Andaina

Page 1

S A T S I V E R T N E

MAGOSTO

AC

S E D A D I V TI

S A D I A S

O C ES

S E R A L

ENTROIDO LETRAS GALEGAS


ÍNDICE

EDITORIAL O Equipo de Normalización de Dinamización Lingüística do IES A Paralaia vén de poñer en marcha a nova revista escolar Andaina, nome ben significativo pois unha nova etapa acaba de ser inaugurada. Agardamos que o percorrido de Andaina sexa longo e frutífero. Como non podía ser doutro xeito, os novos tempos e as novas tecnoloxías así obrigan, Andaina nace como revista dixital. Os obxectivos principais son os de dar a coñecer as actividades levadas a cabo dentro e fóra do centro escolar: saídas culturais, visitas de escritores e escritoras, entrevistas a diferentes persoeiros da cultura galega ou incluso servir de plataforma onde se dan a coñecer alumnos e alumnas na súa face de escritores noveis Queremos dar as grazas a todos aqueles e aquelas que colaboraron para que este proxecto se puidese levar a termo. Agardemos que a revista continúe a súa Andaina, que estea en boca de todos e que o ano próximo poidamos ver cumprido, por segunda vez, o soño do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES A Paralaia.

As nosas letras Semana da música

páx. 3 a 7 páx. 8 a 10

Musical Mamma mía

páx. 11 a 12

O Entroido

páx. 13 a 19

Véñennos visitar

páx. 20 a 26

Saídas escolares

páx. 27 a 32

Letras Galegas

páx. 33 a 34

Outras Novas

páx. 35 a 38

Biblioteca

páx. 39 a 42

Pasatempos

páx. 43

Equipo de redacción: Beatriz Martínez Loli Suárez Filomena Lago Cabeceira: Kevin Martínez 3º B Colaboradores: Departamento de EPV: • Rafael Jiménez • Pablo Martínez Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Moisés Barreiro Alumnado do IES A PARALAIA


AS NOSAS FESTAS

SAMAÍN A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espiritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. A festa do Samaín, a máis importante do período precristián,marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Polo Samaín era costume de baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas – para poñerlles dentro candeas, os celtas representaban con elas as cabezas dos seus inimigos. Varios séculos despois esta tradición que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

COLABORACIÓN CEIP DE TIRÁN


O MAGOSTO

Novembro é o mes do magosto, dende Os Santos ao San Martiño, toda Galicia aproveita para facer a exaltación da castaña. No Paralaia non quixemos ser menos e celebramos esta festa o venres, 7 a partires das11:30h. A máis de asar, comer as castañas e emborrallarnos cos restos da fogueira, divertímonos cos xogos tradicionais: O aro. O trompo ou buxaina. Carreiras de sacos. Tiro de corda. A chave. Saltar á corda. As bólas. E moitos máis.



CONTOS DE MAGOSTO Érase unha vez uns rapaces que foron ao monte que tiñan preto da súa aldea. A aldea chamábase Magostados. Os rapaces xogaban no monte cando, cansos sentáronse ao pé dunha árbore. De súpeto, caeulle algo na cachola a un deles. Asustados achegáronse a ver que era o que lle caera na cachola do rapaz, e viron que era un froito estraño. Nunca viran tal froito, pero uns metros máis aló puideron ver un esquío comendo deses froitos tan raros. Os rapaces ao ver o esquío decidiron apañalos e probalos. Gustáronlles moito, e decidiron levalos á aldea de Magostados para que os veciños os probaran. Fixeron unha grande festa para todos.

Había unha vez unha nena que se chama Lucía. Vivía nunha casa no monte cos seus pais e o seu avó de sesenta e catro anos. Lucía era unha nena á que lle gustaban moito as castañas. Unha mañá, Lucía e o seu avó marcharon a buscar castañas. Cando saíron da casa era moi cedo e como vivían no monte, polas mañás facía moito frío. Ao lado da súa casa había moitos castiñeiros, polo tanto non se tiñan que mover moito. Colleron moitas castañas, pero na copa da árbore había un feixe delas que non caían, entón o avó colleu unha baloira para tiralas ao chan.

Luz Divina R. Rivas

Bautizaron ese froito co nome de castañas e decidiron asalas. En vista do enorme éxito da festa acordaron facela cada ano e puxéronlle o nome de magosto na honra da súa aldea. Cristian Nogueira 1º B

Cando caeron colléronas todas excepto unha, que ao día seguinte Lucía, ao ir buscar leña, atopou unha que quedara alí do día anterior. Esa castaña parecía especial, porque cando a viu estaba brillando cunha luz verde fluorescente. Colleuna e levouna con ela para o seu cuarto. Ao cabo duns días, Lucía descubrira que a castaña saíra do seu ourizo. Entón, ao cabo dunha semana descubriu que era unha castaña dos tres desexos. O primeiro desexo que tivera, fora un bo magosto en compañía da súa familia e os seus amigos. O segundo desexo foi que os seus pais atoparan un bo traballo para gañar cartos. O terceiro e último desexo foi ter unha cadeliña que puidera chamar “Boliña” Lucía conseguiu esas tres cousas que quería, pero ademais conseguiu un irmán pequeniño. Cando chegou o día do magosto xuntáronse todos e fixeron un bo magosto. Ese día asaron castañas e coméronas. Pola noite fixeron unha fogueira e botaron fogos artificiais. Paula Rúa Montenegro. 1º B


