Rede CeMIT – Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MARZO 2018 Aula CeMIT de Cuntis
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
PLANIFICA AS TÚAS VIAXES Días: 6 marzo
( martes )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
¿Gustaríache voar a calquera lugar da Terra? Descubrir os mellores hoteis ou restaurantes do mundo? A introdución de novas tecnoloxías aplicadas a viaxar está a revolucionar a forma de planificar as nosas viaxes. Grazas a Internet, agora é posible viaxar a calquera parte do mundo, visitar as túas cidades favoritas, de maneira gratuíta e sen moverte de casa; ou elixir o mellor restaurante e hotel,sen coñecer a ninguén na cidade, baseándote na opinión doutros viaxeiros. Explora o mundo desde unha nova perspectiva, simplemente deslizando o dedo. Sobrevoa cidades como Londres,Tokio ou Roma, e percorre as súas rúas.Descobre unha forma nova de viaxar grazas ás novas tecnoloxías. Descobre o planeta desde todos os seus recunchos. Visita as túas cidades favoritas. Planifica as túas viaxes grazas a opinión de miles de viaxeiros. Coñece os mellores restaurantes e hoteis de cada destino. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
RECURSOS PARA COMBATER A SOIDADE Días: 8 marzo
( xoves )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
Sénteste só nalgunha ocasión? Gustaríache coñecer máis xente coa que compartir os teus intereses? Todos nos sentimos sós algunha vez. Na actualidade existen moitos recursos para evitar a soidade e aumentar as nosas relacións sociais, á vez que colaboramos en actividades adaptadas á nosa dispoñibilidade e dirixidas a colectivos, segundo as nosas propias inquietudes sociais. Podes incentivar as túas relacións á vez que obtés importantes beneficios, especialmente mentais e emocionais, xa que co teu labor desinteresado estás a axudar a unha ou moitas persoas que o necesitan. Neste curso veremos diferentes asociacións e entidades sociais, onde colaborar dunha maneira activa e dar o apoio necesario para levar adiante distintos proxectos: Colabora e participa no tecido social. Participavactivamente: Asociacionismo. Fai voluntariado: Fas falta. Descobre as redes sociais, instrumento contra a soidade. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
CREA RECORDOS ESPECIAIS:FOTO E VÍDEO Días: 13 marzo
( martes )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
Gústache a fotografía e o vídeo? Es cámara habitual de calquera evento familiar? Os nosos teléfonos móbiles fóronse convertendo paulatinamente no substituto natural da cámara dixital. Salvo os auténticos seareiros da fotografía, o resto de mortais facemos as nosas fotos e vídeos co móbil. Cada vez máis persoas vanse de viaxe só cos seus modernos móbiles para captar os seus recordos. Os avances nos dispositivos móbiles conseguiron que podamos facer e editar fotografías e vídeos de calidade para compartir con familiares e amistades. Fai as mellores fotografías co teu móbil e convérteas en vídeo aprendendo o que verás neste novo curso: Aprende as recomendacións básicas de uso e funcións das cámaras dos teléfonos intelixentes. Edita as túas fotografías para mellorar o seu resultado. Realiza a túa propia colaxe, imaxes con textos e marcos. Crea vídeos curtos con música a través de imaxes. Aprende a crear recordos inesquecibles! Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
BENEFICIOS E VANTAXES DE TRANSPORTE Días: 15 marzo
( xoves )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
Beneficios e vantaxes de transporte cando es sénior. Coñece os medios para moverte en tren, autobús e transporte público. ¿manéxaste en transporte público? ¿Gustaríache atopar outras formas de viaxar baratas, ecolóxicas e solidarias? Non sempre se pode dispoñer dun coche para transportarnos, nin pedir un taxi. Planificar as nosas viaxes en transporte público pode resultar complicado se non estás afeito. Por sorte, hai aplicacións e plataformas colaborativas que nos poden axudar a planificar os nosos traxectos á vez que coidamos da nosa economía e do medio ambiente. Neste curso imos ensinar as mellores aplicacións para planificar as nosas viaxes xa sexa en cidade ou desprazamentos máis longos. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
QUÉ É A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA Días: 20 marzo
( martes )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
