Aprende a usar o smartphone outubro 2015

Page 1

APRENDE A USAR O

SMARTPHONE grazas á colaboración de Amtega e a Fundación Vodafone España

5-8

DE

OUTUBRO

Aula CeMIT Cuntis INSCRIPCIÓN GRATUITA

17 a 20h

MÁIS INFO: https://cemit.xunta.es/es/centro/32 683 147 165


Aprende a usar o Smartphone, grazas á colaboración de Amtega e a Fundación Vodafone España Se queres aprender a manexar os novos teléfonos móbiles, a utilizar as vantaxes que che ofrecen, propoñémosche que veñas á aula CeMit de Cuntis e ensinarémosche como usar o smartphone e a acceder a Internet e o seu mundo. Todo iso, grazas á colaboración da Fundación Vodafone España e Amtega, dunha maneira fácil e sinxela, a través de vídeo-pílulas formativas presentadas por unha persoa maior que transmite confianza e seguridade, ás que se accede a través da web http://www.fundacionvodafoneconlosmayores.com/curso-movil e coa axuda da persoa responsable da aula CeMIT. Ensinarémosche: 1. Que é e como é un Smartphone? 2. Acender o teléfono 3. Iconas de pantalla 4. Chamar 5. Recibir chamadas 6. A axenda de contactos 7. A cámara de fotos e vídeo 8. Escribir mensaxes 9. Conectarse a Internet 10. Descargar aplicacións 11. Aplicacións recomendadas A aparición dos novos teléfonos móbiles “smartphones” e das “tablets” xerou un novo cambio que temos que asimilar para non quedarnos á marxe dunha serie de novos servizos imprescindibles para poder vivir con plena autonomía persoal e independencia. As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (geolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), unha mellor información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso do peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora. Non te podes perder esta oportunidade. Vente co teu “smartphone”………e nós ensinámosche a utilizalo. Dispoñerás ademais dunha guía moi útil. Se non tes smartphone, acode igual.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.