RECEITAS CON CASTAÑAS CATAÑAS CON LEITE MAZADO Receita antiga. Pontevedra. Ingredientes Castañas, leite, anises e azucre. Preparación Cócense as castañas, sen a casca de fóra, en auga cos anises. Retíranse e déixanse arrefriar para sacarlles a pel amarga. Con “callo” da botica ou con zume de limón cállase o leite e retíraselle o leite (leite mazado). Nos recipientes que se vaia servir, mestúranse as castañas co leite mazado e salfírense de azucre. Paula R.M. 1º B

CASTAÑAS CON NATA Ingredientes 1 quilo de castañas 1 litro de auga 4 culleradas de azucre 1 pau de canela e ½ litro de nata líquida Preparación Ponse a auga a ferver co azucre e a canela. Cando está feito o xarope, bótanselle as castañas, sen casca, a cocer a lume lento. Cando están cocidas (brandas pero non desfeitas) retíranse. Logo de arrefriar, pélanse e repártense nos recipientes que se vaian servir. Móntase a nata e bótaselle por riba as castañas podendo adobialas con caramelo líquido. Variantes No canto da nata pódese preparar con marmelo natural, logo de cocido en auga, pelado, limpo e cortado en dúas metades. Tamén se poden servir mesturando a castaña, o marmelo e a nata.

COLABORACIÓN DO CEIP DE TIRÁN TRABALLOS CON CASTAÑAS


SEMANA DA MÚSICA SANTA CECILIA Con motivo da celebración de Sta. Cecilia, o equipo da biblioteca xunto co departamento de música e o ENDL, organizou unha semana de actividades no centro.

CONCERTO DIDÁCTICO DE IVÁN COSTA Seguindo coas actividades programadas para a Semana da Música, Iván Costa Blanco, coñecido gaiteiro de Moaña, impartiunos un concerto didáctico na sala de usos múltiples. Explicounos como funcionaban a gaita e a zanfona; deixounos tocar as palletas e ensinounos as partes dos dous instrumentos e como se afinaban. Gustounos moito a zanfona porque era nova para nós. Mostrounos as cordas que tiña no interior, cada unha facía un son diferente. Tocou varias pezas, entre elas unha dunha guerra de Francia, un blues, outra composta por el…Chamounos moito a atención a rapidez con que movía os dedos para tocar sobre todo na gaita xa que as pezas eran para bailar. Contounos que estivo tocando en moitos países. S CO N IV Á

TA

Alumnado de 2º de ESO


ENTREVISTA A IVÁN COSTA

1. Cando empezaches a tocar? Cando tiña doce anos.

2. Que che fixo entrar no mundo da música? Como unha actividade máis. 3. Onde estudaches? No colexio de Quintela. 4. Que outros instrumentos tocas? Toda a percusión galega. 5. Cantos anos levas tocando? Vinte e cinco anos. 6. Que pezas compuxeches? Teño vinte e tres pezas. A primeira compúxena no ano 1990 e a última, en 2007. 7. En que te inspiras para compoñer? En música que escoito e nos estados de ánimo. 8. Algunha vez te inspiraches nunha persoa? Si. 9. Que sentes ao compoñer? Depende do que sexa.

10. Cal é o teu instrumento preferido? A gaita. 11. Con que tipo de música te identificas máis? Coa música tradicional e folk.. Alumn@s 2º A


CONCERTO SANTA CECILIA Co concerto do alumnado do centro, no salón de actos, demos por rematadas as actividades da Semana da Música. A actuación dos novos músicos foi todo un éxito e tanto o profesorado como os compañeiros dos músicos non pararon de solicitar novas pezas, polo que este, tivo que prolongarse un pouco máis do previsto e os músicos foron calorosamente aplaudidos polos asistentes.


MUSICAL MAMMA MÍA

Parabéns a todas as persoas que participaron na representación da adaptación do musical Mamma Mía! Unhas contribuíron facendo os decorados, todas prestaron as súas voces nas cancións, outras aportaron as coreografías, outras a instrumentación, actrices, actores e apuntadora conseguiron facernos pasar un rato moi agradable cos distintos personaxes. Contabamos con pouco tempo para a preparación, o espazo non era adecuado, sabemos que non todo sae perfecto… pero o esforzo pagou a pena. Moitas grazas a tod@s.


MAMMA MÍA


O ENTROIDO O venres, 20 de febreiro, celebrouse, coma todos os anos o tradicional desfile de comparsas que nos deleitaron a partir das 12 horas coas súas murgas. Este ano como nos acompañou o bo tempo celebrámolo ao aire libre, no patio do instituto. Non comemos o cocido coa súa cacheira, touciño, chourizos e demais partes do porco; pero degustamos as filloas, orellas, flores e outras galdrumadas.

