PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.
A TRIBU DO SOL Cando a tribu dos indios hopi xurdeu das entranas da Terra e poboou por primeira vez o mundo, nin o sol nin a lúa alumeaban o planeta. Todo estaba cuberto por un manto de escuridade, e non atoparon nin sequera o xeito co que acender o lume. Comezaron a sufrir a fame e a sede. O Gran Xefe enviou exploradores en busca dalgún lugar onde asentarse. Un deles puido ver unha pequena luz ao lonxe e descubríu unha chaira alumeada por unha fogueira, con campos de millo, melóns e xudías arredor. A carón do lume, había un home alto e fermoso, que levaba un colar e uns pendentes de turquesas. -Son o home esqueleto -dixo no campo-. Que es? -A nosa tribu xurdiu das entranas da Terra sen sol e sen lúa está todo tan escuro que non atopamos nada. -respondeu o explorador. -Trae a túa tribu ata a miña fogueira, e dareivos de comer e de beber concedeu o home esqueleto. E así foi. A tribu dos hopi seguíu ao explorador ata o campo, e alí fartaron a súa sede e a súa fame, pero os xefes hopi eran sabedores de que non podían vivir da amabilidade do home esqueleto. -Necesitamos unha lúa -declarou o Gran Xefe. Cortaron un gran círculo de pel de búfalo, co que recubriron un anaco redondo de cortiza de árbore, e pintárono de cor branca. Atáronlle unhas cordas e subiron o gran círculo branco cara o ceo. Todos os membros da tribu tiraron á vez das cordas, ata que o círculo quedou suspendido no aire, convertido nunha brillante lúa. Comezaron a poder traballar as terras de cultivo, pero non era de abondo para asegurarse unha boa colleita; necesitaban un sol. Colleron un anaco de tea e cortaron un bo círculo, recubriron un cacho de cortiza de árbore e pintárono de cor bronce. Debuxaron no disco unha face sorrinte e decorárono con plumas dun paxaro vermello. Suspendérono no aire con cordas e o sol alumeou a todo o mundo. Os hopis puideron cultivar as súas terras e cazar búfalos, e así viviron e prosperaron. Pero o disco do sol apagábase cada ano, no solsticio de inverno. Por iso os chamáns da tribu celebraron un ritual de purificación, o Soyal. Con isto quixeron das forzas ao sol para iniciar un novo ciclo de vida que os levase á primavera, á plenitude e á vida.
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.
TRADICIÓNS DE ESTADOS UNIDOS
Merry Christmas! Os indios hopi non celebran o Nadal, senón o solsticio de inverno, que é o día máis curto do ano. Durante a cerimonia, que se denomina soyal na que se realizan longas sesións de rezos nunhas covas chamada kiva. O soyal é tamén un momento de troco de regalos e donacións aos chamáns das tribus, polo que é moi habitual atoparnos regalos de roupa adornadas con plumas e kachinas, unha bonecas rituais esculpidas coas efixies dos seus deuses. Durante as ceremonias comese o pan piki, unha torta delgada de millo feita con fariña de millo azul, que se coce riba de rochas quentes egraxadas con sebo.