1 minute read
PEQUES GUNTÍN
from Pallares 2020/2021
by anxogb
Profesorado e alumnado de educación infantil
As nenas e nenos de Educación Infantil soubemos sacarlle o máximo partido a este curso tan atípico pero tamén tan especial.
Advertisement
Pasándoo moi ben con numerosos concertos e espectáculos
Do noso patio de EI, co parque infantil e a nova cabana de vimbio, a proposta de Lola Tourón. Todo un acerto!
Celebrando o día das Letras Galegas “Xela Arias” 2021, cun obradoiro de teatro por parte de Curuxan, no cal participou tamén a profe Paula.
Conmemoramos o Día da Non violencia contra a Muller (25 de novembro), o día da Paz (30 de xaneiro) e o Día da Muller (8 de marzo), entre outras moitas actividades.
E como non podía ser doutro xeito, ata nos animamos a partipar nun concurso en Lingua de signos, aí vai a proba!