FILLOAS

ORELLAS


COMPARSAS

2ยบ A, ACLASE DE NUNCA XAMAIS

2ยบB, OS Gร TICO-PUNKIES

2ยบC, OS PICHICHIS


3ºA, OS SUPERHEROES

3ººB,GREASE

3º C, CONGUITOS


SEGUIMOS COAS COMPARSAS, ESTA FESTA DEU

AS BARBIES. 4ยบ ESO B/C

1ยบ BAC. OS MARIACHIS1

4ยบ P DC, O S TERRO Rร F ICOS


PROFES. BRUXAS E DEMOS

LETRA DA MURGA DOS PROFES BRUXAS E DEMOS

Os astrónomos fan moita adiviñación, buscando colocar aulas en Orión. Voume pra alá, a nave onde está? Non vou chegar e hoxe tiñamos un control, esta é a nosa situación. Todos pasan pola delegación, queren praza nun IES tan molón. Uooohhh… Paralaia! Sen ampliación Ai! Ai! Non hai quen resista Paralaia! Comeza a función Ai! Ai! Montamos a carpa. Despega o home-bala ten que dar clase en Marte Guai !Guai! Os de garda en Plutón. Paralaia! Sen ampliación Ai! Ai! No Concello nin chitón. Cando polo Nadal queren representar, na tarima verás a subir e baixar. O apuntador: plena contorsión. Din os de atrás: oes ti move o cabezón, non oín nin podo mirar. Quero ir, pero non cabes rapás,

Eu saín xa non me deixan entrar. Uoooohhh… Paralaia! Sen ampliación

Ai! Ai! Non hai quen resista Paralaia! Comeza a función Ai! Ai! Montamos a carpa Despega o home-bala ten que dar clase en Marte. Guai! Guai! Os de garda en Plutón. Paralaia! Sen ampliación Ai! Ai! Non hai quen resista Paralaia! Comeza a función Ai! Ai! Montamos a carpa Paralaia! Sen ampliación Ai! Ai! Non hai quen resista Paralaia! Comeza a función Ai! Ai! Montamos a carpa Despega o home-bala ten que dar clase en Marte Guai! Guai! Os de garda en Plutón. Paralaia! Sen ampliación Ai! Ai! No Concello nin chitòn.


O ENTROIDO EN MOAÑA

MADAMAS E GALÁNS Trátase dunha tradición que desaparecera, pero desde hai uns 18 ou 20 anos volve a saír no entroido e no enterro da sardiña, vestían uns disfraces moi elegantes. As madamas ían vestidas con varias enaguas e un vestido longo branco, con preciosos adornos, encaixes e volantes. Unha blusa branca con encaixes, puntillas e bordados, e un chal. Sobre as roupas era obrigado levar moitas xoias de ouro que ían pedindo ós veciños, pulseiras, colares, pendentes -canto máis grandes mellor-. Ben peiteadas cun moño na cabeza, lucían os seus encantos bailando cos seus galáns no torreiro, nun lugar reservado para eles. Os galáns ían cuns pantalóns brancos, camisa branca e chaleque negro con pequenos petos dos que penduraba a cadea dun reloxo antigo. Tamén levaban unha faixa azul ou vermella como complemento á "pajilla", un sombreiro de palla cunha cinta negra da que penduraban outras cintas de cores. Ademais da súa elegancia, que certamente contrastaba coa vestimenta dos curruvellos, distinguíanse porque eran bos bailadores. José Daniel Martínez 2º ESO


COLABORACIÓN CEIP DE TIRÁN O Entroido no CEIP de Tirán estivo cheo de estrelas, planetas, naves espaciais, lúas … e moitos, moitos foguetes que cobraron vida o venres 20 de febreiro na festa do noso Entroido. Este curso, o colexio elixíu o UNIVERSO, como tema central de todos os traballos e actividades que se farán este ano. Así, o Entroido vestíu de brillantes cores os máxicos foguetes que desfilaron e bailaron no colexio. E logo, o alumnado, xunto aos seus pais, acompañaron á “Xoubiña” en Moaña, o último sábado de febreiro. PIRIPIPIN PIRIPIPIN os foguetes de tirán imos pronto despegar. (dúas veces) no colexio de tiraaaaaán coñecemos o un1vers0ooooo e parece que e moi grande o piripiripimpim moito mais que un elefante estribillo os planetas están lexooooos pero hai que coñecelooooos son marte, venus, plutón o piripiripimpim e mais outros un montón. estribillo o sol tamém e unha estrelaaa asómase polo díaaaaa pola moite vén a lúa o piripiripimpim isto é unha fermosura estribillo de noite as constelacións alumean os camiñoooos tedes que mirar aos ceos opiripiripimpim máis atentos que os morcegos estribillo tres veces “e polo espazo imos todos moi contentos cantando esta cancionciña para logo aterrizar” dúas veces


VÉÑENNOS VISITAR 1º TALLER DE REGUEIFAS PINTO DE HERBÓN E LUÍS O CARUNCHO

O 25 de novembro estiveron visitándonos no Paralaia os regueifeiros Luís O Caruncho e Pinto de Herbón (Herbón é a zona de Padrón de onde son realmente os pementos). Chamábanlle Pinto no pobo porque desde ben pequeno xa tiña unha guedella branca no medio da cabeza. Viñeron a impartirnos un obradoiro de REGUEIFAS (organizado pola Delegación Provincial de Cultura e Deporte). A REGUEIFA é un xénero da lírica popular que se cantaba nas vodas. Son unha especie de desafíos nos que os participantes miden o seu enxeño. O nome do xénero é en realidade o nome do pan que se repartía nas vodas e que gañaba o que mellor rimaba. A modo de canción de cego fixéronnos un resumo da lírica popular no mundo e intentaron ensinarnos a rimar unha regueifa. Nós intentámolo... pero facelo coma eles, case sen pensar, non fomos quen.


