INFORME SOBRE A BIBLIOTECA DO IES FONMIÑÁ Realizado polos alumnos e alumnas de 2º de ESO Daniela Acebedo Torrego, Nicolás Acebedo Torrego, Eduardo Castillo Samón, Jacobo Lurigados Veiga, Manuel Martínez Otero, Laura Pérez Domínguez e Marta Varela Peña.
INTRODUCIÓN Este informe foi encargado pola profesora de Lingua e Literatura Galega, responsable da biblioteca do IES Fonmiñá. Neste informe vaise falar das instalacións, do fondo da biblioteca e das preferencias dos lectores.
1. INSTALACIÓNS A biblioteca conta con diversas instalacións.
Un pequeno recuncho para o lecer que dispón de un sofá, dúas butaquiñas e unha mesa de xogos.
Un pequeno apartado reservado ás revistas literarias, de cine, de informática, a revista escolar, etc.
Diversas estanterías con diferentes seccións: literatura, enciclopedias, dicionarios, ciencias, deporte, banda deseñada, etc.
Un proxector con pantalla que fai as veces de pizarra que tanto os alumnos como os profesores utilizan, uns para o debuxo e outros para dar clase cando hai pouco alumnado.
Un blogue que informa sobre as novidades literarias, recomenda libros, homenaxea autores e no que o alumnado e o profesorado, poden participar activamente nel.
http://oslibrosdopapalouzas.blogspot.com.es/
Un ratiño, chamado Papalouzas, que chegou un día a biblioteca, e que agora é a súa mascota.
Mesas de traballo para os que esqueceron ou non fixeron os deberes e para os que teñen un exame proximamente.
Un mural detrás da mesa de rexistros que representa ó Papalouzas e a súa familia gozando dun banquete.
2. FONDO DA BIBLIOTECA. NÚMERO DE VOLUMES POR SECCIÓN. 121
Fondo da biblioteca 21 12 9 12 10 15 3 38 14 20 56 12 12 24 Li t.Frances a Li t. en Gal ego Fotografía Arqui tectura Arte Xeneral i da des Di ci onari os de Fra ncés Di ci onari os da RAE Li ngüística Li t. Vi axes Imformática Outra s rel i xi óns e mi tol oxía
6 94 89 8
3241 35 21 19 9 320 20 50 146
1300 1200
7 19 Li t. Ingl esa Debuxo Cómi c Hi stori a de Gal i ci a Enci cl opedi a s de Li teratura Medi o Ambi ente Di ci onari os de Gal ego Di cci ona ri os de Es pañol Ens ai o Xogos , deportes Cristia ni s mo
3. PREFERENCIAS DOS USUARIOS/AS. Seccións máis consultadas e tipos de libros máis prestados:
Li t. en Castel á Pi ntura Hi stori a Xeografía de Ga li ci a Enci cl opedi a s de Arte Di ci onari os de Ingl és Di ci onari os es pecíficos Mús i ca Matemática s Vi da s oci al Ética moral
Os libros máis lidos son cómics como Tintín ou Astérix e Obélix e libros de Narrativa en Galego sobre todo traducións de autores autores como Roald Dahl (Charlie e a fábrica de chocolate) ou autores galegos como Agustín Fernández Paz (Rapazas) e en Literatura Castelá os libros máis lidos é Te llamaré Viernes de Almudena Grandes.
CONCLUSIÓN Que seccións convén ampliar porque teñen moi poucos volumes? De que xéneros interesa ter máis libros porque son os preferidos dos lectores? Convén aumentar as sección de narrativa tanto en galego como en castelán, con autores xuveniles, como Defred, John Green, David Levithan , Sarah Lark, Rick Riordan, pero tamén convería obter máis cómics de Mortadelo e Filemón, de Spirou ou de Rue del Percebe. Hai poucos libros de manga, de deporte, de prosa moderna, etc. O ordenador leva estragado meses, o que fai que as profesoras teñan que rexistrar todos os préstamos e devolucións a man. Tamén hai uns cantos libros sen etiquetar e colocar porque o sistema Meiga de catalogacións está no ordenador avariado.
Tamén faría falta adquirir dous ordenadores máis (novos a poder ser) para o uso do alumnado.
AUTORES/AS DO INFORME: Daniela Acebedo Torrego, Nicolás Acebedo Torrego, Eduardo Castillo Samón, Jacobo Lurigados Veiga, Manuel Martínez Otero, Laura Pérez Domínguez, Noelia Seco García, Marta Varela Peña.