Stéphane Hessel. ¡Indignaos!. Madrid, Destino, 2011. Prólogo de José Luis Sampedro.
Sobre o 15-M e Os Indignados
O único redactor vivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos fai un chamamento contra a ditadura dos mercados o trato aos inmigrantes e ás minorías étnicas. A peor actitude “é a indiferencia”. Este pequeño libro xa ten varios millóns de lectores e lectoras en toda Europa. Moitos dos indignado o consideran o xérmolo das súas iniciativas.
Stéphane Hessel. ¡Comprometeos!. Madrid, Destino, 2011. Se o seu alegato ¡Indignaos! contribuíu ao espetar das conciencias de milleiros de indignados. Proclama, agora, a necesidade de comprometerse, desde a esixencia ética individual e cun rexeitamento explícito a toda violencia co obxectivo de “ on para acadar o mellor dos mundos, senón un mundo viable”.
Tony Judt. Algo va mal. Madrid, Taurus, 2010. Unha interpretación, por un historiador, da crise actual dos países occidentais (a banca, os mercados, as privatizacións…) Todo un agasallo para o compromiso coas novas xeneracións e o valos do “público” fronte ao “privado”.
osotros, los indignados. Madrid, Destino, 2011. Prólogo de Stéphane Hessel. Catro voces comprometidas do 15-M responde ás preguntas básicas sobre este movemento cidadán: Quen son os indignados?, contra que protestan?, Que queren?...
Foi un libro ao ditado desde o seu leito. Unha reflexión para a mocidade.
Carlos Taibo. El 15-M en sesenta preguntas. La rebelión de los indignados. Madrid, Editorial Popular, 2011. Ademais de engadir varios manifestos, este libro ofrece claves interpretativas do movemento. De autoría colectiva, recolle palabras dalgunhas das manifestación realizadas.
Interpretación do 15-M, con vocación claramente pedagóxica e narrada por este docente universitario da Autónoma de Madrid, protagonista e altofalante do movemento cidadá. Analízase o seu éxito, a contorna e as formas empregadas. Non se deixa de estudar os ataques padecidos, a reacción da esquerda tradicional así como os retos que ten para o futuro.
Las voces del 15-M. Barcelona, Los libros del lince, 2011. O movemento contado polos seus protagonistas ao recoller as voces e os manifestos de quen reclamou reformas urxentes desde as prazas de todo o Estado. “Non somos antisistema, o sistema é antinós”. Un sistema non é xusto cando condena ao paro a unha porcentaxe inadmisible dos seus cidadáns ou que deixa á mocidade sen futuro.
Pilar Velasco. O OS REPRESE TA . Madrid, Temas de hoy, 2011. Prólogo de Eduardo Galeano. Explicación sinxela e clara sobre as orixes deste movemento. Desenvolve 25 propostas reivindicativas do movementos dos indignados. “Este movemento proba que o mundo non está habitado só polos indignos e os resignados. Cada vez son máis os indignados: o sal da Terra”.