O MEIGO CALI: Debe ir Laura Chavert ao oculista? Isto sería, máis ou menos, o que se debían estar preguntando os alumnos de 1º de ESO, que asistiron a unha estupenda actuación do meigo Cali o luns 26 de xaneiro. Resulta que ela vía un pano gris onde todos viamos un amarelo, aínda que é ben certo que Christian tampouco acabou moi seguro da cor. Esta actividade, que colleitou unha morea de aplausos e sorrisos, estivo organizada polo Departamento de Lingua Galega e polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, e tivo a súa orixe na lectura de clase do 1º trimestre: Amancio Amigo e o meigo de Salamanca. Cali resultou non ser o de Salamanca, pero é ben certo que era máis divertido e que soubo facerse co público en canto empezou a actuación apañando unhas luciñas vermellas nunha pantalla para metelas nunha bolsa. E, entre aros, panos de cores, naipes e balóns, a verdade é que se pasou unha horiña ben agradable. Moisés Barreiro.


A HORA AZUL: SESIÓN DE CONTACONTOS COA TROPA DE TRAPO

O mércores, 18 de febreiro, tivemos connoso a Brais e Marta “ A Tropa de Trapo” co seu espectáculo de contacontos e música, “A hora azul”. Contáronnos varias historias, unha Marta e outra Brais, alternándose, e a derradeira entre os dous. Cos seus contos trasladáronnos a diferentes lugares, dende Galicia (Chandebrito, Nigrán ou Laza) ata as terras do norte de África, sempre acompañados con música oriental e evocadora. A seguir divididos en dous grupos tentamos facer un taller de contos. Os resultados desta estupenda idea non foron moi bos, penso que este día non estabamos moi inspirados para inventar historias. Temos que limpar a ferruxe da nosa imaxinación e deixala voar.

SEGUNDO OBRADOIRO DE REGUEIFAS O mércores,18 de marzo, tivo lugar o 2º obradoiro de regueifas con Luís O Caruncho e Pinto D'Herbón. Agora só nos queda participar na fase final a nivel provincial

ENTREVISTA A LUÍS O CARUNCHO E PINTO DE HERBÓN (Regueifeiros de recoñecido prestixio a nivel nacional

1.-Que é unha regueifa? Caruncho: Unha regueifa era un pan de voda, unha especie de desafío no que os participantes miden o seu enxeño. Unha improvisación en verso entre dous ou máis regueifeiros, unha controversia. 2.-De que época datan as regueifas? Pinto: Non está moi claro cando comezou, o que si está claro é que aquí lévase moitísimo tempo facendo regueifas.


3.-Como e cando empezáchedes vós a facer regueifas? Caruncho: Dunha maneira que a min me gusta moito. Estabamos nunha comida de improvisadores, tanto regueifeiros como músicos, e Pinto, xa levaba tempo regueifando e andábase a meter con todos os da mesa, moitos eran amigos meus. Entonces dixen eu, a este meréndomo vamos e comecei a improvisar con el e merendoume el a min. Desde aquel día quedamos prendados un do outro e merendamos sempre xuntos. Pinto: Eu empecei concretamente cando tiña 15 ou 16 anos, no instituto foi onde comecei a namorarme do idioma galego, onde empecei a collerlle cariño, a practicalo, a aprendelo, a melloralo e tal, e a partir de aí tamén empecei a escoitar música galega, que antes non escoitaba. Empeceime a prendar un pouco da nosa cultura e aproveitando que escoitaba Fuxan os ventos collín un retrouso que é ailalelo, ailalalo, e cantaba ese retrouso, cando acababa de cantalo cantaba a copla que creaba e inventaba un pouco. Entón comecei a facer un espectáculo no día dos maios, e xente gustáballe e eu pois fun facendo ata que coñecín amigos dunha medida considerable e dende aquela empezamos a traballar e a regueifar xuntos e a difundir esta arte diría eu milenaria.

4.-Vós notades máis receptividade na xente agora ou cando empezáchedes? Caruncho: Eu creo que dunha maneira ou outra a regueifa sempre está presente e a xente recíbea ben porque é algo tan actual para calquera momento e tan válido para todos os ámbitos, que a xente a recibe ben. Pasa que hoxe en día coñécese máis a regueifa desde que comezamos con este traballo , pero a xente para min que a recibe igual. Pinto: Nós recolliámola desde o momento que a regueifa é un mecanismo para pasalo ben. A xente despois de pasar tantas calamidades como están pasando no mundo, a violencia de todo tipo, a crise económica a hipoteca por un lado e os problemas que temos cotiás pois están aí tamén, é o momento para evadirse e a regueifa é o mecanismo para que a xente se evada. No momento en que no noso espectáculo empezamos a estar ben e nos saen ben as coplas e teñen esa carga de ironía que fai falta para que a xente saque un sorriso, a xente vai ser un mar de alegría, agora e mañá porque a regueifa é para descargar adrenalina e para pasalo ben.