Coñeces que é a Administración Electrónica e os principais trámites que podes realizar online? Ofrecer á cidadanía a posibilidade de relacionarse coa administración a través de Internet foi e é un dos grandes avances do goberno na tarefa de modernizar, achegar e facilitar á cidadanía os servizos públicos. Cada vez son máis os trámites que a Administración Pública e outras entidades ofrecen a posibilidade de realizar a través de Internet. Neste curso aprenderemos máis sobre a Administración Electrónica así como os principais trámites online: Descobre que son os certificados dixitais e como funcionan. Solicita os teus certificados para facer xestións por Internet. Realiza trámites por Internet con e sen certificado dixital: cita médica online, borrador da renda, etc. Consulta información desde as sedes electrónicas: puntos do carné de conducir, solicitude de informe de vida laboral, etc. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
O NOVO DNI ELECTRÓNICO
Días: 21 marzo
( martes )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
A importancia da firma dixital na actualidade ¿Gustaríache realizar trámites coa administración sen desprazamentos nin horarios? Este curso está destinado a persoas que queiran aprender a utilizar e aproveitar as utilidades do DNI electrónico ( DNIe). Aprenderás a adquirir as ferramentas necesarias para levar a cabo transaccións online de forma segura. Pero para facelos é necesario posuír algúns coñecementos básicos que neste curso queremos mostrarche: Descobre o novo DNI Electrónico. Coñece as vantaxes que che ofrece o DNIe. Requisitos para a utilización do DNIe. Aprende paso a paso a realizar os teus trámites: consulta de puntos do carné de conducir, solicitude de informe de vida laboral, etc. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
SEGURIDADE E PRIVACIDADE EN INTERNET Días: 22 marzo
( xoves )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
¿Medo á ciberdelincuencia? ¿Sabes como protexerte na internet? O dano máis persistente da ciberdelincuencia é a propagación do medo. O medo para comprar en liña, a formar parte das redes sociais ou a utilizar servizos en liña cotiáns. A ciberdelincuencia erosiona a confianza nunha Internet aberta e libre, altera a nosa vida dixital e impide que saquemos o máximo partido das oportunidades e servizos que se ofrecen en liña. A prevención e o coñecer os posibles perigos que existen na internet é fundamental para gozar dunha navegación segura. Estes perigos existen tanto en computadores como en teléfonos intelixentes, polo que coñecelos e protexelos é no que nos centraremos neste curso. Toma precaucións para unha navegación segura en computadores, teléfonos intelixentes e tabletas. Coñece as mellores ferramentas gratuítas de protección, análise e desinfección para equipos informáticos. Descobre as principais aplicacións e consellos de privacidade e seguridade de datos. Conecta de maneira segura no teu fogar e a través de redes wifi. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
Charla Tecnoloxía Móbil para mellorar a túa vida
MUSICOTERAPIA
Días: 23 marzo
( venres )
Horario: 10:30h a 12:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 1:30h
Musicoterapia para mellorar o teu estado de ánimo. Recursos online gratuítos para escoitar música á túa medida. ¿Gústache a música? ¿Coñeces os seus efectos a nivel físico e emocional? A música produce efectos beneficiosos no sistema sensorial, cognitivo e motor (de forma sedante ou estimulante), estimula a creatividade, o pensamento, a linguaxe, a aprendizaxe e a memoria. A musicoterapia é unha ferramenta cada vez máis utilizada no ámbito da saúde. Os beneficios que a musicoterapia achega son numerosos. Descobre como a música nos axuda a incrementar o noso benestar e a previr ou tratar algunhas enfermidades con este curso. Utiliza a música como terapia. Musicoterapia, descobre que é e os seus beneficios. Descobre as principais aplicacións móbiles de musicoterapia. Atopa a túa música en función do teu estado de ánimo. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
CURSO
VIRTUALIZACIÓN Días: 8, 13, 15, 20 e 22 de marzo
(martes e xoves)
Horario: 12:00h a 14:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 10h
r. Os obxectivos son seguintes:
Configuración Agregar máquinas virtuais; Compartir cartafol Habilitar o Copy-Paste entre o Host Anfitrión e o Invitado Crear Imaxes da nosa máquina virtual Configurar as opcións de rede das máquinas virtuais Clonar unha máquina virtual Optimizar o funcionamento das máquinas virtuais Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
EXAME PRESENCIAL EMA TELEFORMACIÓN ESPAZO MULTIMEDIA DE APRENDIZAXE
Día: 6 marzo (martes) Horario: 13:00h a 14:00h EMA
A Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias da Rede CeMIT un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación presencial impartida nas aulas da Rede, facilitando o acceso á alfabetización dixital á cidadanía. A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poderán acceder a un amplo catálogo de cursos de alfabetización dixital: Cursos gratuítos todo o ano; Acceso desde calquera punto; Sen matriculación nin reserva de praza; Dispoñibles 24 horas todos os días. Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas.
