A VIVENDA ECOLÓXICA

Page 1

SI

NON

con inercia térmica, moi

OS LADRILLOS DE VIDRO permiten o paso da luz natural. A súa fabricación precisa moita enerxía para a súa fabricación . A gran vantaxe é que é totalmente reciclable

OS PANEIS DE MADEIRA MACIZA son moi aconsellables si se controla a calidade da mateira prima: debe ser de cultivo sostible e tratada de forma natural.

OS TABIQUES PREFABRICADOS con soporte de madeira son unha posibilidade interesante e pouco empregada. Permiten unha montaxe rápida, facilitan a reutilización e reciclaxe e ofrecen unha gran versatilidade na distribución de espazos. Os taboleiros aglomerados e contrachapados teñen unha desvantaxe: incorporan colas que liberan folmaldehído, que é canceríxeno. Si se recorre a eles hai que elixir os especificados como “baixos en formaldehído”

AS PEZAS DE CERÁMICA (LADRILLO), un material tradicional, teñen a vantaxe de ser duradeiras, e de mantemento barato e sinxelo. Pero obtéñense a partires de recursos non renovables e o seu proceso de cocción supón un gasto de enerxía importante. Na elección de materiais cerámicos convén ter en conta que os vitrificados – superficies lisas e brillantes- teñen os poros pechados e, polo tanto, trátase de materiais que non respiran.

O FORMIGÓN CELULAR , no que a grava está substituída por arlita ou áridos lixeiros, resulta moito máis lixeiro e con propiedades illantes e de menor impacto ambiental.

O XESO é o material máis empregado para os revestimentos interiores. O inconveniente é que se extrae das canteiras e cócese en fornos que consomen gran cantidade de enerxía. O seu uso é aceptable porque non produce emisións tóxicas e actúa como regulador da humidade interior.

O FIBROCEMENTO CON FIBRAS DE MADEIRA é un material que pode empregarse sen riscos.

OS MORTEIROS DE CAL pódense empregar tamén mesturados con cemento. Son materiais transpirables, duradeiros e con calidades desinfectantes.. Teñen moi bo comportamento fronte á humidade.

O FOSFOXESO é un derivado da industria de fertilizantes, non recomendado, porque pode conter radón, gas radiactivo e algún que outro composto tóxico.

O FIBROCEMENTO é derivado do cemento que contén fibras. Poden ser de tres tipos, minerais, vexetais ou sintéticas. As minerais son de asbesto (amianto) moi perigoso para a saúde.

OS FORMIGÓNS E MORTEIROS tamén se obteñen de recursos non renovables: áridos, conglomerantes (cemento) e auga. Tamén producen un impacto ambiental significativo.

O CEMENTO porque se obtén de recursos non renovables (rocha) e que ao extraerse ocasiona grandes modificacións na paisaxe. Ao elaboralo prodúcense emisións importantes de gases e po nocivo para os pulmóns. Unha vez aplicado favorece a acumulación de humidade.

A calidade dos materiais de construción depende do comportamento que teñan ante a auga, o aire e a temperatura. Os materiais naturais e simples como a madeira son os que teñen mellores resultados. Existe a posibilidade de incorporar subprodutos de derribos ou de outras industrias para crear novos materiais reciclados. Os beneficios son evidentes, xa que se aproveitan os residuos ao tempo que se evita a explotación de canteiras naturais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.