5.- Pódese aprender a regueifar ou hai que ter talento? Caruncho: Non, pódese aprender a regueifar, penso que algo das dúas cousas, hai que ter talento e aprender o mecanismo para poder regueifar. Si que comprobamos que cando chegas a un centro ninguén regueifa e cando marchamos xa se regueifa, iso proba que é necesario aprender o mecanismo, e logo hai xente que ten máis destreza ou menos destreza. Dáte conta que estamos falando dunha manifestación moi popular e algo moi primario no pobo, daquela todos teñen acceso a el, uns mellor que outros. Pinto: E para regueifar hai que canalizar a chispa que un ten nunha copla, se ti tes chispa e ti es bo cando regueifas cun compañeiro, se ti tes iso xa tes metade da regueifa feita, só tes que intentar canalizala e aprender e practicar a copla, e esa chispa métela nunha copla, a partir de aí está todo o camiño andado. Aprender a facer copla e ter unha certa chispa. 6.-É a terceira vez que vides ao Paralaia, gústavos regueifar con rapaces e rapazas? Pinto: Esta é a terceira vez e non volvemos máis. Caruncho: Claro que nos gusta o único problema que noto é ter que vir con Pinto Pinto: Eu o problema que teño é vir e marchar sen levar unha moza, pero bueno intentarase para próxima levar algunha moza ou unha mestra ou dúas, as mestras para que vaian coidando a horta mentres eu ando coas mozas. No Paralaia moi ben, a xente é moi receptiva, acabamos de averiguar hoxe que hai unha xente en cuarto que non pensabamos que ía dar para tanto e deu para moito e moito máis, xente que sabe medir moi ben e que ten esa chispa. Caruncho: Xente que non fala galego que iso tamén é importante. Pinto: Eu creo que o tema do castelán é unha moda que está aí, que xa leva máis de 40 anos e na miña época a xente que falaba castelán pasouse a maioría ao galego, empezoulle a coller cariño.

.7- Pensades que os vellos son máis enxeñosos? Pinto: Home claro, porque os vellos levan máis tempo que os mozos neste eido. No momento que os mozos leven moito máis tempo practicando e lle vexamos unha volta as cousas, chegaremos ao punto de enxeño que eles teñen. A regueifa é unha cuestión de práctica, cando máis practiques moito máis viva la vida e moito máis saberás que dicir. E para saber que tes que dicir nunha regueifa tes que meterte nun contexto determinado e os regueifeiros vellos xa levan moitos anos e saben moito mellor por onde teñen que atacar, cando teñen que pisar forte e cando teñen que levantar o pé, e iso faino a práctica. 8.-Coñecedes moitos regueifeiros?

Caruncho: Si moitos, moitos. Moitos porque estamos metidos nisto e por exemplo atopámonos con música tradicional que está moi relacionada coa regueifa porque é a mesma métrica, e aínda que uns participan e outros non, sabes de bastante xente. E se non se lles chama regueifeiros hai moitísimos improvisadores. 9.- A xente agora estase involucrando máis coa regueifa e quere ser regueifeiro de maior ou non? Pinto: O regueifeiro non é o maior nin o pequeno, é o que ten o talento para facer copla inmediata. Como lle chama Caruncho a isto é a poesía inmediata. Pois aquela persoa que ten capacidade para facer copla de repente ese é o regueifeiro. Nós pensamos que haberá xente que viva da regueifa sen pasar moito tempo. De feito se es bo regueifeiro e dominas un pouco a historia e dominas un pouco o contexto, podes vivir disto sen problemas Irma fernández e Lucía 4º ESO


Regueifa:

ENCONTRO CON MAR GUERRA

Improviso poesía Nesta mañanciña clara Para a nova revista Que de nome é Andaina Andarei moitos camiños E vaia por donde vaia Levarei sempre no peito A cancion do Paralaia Paralaia é un instituto Donde o maxín ben brila A regueifeira potente Vaise a chamar Lucía Pedimoslle a Paralaia O Caruncho e o Luís Que nestes tempos que veñen Coiden a fala do país Falaremos en galego Os neniños e neniñas Ten que ser realidade Non quero sexa utopía Marchamos moi contentos De que non nos parta un raio E tamén porque viñeron Traernos un agasallo É verdade o que dixo Déronnos un agasallo Unha meiguiña preciosa Que nos quite o meigallo

Co gue de guapa, grande, gato, gorra, presentouse a autora Mar Guerra no Paralaia para falar do seu libro: Xenaro e o misterio da mochila verde. Foi o alumnado de 1º de ESO o que gozou de tan agradable e divertida visita. Mar contestou as preguntas dos alumnos e alumnas sobre o libro, deixando ben claro que ela pretendía transmitir a través do seu libro a vida real e diaria de calquera rapaz adolescente, cos seus comportamentos, as súas teimas e problemas cotiás. Segundo a propia autora nos contou, a ela encántalle xogar coas palabras, cos sons, e iso foi o que fixo durante a segunda parte do relatorio. Intentou con éxito facer participar ao alumnado na elaboración de microrrelatos, agasallando con libros ás alumnas que foron quen de inventar o relato e a pal a b r a m á i s o c o r r e n t e . Moitas grazas a Mar Guerra pola súa divertida intervención.

Pero teño algo de pena Porque non sei o seu nome E ademais está algo dura Pinto isto non se come O agasallo é moi bonito É precioso e sencillo Márchome para casiña Que non me dan bocadillo A que ten o bocadillo Voulle dar algo de brasa Porque trouxo as zapatillas E os cordóns quedaron na casa Pinto e Caruncho

1º ESO, 24 / 04/


EXPOSICIÓN E CHARLA DIDÁCTICA DE XAVIER BLANCO: O XOGUETE

O 26 de marzo disfrutamos cunha charla didáctica sobre o xoguete tradicional en Moaña, impartida por Xavier Blanco, músico luthier e mestre investigador da c u l t u r a t r a d i c i o n a l . Falounos do importantes que son o xogo e o xoguete para espertar o enxeño e fomentar a creatividade. Partindo dunha selección de xoguetes tradicionais que tiña expostos no salón de usos múltiples, fóinolos mostrando e explicando cada un deles, como se facían, con que materiais e en que momentos se xogaba con eles.

