Nadal etiopía

Page 1

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

O PARTIDO DE NADAL Na vixilia de Nadal o pequeno Meles non podía durmir. Achegábase o seu día preferido de todo o ano, e morría coas gañas de poñerse a camisola branca, os pantalóns a xogo e de soster na súa man a candea acendida mentres avanzaba en procesión ao redor da igrexa. Pero o que máis ansiaba era ver o partido de Ganna. Era un deporte que se practicaba cada Nadal, no que os nenos máis grandes, como os seus irmáns disputábanse a posesión do pequeno balón empurrándoo cun caxato curvado. Morría das gañas de poder participar no partido, pero era aínda moi novo e non tiña caxato co que xogar. -Podo xogar? -pedira permiso o Nadal anterior. -Non -respondéronlle, es demasiado pechecho, e non tes caxato. Só xoga a xente que ten a idade suficiente e o caxato para xogar. Amenceu, e a mamá de Meles espertouno a el e aos seus irmáns. Éstes vestíronse coas súas camisas e pantalóns brancos, agarraron as candeas e os seus caxatos para xogar ao Ganna e correron cara a igrexa. O pequeno Meles mirounos con envexa, e enfundouse na súa camisola branca, os pantalóns de xogo, e dirixiuse á igrexa. Alí, collido da man da súa nai, acompañado doutros nenos e outras nais, uniuse á procesión. Realizou tres voltas completas ao redor da igrexa, coas candeas acendidas na man, e esperou para escoitar o sermón do párroco. Os seus irmáns, de pé xunto ao altar, movían as pernas nerviosos por sair a xogar ao Ganna, e Meles mirábaos, tamén impaciente. Cando o sermón rematou, todos os nenos saíron correndo e se puxeron a xogar o partido. -Podo xogar? -preguntou, cunha lixeira esperanza no corazón, porque aquel ano xa era un pouco máis vello. -Non -respondéronlle- ainda que xa non es tan novo, non tes caxato para xogar. Só a xente que ten caxato pode xogar. Meles quedouselles mirando, tristeiro. E de súpeto, a súa nai achegouse. -Meles, meu pequeniño, esta mañá non abriches o teu regalo. Talvez agora sexa o mellor momento para facelo. Meles viu o regalo que a súa nai sostiña na man, era un caxato para xogar ao Ganna. Empuñouno con forza, deu un enorme bico á súa nai e foi correndo a reunirse cos seus irmáns e outros nenos. Chegara o momento de incorporarse ao partido!


PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

TRADICIÓNS DE ETIOPÍA

Homadate guatasantade!

Celébrase con grandes festas tanto o día de Nadal coma o de Reis: a diferenza principal é que o día de Nadal visten roupas brancas e en Reis de cores vivas. Como en Etiopía se rixen por un calendario diferente ao noso, o día de Nadal coincide para eles co que é para nós o 7 de xaneiro. Que tarde! A comida principal do día de Nadal basease na injara, un pan moi fino, como unha filloa, sobre o que se serve o doro wat, un polo asado con salsa que está riquísimo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.