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
SERVIZO AXUDA TECNOLÓXICA Días: 6, 13 e 20 marzo (martes) Horario: 16:00h a 17:00h
Servizo para resolver dúbidas e tratar de axudar ás persoas que necesiten axuda con algunha ferramenta tecnolóxica (ordenador, portátil, tableta ou teléfono móbil) e/ou Internet Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
Logo Concello
CURSO
APRENDE A USAR O SMARTPHONE Días: 6, 8, 13, 15, 20 e 22 de marzo (martes e xoves) Horario: 17:00h a 20:00h Nº de Prazas: 10 Nº de Horas: 18h Descrición do curso: 1. ¿Que é e como é un Smartphone? 2. Acender o teléfono 3. Iconas de pantalla 4. Chamar 5. Recibir chamadas 6. A axenda de contactos
7. A cámara de fotos e vídeo 8. Escribir mensaxes 9. Conectarse a Internet 10. Descargar aplicacións 11. Aplicacións recomendadas
Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
Logo Concello
EXAME PRESENCIAL EMA TELEFORMACIÓN ESPAZO MULTIMEDIA DE APRENDIZAXE
Día: 21 marzo (mércores) Horario: 13:00h a 14:00h EMA
A Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias da Rede CeMIT un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación presencial impartida nas aulas da Rede, facilitando o acceso á alfabetización dixital á cidadanía. A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poderán acceder a un amplo catálogo de cursos de alfabetización dixital: Cursos gratuítos todo o ano; Acceso desde calquera punto; Sen matriculación nin reserva de praza; Dispoñibles 24 horas todos os días. Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos do curso. Inscrición non é o mesmo que Matriculación: unha vez realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo confirmatorio de “Matriculación” para asistir ás probas.
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
cemit.cuntis@xunta.gal
Logo Concello
CURSO
INICIACIÓN A WINDOWS 10
Días: 10, 17 e 24 de marzo (Sábados – San Mamede) Horario: 10:00h a 12:00h Nº de Prazas: 6
Nº de Horas: 6h
Descrición do curso:
Os obxectivos son os seguintes: o Familiarizarse coas novidades do windows 10. o Uso de Microsoft Edge. o Uso de Cortana. o Familiarizarse co escritorio. o Configurar as aplicacións integradas. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico http://cemit.xunta.es/es/centro/32
683 147 165
Logo Concello
CURSO
IMPRESIÓN 3D PARA NEN@S Días: 10, 17 e 24 de marzo (sábados) Horario: 12:30h a 14:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 5h
Descrición do curso: o Iniciación á impresión 3D o Escaneado 3D a partires de fotografías. o Repositorios de modelos 3D. o Modificación dos modelos escaneados. o Preparación do modelo para a súa impresión. Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165
Logo Concello
CURSO
AULA DE IDIOMAS: INGLÉS
Días: tódolos xoves
Horario: 16:00h a 17:00h Nº de Prazas: 10
Nº de Horas: 33h
Pode facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou dende a páxina web da aula
https://www.facebook.com/cemit.casamedico https://cemit.xunta.gal/centro/32
683 147 165