Xavier Blanco ten catalogados os xoguetes en grupos. No1º inclúense xoguetes de lanzamento como o tiramillos, o taco, o arco, etc. O 2º grupo son os xoguetes de altura: o bombón, o s c a c h o l o s , e t c . O 3º grupo fórmano os xoguetes sonoros: o dálle (unha cabaciña metida nun vimbio para entreter aos bebés). E así ata sete grupos como vos podedes informar no noso blog do ENDL: www.blogoteca.com/nobicodalingua. Xavier fíxonos pasar unha mañá moi agradable, soubo captar a atención do alumnado e espertou a súa curiosidade.


ALGUNHAS SAÍDAS ESCOLARES AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS Os de 2º da ESO fomos esta semana máis rápidos ca os de 3º e anticipámonos –por un día– a visitar a exposición "As nosas palabras, os nosos mundos", na Estación Marítima de Vigo. Como eramos moitos, repartíronnos en dous grupos; así que aínda tivemos unha horiña para ir pasear –e algún para facer shopping e algunha cousiña máis– polas tendas do centro comercial (é que fóra ía un frío do demo).

A exposición ensinóunola unha guía moi amable pero á que lle faltaba unha migalliña de voz. Así que, como nós tampouco é que sexamos moi calados, se non te achegabas un pouquiño, non se entendía moi ben. Cóntovos un pouco o que había. A cousa empeza en plan tecnolóxico cunha pantalla enorme na que proxectan un pequeno vídeo onde se ve a evolución da comunicación, desde os primeiros berros ata os móbiles e os satélites. Despois tocou internarse por un túnel de moitas cores no que ias facendo un rapidísimo repaso pola historia da lingua galega. A continuación, chegas a uns paneis en forma de circunferencia onde se resalta a importancia de que usemos a nosa lingua en calquera ámbito: no traballo, cando ligamos, cos amigos, etc. Non vaia ser que non se fale o galego por exceso de respecto: por metelo nunha vitrina e gardalo ben gardadiño por medo a falar con algúns erros! Que ninguén naceu aprendido!

Na seguinte zona, atopamos un ordenador co que podías escribir palabras, que despois aparecían caendo por unha pantalla. Adiviñade que escribiron algúns: o seu nome!!! E, como neste país non podía faltar a chuvia, enseguida tropezamos cun paraugas, do que colgaban unha chea de palabras relacionadas con iso que tan pouco nos gusta cando andamos por fóra. Pretendíase que reflexionásemos sobre a importancia do medio e da paisaxe na lingua e tamén no contrario: en como a lingua inflúe na nosa maneira de percibir a realidade. E chegamos xa á parte dos grandes mapas e gráficos, onde se ve a tremenda cantidade de idiomas que hai no mundo. A pena é que nos dixeron que a maoría –máis do 90%– estaban en perigo de desaparición. Alí vimos que, se xuntamos todas as linguas indoeuropeas (galego, alemán, ruso...), gañámoslle ao chinés en número de falantes, pero tampouco por moito. Tamén demostramos que xa iamos algo sabidos, pois houbo ata quen soubo cal era o lugar do mundo onde había máis idiomas. Finalmente, a exposición acabou coa parte máis mediática, onde puidemos escoitar cantar en distintas linguas, ver películas galegas, tocar libros galegos traducidos a outros idiomas do mundo (que resultaron ser de mentira), ver opinións doutros rapaces... Estivemos chanfonetando un pouco con todo isto para, pouco despois e coa cabeza ben cargada de información, subir ao autobús e volver para o instituto (con tan boa sorte que xa nos libramos da última clase). Moisés Barreiro.


SEMANA DO LIBRO E A LECTURA 17 de novembro, o alumnado de 1º da ESO achegámonos á Biblioteca municipal de Quintela para visitar a exposición de libros co mar como tema, exposición de ilustradoras e ilustradores e participamos en dous obradoiros, un de pintura Pop e outro de educación ambiental con Teranova. Foi moi interesante e estaba todo moi ben ambientado, pasámolo moi ben.

JÓVENES POR LA SOSTINIBILIDAD DEL MEDIO AMBIENTE (50 Iniciativas a favor del Medio Ambiente)

O 24 de novembro do 2008 unha representación do IES a Paralaia acudiu a Madrid ao Ministerio de Medio Ambiente para asistir á presentación do libro: “Jóvenes por la Sostinibilidad del Medio Ambiente. 50 iniciativas a favor del Medio Ambiente,” libro que recolle os proxectos de varios centros que participaron no III Ecoparlamento Europeo. O noso instituto participou co proxecto: El agua, consumo responsable, realizado polo alumnado de 4ª de ESO de Ciencias medioambientais. Os obxectivos do proxecto eran: concienciar á comunidade escolar e ámbito familiar da importancia dun consumo responsable, adoptar medidas para que isto fose posible e ao mesmo tempo investigar a calidade de auga.


