Abracadabra,
Rubén
Josefa Salgado Pérez
CAPÍTULO 1.
Os que cren na maxia están destinados a atopala
Un
día coma calquera outro. Nunca pasa
nada medianamente interesante. A miña nai chegará do traballo e dirame que vaiamos ao parque. O meu pai coma sempre traballa ata horas intempestivas. Non sei como a miña nai o atura, porque chega esgotado, contesta con monosílabos coma se ao facelo esgotase a pouca enerxía que lle queda. Non sempre é así: as fins de semana mellora e ata pode sorrir, xoga comigo ao fútbol e parece outra persoa. Encántanme as fins de semana, cando podo
3
desfrutar dos meus pais, cando me poden dedicar un pouco do seu tempo. Cando a vida é algo máis que traballar, problemas, cansazo… Eu non quero medrar nunca. Estou a xogar con Mika, o meu gato. Regaláronmo polo meu aniversario. Acababa de nacer, ten o pelo gris e os ollos marróns… Sempre quere xogar, claro, é un bebe gato… Encántalle cando lle fago cóxegas no bandullo, ponse boca abaixo e mírame como dicíndome: «Rubén, non pases de min e acaríciame o bandullote». Ha, ha, ha… A verdade é que se pon do máis irresistible... pero non sempre é así. Ten días moi ariscos, non sei moi ben por que… Vaise de casa e aparece como dous ou tres días despois, nin idea do que fai… Eses días entráñoo moito e cando volve de novo sempre me dá moita ledicia… Dorme comigo tódolos días, menos cando lle dá por desaparecer, claro. Aníñase nos meus pés e ese calorciño é moi agradable… Síntome acompañado. Ao principio, cando desaparecía, preocupabámonos todos bastante. Recorriamos o barrio gritando o seu nome: «Mika, Mika, ven a casa…», pero el pasaba de nós, ou non nos escoitaba ou non quería escoitarnos. Acabamos desistindo de buscalo, non aparecía por ningures. Supoño que
5
todos necesitamos estar ao noso aire, aínda que só sexa de cando en vez. Por exemplo, a min encántame mirar as estrelas. Reláxanme. Fanme sentir coma un ser insignificante e ao mesmo tempo coma parte de algo máis grande. Non sei, sempre me din que penso demasiado para a miña idade, pero esa é a sensación que me producen. Quedaríame mirándoas por horas e non me cansaría nunca. Son un neno afortunado, o meu cuarto é un faiado e a xanela que teño permíteme velas. A miña aldea nin é moi grande nin é moi pequena. Encántame porque ten un río e no verán, as fins de semana imos remollarnos alí, nós e case todo o pobo, é divertido. A miña nai prepara o xantar para levar e pasamos alí todo o día. Gústame porque todos estamos ledos eses días. Como vos ía dicindo, a miña nai acaba de chegar de traballar. A miña nai cociña moi ben. Traballa no bar da aldea e ocúpase de facer o xantar. A todo o mundo lle gusta como cociña. Antes traballaba máis horas, pero dende que eu nacín, só fai as comidas. O seu xefe, ao principio, non estaba moi de acordo con iso, incluso escoitei que tentou prescindir dela, pero tivo que ceder porque a rapaza que contratou
6
no seu lugar non cociñaba tan ben e todos lle preguntaban pola miña nai. Gústame como cociña a miña nai. —Rubén, xa estou na casa. Apetéceche ir ao parque? —Vale. Mentres imos de camiño ao parque, penso que oxalá teña sorte e poda xogar co meu amigo Antonio. Os seus pais están separados. O seu pai vive na miña aldea, a súa nai na aldea do lado. El só ven ao parque cando está co pai. Dáme rabia porque é un neno moi divertido. Case sempre está na casa da nai. Que mágoa. Pois non, non tiven sorte, non vexo a Antonio. Que rabia estar de vacacións, cando vou ao colexio, véxoo tódolos días. É o meu mellor amigo. Sentámonos xuntos e sempre me fai rir. Antonio é un pouco máis alto ca min. Ten o pelo moreno e os ollos tirando a verdes. Encántanlle as lentes de sol, creo que é máis feliz con elas postas. Danlle un aire interesante. É un neno moi optimista e ten moitas ocorrencias, ideas de bombeiro tolo. Cáeme ben Antonio. Está Andrés. Andrés non me cae ben. É moi alto e corpulento. Crese o rei da xungla. É un pouco abusón e todo o mundo lle ten medo. É
