16º CONCURSO DO RECICLADO “MONTE CAXADO” A Aula de Medio Ambiente “Monte Caxado” convoca o 16º Concurso do Reciclado, coa finalidade de ir fornecendo ao colexio dos materiais mínimos para ir conformando un pequeno Museo do Reciclado. Tendo iso en conta, as bases deste concurso serán as seguintes: - Poden participar todo o alumnado do centro. - Os traballos poden presentarse de forma individual, por parellas ou colectivo feito na aula. - A lingua usada será o Galego. - Calquera traballo que se entregue para este concurso terá como condición imprescindible que se realice con materiais xa utilizados ou de refugallo. O tamaño máximo para os traballos será o seguinte: base de 60 por 30 cm, e altura de 30 cm. (non se valorarán os traballos que excedan ditas medidas) - O deseño e tipo de traballo (cadros, esculturas, máquinas...) serán establecidos polos propios concursantes, evitando repeti-los modelos gañadores en anos anteriores. - Haberá unha comisión avaliadora dos traballos, formada por persoas da Comunidade Educativa do Centro. O seu dictame será inapelable. - Os premios estableceranse a posteriori e dependerán das obras gañadoras. - Os traballos poderán presentarse no colexio aos correspondentes titores, cun sobre pechado que conteña os datos do autor ou autores, antes do día 10 de abril do 2015. - Os traballos gañadores pasarán a ser propiedade do C.P.I. “Monte Caxado” e os non gañadores poderán retirarse do Centro nos quince días posteriores á resolución do concurso. As Pontes, a 25 de febreiro de 2015