Entrevista ledicia costas

Page 1


18 de Marzo de 2015

1.-Pregunta (Jorge) Eu fixen algunas das receitas do teu libro é pregúntome. Ti fixeches as receitas? Resposta.- Non, eu teño unha irmá reposteira que me fixo os seus mellores postres é os que máis me gustaron díxenlle si me daba as receitas é puxenas no libro. 2.- P (Christian Bar) Eu teño 11 anos e gustaríame saber se ti a miña idade lias libros ou fixecheste lectora máis tarde. R.- Non a min xa me gustaba ler dende moi pequeniña, aveces collialle libros prestados a miña nai. 3.-P (Natalia) Cando estás escribindo un libro, con cal disfrutas máis, cos dos rapaces ou dos adultos? R.-Disfruto facendo libros, tanto para rapaces como para adultos. 4.-P (Yaissa) Lendo unha entrevista túa limos que tiñas varias historias en mente. Como te organizas ti para que non se che mezclen as historias? R.-Pois eu acordome de todo, é máis, non intento recordar todo o que me ven a cabeza porque ao final nunca me ciño a ese esquema mental, digamos que dentro do caos da miña cabeza hai un pequeno orden. 5.-P(Clara) Nos limos Escarlatina… e a min gustoume moito porque tiña moito sentido do humor e tiña cousas que seguramente a ninguén se lle ocorrirían. E eu preguntome se o humor e para ti un recurso na vida cotiá. R.-Eu non o diría así pero o meu humor e dos que só o entendo eu e na miña familia din que teño un humor inglés, é dicir que só me rio eu e cando a broma a di outra persoa tardo en entendelo e ríome para que non se rian de min. 6.-P(Cristian F.) Limos nunha páxina web que ías sacar a precuela de Escarlatina... Despois de facela sacarías a secuela? R.-Agora teño moitos traballos en mente, un deles é a precuela de Escarlatina… que poderedes ler ao principio do Nadal. Pode ser que saia a secuela despois de que saian a venta todes estes contos e novelas. 7.-P(Luis) Nós limos o libro de Escarlatina…, de onde che saiu a idea de unha cociñeira que había que construila? R.-Porque se lle chegaba a Román unha cociñeira xa montada seria moi sinxelo.


8.-P(Hugo)Eu creo que todos os escritores teñen un sitio para inspirarse, podesme decir o teu? R.-Teño un recuncho na casa onde sempre estou, pero cando me agobio vou dar unha volta para despexarme 9.-P(Yaiza)Lendo o libro de Escarlatina… decateime de que ten moi bos debuxos, elixiches a Víctor Rivas por algunha razón ? R.-Para o tema da morte, eu lera moitos libros e os debuxos que mais me gustaron foron os de Víctor Rivas 10.-P(Eva) Observei que no libro de Escarlatina…, cada capítulo empezábalo cunha receita, como se che ocurriu esa idea? R.-Quería relacionar o que máis me gusta, a morte e a repostería e pensei que esa era a mellor idea para combinalas. 11.-P(Andrea) Limos nunha entrevista que estás a escribir a precuela de Escarlatina…, cando a poderemos ler? R.-En xuño acabo o traballo e empezareina a escribir, levarame un mes máis ou menos escribila e outro publicala, asique ao final do verán xa a poderedes atopar nas librerías 12.-P(Pedro)Limos Escarlatina… e gustounos moito porque puxeches de protagonista a un neno que quería ser cociñeiro? R.-Porque a min de pequena gustábame a cociña. O único que facía era poñerme a min e a cociña perdidos. 13.-P(Raúl)Eu teño 11 anos e ó escribir o que máis me gusta é escribir libros, e a ti gustábache os meus anos? R.-Si. Pero tamén me gustaban as poesías e as novelas. 14.-P(Eloy) A min estrañoume que cada morto do libro tivese o nome da causa. Como se che ocurreu isto? R.-Eu dende o pricipio decidira que cada personaxe tivera o nome da enfermidade que lle causara a morte. Eu púxenme a buscar en Internet nomes de enfermidades mortais do século XX e buscando buscando apereceume o nome da enfermidade de escarlatina e gustoume. 15.-P (Carla Varela) Limos na rede unha biografía túa na que dicías que che gustaba moito o tema da morte. Como é que che gusta tanto ese tema que hoxe en día vese algo que se intenta ocultar sobre todo aos nenos? R.-Pois precisamente por iso. Para achegarlle máis este tema aos rapaces do que penso que non moitos escritores de literatura intantil se atreverían a falar.


16.-P(Aida) No libro vin que Román metía o gato na lavadora, como se che ocorreu? R.-Ocurreuseme porque un día o noso gato deitouse no cesto da roupa suxa e miña avoa que era a que sempre lavaba a roupa colliu e meteu todo o que había na cesta sen palpar se había algo no medio, e encendeu a lavadora, coincidiu que pasaba eu por alí e escoitábase como un neno chorando, e pregunteille a miña avoa: Avoa, non hai aquí un neno chorando?, e ela díxome que non, e mirei para a lavadora e vin ao gato arañando a porta, abrinlle e o gato saíu mareado. 17.P(Adrián)No libro falas moito do Inframundo, como se che ocorreu? R.-O Inframundo non era unha idea que estivera pensada dende o principio foi unha idea que se me ocorreu sobre a marcha. 18.P(Rubén)Ti debes de ter unha imaxinación moi grande para facer un libro tan bó. Pódesme dar un consello? R.-Ler moito e fixarse nas cousas que te rodean. 19.P(Carla Villar) Ti escribes para os adultos e tamén para rapaces e rapazas coma nós, onde te sentes máis cómoda escribindo? R.-Cos nenos e coas nenas porque podo explicar as cousas como a morte e tamén podo ir aos colexios visitarvos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.