William Shakespeare
Garcilaso de la Vega
Naceu en Stratford-uponAvon, Reino Unido, no ano 1564. Tamén é coñecido polo alcume de O Bardo de Avon. Foi dramaturgo, poeta e actor. É considerado o escritor máis importante en lingua inglesa. Algunhas das súas obras son: Hamlet, O rei Lear, Macbeth, Otelo e Romeo e Xulieta.
Naceu en Cuzco no ano 1539. Foi un escritor e historiador peruano. A súa nai era inca e o seu pai era español, sobriño do poeta Garcilaso de la Vega. O Inca Garcilaso está considerado o “´príncipe dos escritores do Novo Mundo” (América). Algunhas das súas obras son La Florida del Inca ou Comentarios reales de los Incas.
Por que celebramos o Día do Libro o 23 de abril?
Para celebrar o Día do Libro escolleuse o 23 de abril por coincidir este día co falecemento de grandes escritores universais como: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. No ano 1995 a UNESCO promulgou o 23 de abril como Día Internacional do Libro, pero en España xa se celebraba desde 1930.
Miguel de Cervantes Naceu en Madrid no ano 1547. Viviu en Madrid, Sevilla e Italia. Enrolouse na Armada Española e nunha batalla resultou ferido e perdeu a mobilidade do brazo esquerdo. De aí lle ven o alcume do Manco de Lepanto (lugar no que aconteceu a batalla). Despois deixou o exército e fíxose recadador de impostos. Comezou tamén a escribir. Algunhas das súas obras son: La Galatea, Novelas ejemplares, Viaje del Parnaso, Los trabajos de Persiles y Segismunda e, a súa obra mestra, o Don Quijote de la Mancha, considerada a mellor obra da literatura xamais escrita.