SAÍDA A LUGO

O alumnado de 4º da ESO fomos a Lugo visitar as murallas, o Museo Provincial e o departamento turístico da cidade. Facía moito frío, cando iamos para alá, había moita neve pola autoestrada e o condutor do autobús parou, nunha área de descanso para camións, e deixounos baixar para xogar un pouco por alí e sacar unhas fotos. Foi un día moi divertido. Irma Mª. 4º B

SAÍDA A SANTIAGO

e nto d e m rta al e dep a , Catedr lato e o l re la po ada ona vel º Bacha m a r z 2 p rog isit a á nad o: , o g v : tia um San eog rafía ego. A l a a l Saíd oria e X obo Ga Hist eo do P Mus ESO. a 2º d


VISITA AO VERBUM Museo da Palabra (Vigo)

Elaboración de Códices No Verbum de Vigo visitamos unha exposición sobre a escritura medieval presentada por persoas disfrazadas. Alí explicáronnos como os monxes realizaban os códices (obras nas que falaban de Deus ou doutros costumes). Vimos os distintos instrumentos que utilizaban para realizar os códices e as súas follas. Faláronnos do copista, o miniaturista, o dourador e o encadernador. A maioría dos copistas quedaban cegos pola pouca luz que había e a algúns incluso tíñanlles que cortar os dedos a causa do frío. Os copistas escribían os textos dos códices.

Os miniaturistas encargábanse de pintar e facer os debuxos nos códices e realizar as pinturas. Estas realizábanse coa mestura de auga de chuvia con minerais, vexetais e algúns insectos triturados. Os douradores encargábanse de darlles as cores de brillo aos debuxos. Este traballo realizábase antes de que os miniaturistas pintasen. O encadernador encargábase de encadernar os códices, poñerlles as tapas, ordenar as follas…etc. Anthony, Lilián, Natalia (3º ESO) 27 de febreiro

A EXPOSICIÓN SOBRE BLANCO AMOR. Foi unha interesante exposición sobre as afeccións de Eduardo Blanco Amor. Aparte de escribir, a Blanco Amor gustáballe moito a fotografía, tanto, que viaxou por moitos países fotografando xente, paisaxes e escenas cotiás; xogando con marcos, coa auga, coa néboa, coa iluminación, coas sombras… etc. Son fotografías que expresan como se sentía el, xa que ás veces, retrataba á xente marxinada porque el tamén se sentía así pola súa condición sexual.


VIAXE POLOS CONTOS O 2 de decembro, oito dos nos@s alumn@s de 1º de ESO, realizaron unha bonita lectura dos contos: O gato con botas e Hans e a princesa. O alumnado do Paralaia sentiuse moi importante vendo como gozaban cos contos os máis pequenos do CEIP de Abelendo.

SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL Este curso, o alumnado do 1º ciclo de ESO celebrou a Semana do Libro Infantil e xuvenil realizando unha sesión de contacontos en cada un dos centros adscritos ao IES A Paralaia; o 30 de marzo no CEIP de Seara, o 31 no CEIP de Abelendo, o 1 de abril en Tirán e o 2 (día do LIX) en Quintela.

SEARA

SEARA

As sesións consistiron nun repertorio de seis ou sete contos, uns escenificados e outros lidos, acompañándose dunha presentación en powerpoint. Estas sesións foron valoradas por ámbalas partes como moi positivas, tanto pola convivencia entre o alumnado dos distintos niveis como polo goce duns como actores e outros como espectadores. O alumnado do Paralaia agradece a calorosa acollida en todos os centros.


TIRÁN

TIR ÁN

ABELENDO

ABELENDO

QUINTELA

QUINTELA


LETRAS GALEGAS 2009

MICRORELATOS GAÑADORES DO CONCURSO DAS LETRAS GA1º PREMIO: A VODA Chámome Marisa e estou moi anoxada xa que teño que ler un poema diante de todo o mundo. Que vergoña! Eu non quería, nin quero, pero a miña nai obrígame porque é o seu irmán quen casa. Isto é indignante, non poder elixir por ti mesma, non ter nin voz nin voto. En que mundo vivimos! Onte á noite estiven practicando enfurruñada ata que case me quedei sen voz. Agora estamos agardando pola noiva, que si que se fai de rogar, ata o cura está impaciente e non falemos do meu tío que parece un flan do nervioso que está. Que fará esta muller! Por fin aparece pola porta, pero… o seu vestido branco está luxado e móstrase un pouco despeiteada. Cando o cura le os votos, o meu tío di que si con paixón, mentres que cando lle pregunta á noiva esta di… que non! Toda a igrexa queda calada, e ela marcha correndo, á vez que eu, polos nervios e a tensión acumulada, ante a ollada abraiada de todo o mundo, río e río sen poder evitalo. Sofía Portela Diéguez. 2º C. Pseudónimo: Leolí

2º PREMIO: “O río Cego”

3º PREMIO: (sen título)

Todos os días nos que saía o arco da vella, o espírito dun paxaro de cor negra asomábase á beira do río para ver o seu reflexo na auga. Conta unha lenda, que hai moito tempo, ese paxaro tiña unha plumaxe fermosísima coas cores do arco da vella. El sempre voaba feliz cos seus amigos, ata que un día, chegou un estraño mendigo que xurou afirmar que as súas plumas eran falsas. O paxaro, desprezado por aquel home, arrincouse todas as súas plumas, tirounas ao río e díxolle ao home que cando o arco da vella se reflectira no río, el espertaría do seu sono profundo para volver á vida. Aquel día o paxaro morreu e dende aquela sempre que brillaba o arco da vella el estaba alí. Todos os anciáns o recordaban como o Deus do Río Cego e sempre lle contan esta lenda sobre o espírito que vaga polo río aos máis cativos e aos viaxeiros que veñen hospedarse á nosa vila.

