escola e preguntábase por que. Con once anos montou un banco de libros de texto para darllos ás familias pobres. Estudou enxeñería electrónica. Foi profesor nunha universidade, pero deixouno para ser o secretario xeral do Fronte de Liberación do Traballo en Servidume. No ano 1983 fundou o BBA (Movemento para Salvar a Infancia).

Debido á súa loita polo dereito á educación, no ano 2012 sufriu un atentado que case acaba coa súa vida.

Co seu traballo loita contra o traballo en condicións de semiescravitude dos nenos nas fábricas da India. A súa ONG ten liberado xa do traballo forzado a uns 80.000 nenos.

Ten numerosos premios internacionais. No ano 2014 concedéronlle o Premio Nobel da Paz.

Conta con numerosos recoñecementos e no ano 2014, xunto con Malala, recibiu o Premio Nobel da Paz.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.