7
un pouco intimidatorio. E o peor é que lle gusta a mesma rapaza ca min. Mónica ten o pelo longo, dun ton caramelo, ollos castaños, ollos que non sei por que me transmiten paz, calma. Sempre está sorrindo. E o mellor é que non lle fai nin caso a Andrés. Iso está ben, non farían moi boa parella. É a rapaza que me gusta. Encántame vela xogar no parque, sobre todo cando ela non se dá conta de que a estou mirando. Mirala sen que se decate. Iso é divertido. Gústame sobre todo fixarme nas súas mans. Hipnotízame seguir o seu movemento. Está a facer un castelo de area. Está totalmente concentrada. Está xogando coa súa amiga Raquel. Raquel ten o pelo rizo e avermellado. Longo. Moi longo. Abondoso. Moi abondoso. Os seus ollos parécenme que cambian de cor, non sei por que. Non sabería definir a cor dos seus ollos. Son cambiantes, dependen da luz, das súas emocións. Os seus ollos son camaleónicos, cambian, matízanse. É riquiña. Non me desagrada Raquel. Encántanme as randeeiras. Que gran invento. A quen o inventou deberían darlle o mellor agasallo que haxa neste mundo, non sei, quizás un doce xigante, de moitos sabores, amorodos con nata,
8
chocolate con abelás, chocolate branco, nubes, lamberetadas… Un gran festín de cousas deliciosas, ha, ha, ha… Como xa me imaxino que terá unha idade, iso ao mellor non lle fai demasiada gracia. Non sei que lle pode facer ilusión a unha persoa maior, un agasallo que lle faga feliz… A verdade é que se ven sempre tan ocupados, nas súas cousas de maiores, sempre preocupados, se non é por iso é por aquilo. Eu non quero medrar nunca… Un gran invento isto das randeeiras. Non ten moito: tres postes, dous horizontais e un vertical e unha cadeira atada no centro dese poste vertical con cordas para que non te caias. E por un momento es ceibe. Sentes o aire na cara, concentrado en impulsarte canto máis alto mellor. E gozar, gozar desa sensación única. Encántame sentirme ceibe. A miña nai dime que xa é tarde, que me baixe da randeeira. Protesto un pouco pero de nada serve. Acabouse esta marabillosa sensación. Outro día máis. Quizais mañá, se temos a sorte de que faga bo, claro. Mónica acabou o seu castelo de area; quedoulle bonito. Ela tamén se vai para casa e vexo como mira triste o seu castelo de area. Seguro que mañá xa non está. Alguén o destruirá. Sinto pena.
9
Chegamos a casa e a miña nai obrígame a facer algunhas tarefas, mentres ela prepara a cea. Non me desagrada moito facelo, gústame ler. Ler libros interesantes, de aventuras, de dragóns, de dinosauros… Chega o meu pai, Marcos. O meu pai ten o pelo negro e os ollos da cor da mel, cálidos. Ten un ollar entre sensible e traveso. Eu creo que esa mestura no seu ollar foi o que fixo que a miña nai se namorase del. Quen sabe, eu, dende logo, non llelo vou preguntar. Que vergoña, son os meus pais, ha ha ha… Chega, coma sempre, cansado. Ceamos, apenas fala e se fala é do seu traballo, cousas de informática, cousas moi aburridas sobre algoritmos, chaves, sistemas, programación, antivirus… Cousas moi frías, sen alma. A cea está rica. Gústame. Vou para a cama. E pasa algo realmente interesante. A maxia aparece.
10
A Rubén le encanta mirar las estrellas, le relajan. Con su gato Mika, acurrucado a sus pies, se pasaría horas mirándolas. Un día, mirando las estrellas, aparece la brujilla Josefa, y con ella, la magia en su vida. La brujilla Josefa vive en Alpha Centaury, y está harta. Harta de la línea media, de la neutralidad, del vacío, de los gremlins mojados, de los duendes que le roban sus calcetines favoritos, de las guerras sin sentido... No sabe muy bien por qué, pero cuando está muy harta de su mundo, aparece en la habitación de Rubén, y poco a poco, se van haciendo amigos, apoyándose y aportándose muchas cosas en el difícil arte que es vivir y disfrutar. En ambos mundos.
ISBN 978-84-18942-19-8
9
788418
942198
Si no lo leo no lo creo