Contributing to a greener world

Page 1

TAREFA 4 –MÓDULO 4 EXEMPLO PRÁCTICO DE ACTIVIDADE CON ISSUU

Título Nivel

Tips to Contribute to a Greener World B1, B2

Recursos

Ordenador, Internet, EDI e Issuu

Obxectivos:  Crear un documento con recomendacións para protexer o medio ambiente.  Publicar e difundir o documento en Issuu con forma de guía. Contidos a tratar:  Os textos instrutivos: estrutura, tempos verbais, conectores discursivos.  A expresión de consello e recomendación.  Vocabulario relacionado co medio ambiente: aforrar enerxía, enerxías alternativas, tipos de reciclaxe, etc. Procedemento a seguir para levala á práctica: Logo de traballar na clase unha unidade sobre ecoloxía e os problemas do medio ambiente, a profesora amosará na clase e almacenará en Google Drive ou no wiki de clase un texto cun consello para axudar a coidar do medio ambiente. Este texto terá un formato e estrutura que os/as alumnos/as tomarán coma modelo para escribir individualmente un texto similar, dentro da categoría que poderán elixir dende unha lista proporcionada pola profesora: problemas locales (noise pollution, dirty streets); uso de enerxías renovables; reciclaxe; aforro de enerxía, aforro de recursos, etc. Tras a distribución das categorías entre os/as alumnos/as, seguindo as instrucións precisas dadas pola docente, cada alumno/a deberá elaborar un documento que inclúa un consello e unha imaxe representativa (ilustración ou fotografía propia) e subilo a Google Drive ou ao wiki. A profesora supervisará a corrección e edición dos documentos, que se fará de forma colaborativa. Unha vez estea a edición finalizada, a profesora creará un documento PDF común que se publicará en Issuu.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.