Cada vez que ese sorriso tan fermoso se iluminaba na súa face, non podía evitalo: Ríame a gargalladas ata máis non poder. Era un sorriso tan natural e despreocupado que conseguía que me olvidara dos problemas que me facían chorar; ademais diso era coma un diario para min, cando eu falaba escoitábame, aínda que non fose importante e dábame os consellos máis bos que te podes imaxinar. Para min érao todo: o mellor amigo, o mellor conselleiro… Ata que un día marchou sen dicir adeus, non sabía que pasara; busqueino, xa que os meus problemas e as miñas preocupacións aumentaban cada vez máis e sentíame baleira, faltábame algo… Anos máis tarde encontreino e, desa vez, contoume el os seus problemas: tiña que escapar e sentiu mágoa por non terme dito adeus. Xa non me importaba o demais; quedei alí con el para sempre… Agora ríome con el todos e cada un dos días… E non me arrepinto do que fixen…

Laura Rocha Bermúdez. 1º E.S.O. Grupo: C Pseudónimo: Musa

Eva Trigo Carballo. 1º E.S.O. Grupo: A



OUTRAS NOVAS: TEATRO O Grupo de Teatro Filigrana do IES, dirixido por Antón Lamapereira, participou na XII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa obra: A avoa Sol e as Trece Rosas de Maxi de Diego, traducida polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

Facer teatro é unha grande experiencia, aprendes a vocalizar, falar alto para o público... e, tamén a ser compañeira a comprometerte co que fas e ... a meterte na pel dos personaxes. Saray Argibay 4º C

A actividade de teatro foi para min unha experiencia única, aportoume a aprendizaxe de historia, aprendín a vocalizar, a falar alto, a interpretar... é o segundo ano que participo e por suposto estou moi contenta de seguir, tanto que penso facer a carreira de Arte dramática. Leticia Lorenzo 4º C


“PROXECTO PARA TRABALLAR COMPETENCIAS CON ALUMNOS DE DISTINTOS NIVEIS”

Profesores participantes: Francisco Javier Ogando González Pablo José Martínez Rodríguez José García Pérez Traballo realizado para desenvolver distintas competencias mediante unha serie de actividades nas que colaboraron alumnos de distintos niveis educativos. As actividades principais foron... Charlas sobre que espazos do instituto que mellorarían os alumnos. Elaboración de enquisas. Análise de enquisas. Elaboración de proxectos internivelares, e neste último apartado destacar as seguintes actividades: -fabricación dunha grada para a sala de alumnos, -reforma e redecorado das portas do baño do alumnado -deseño e fabricación dunhas tarimas para as taquillas para o alumnado.


OS ALCUMES DE MOAÑA Unha das actividades programadas polo ENDL para este curso, foi un traballo de innvestigación sobre os alcumes de Moaña. Nela participaron profesor@s e alumnado de todos os niveis. Mostra dalgúns dos máis representativos organizados arredor da circunstancia que os orixinou:



EXPOSICIÓNS REALIZADASADAS NA BIBLIOTECA PARA CELEBRARAR AS DISTINTAS EFEMÉRIDES SEMANA MUSICAL EN HONOR A SANTA CECILIA

(do 17 ao 21 de nobembro) Exposición de libro con temática musical, instrumentos, películas, CDs e DVDs

SEMANA DO CÓMIC A semana anterior ás vacacións de Nadal, gozamos no IES cunha estupenda exposición sobre a historia do cómic, personaxes e portadas de cómics famosos, o cómic español, o cómic galego e tamén cos cómics do noso alumnado. Con esta exposición quixemos celebrar que coa despedida do 2008 despediamos tamén o 50 aniversario da publicación: Mortadelo e Filemón , de Francisco Ibáñez, da que leva vendidos máis de 150 millóns de exemplares. Podedes ver unha interesante presentación no blog: www.blogoteca.com/paralaia


EXPOSICIÓN SOBRE A PAZ

EXPOSICIÓN SOBRE ASTRONOMÍA Celebramos os 400 anos das primeiras observación astronómicas de Galileo Galilei en 1609, a través dun telescopio. A primeira actividade programada na Biblioteca é unha exposición de libros e material de astronomía.


EXPOSICIÓN SOBRE: CHARLES DARWIN

Para celebrar o bicentenario de Charles Darwin, do 3o de marzo ao 17 de abril, celebrouse na Biblioteca unha exposición de traballos do alumnado e de libros, revistas e outros materiais relacionados coa vida e obra deste pai do evolucionismo.

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO: CLÁSICOS DO TERROR


EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS: RAMÓN PIÑEIRO E A EDITORIAL GALAXIA Exposición que como cada ano organiza o ENDL en colaboración co Equipo da Biblioteca co gallo das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ramón Piñeiro, un filósofo, editor e político galeguista. Posto que Ramón Piñeiro foi un dos primeiros fundadores da Editorial Galaxia e un dos primeiros dirixentes da Revista Grial, tamén aproveitamos a ocasión para homenaxear esta ilustre editorial, aínda hoxe comprometida coas nosas letras. Por iso queremos agradecer o labor colaborador da Editorial Galaxia prestando algúns dos seus fondos e material gráfico para levar a cabo esta exposición.


PASATEMPOS Busca nesta sopa de letras 8 alcumes de Moa単a que fan referencia a peixes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.