ESTHER PEDROSA “Confianza
é a miña palabra favorita”.
Esther Pedrosa Carrete. Santiago de Compostela
Unha muller para o deporte… Nada en Santiago é unha das mellores atletas galegas de todos os tempos. Esther é deportista en activo, nai de outra atleta, e traballadora da USC onde exerce de técnico de deportes.
A semana pasada tivo lugar na Biblioteca do centro unha charla da atleta galega Esther Pedrosa para 5º e 6º, organizada polas titoras de 5º, co gallo da conmemoración do Día da muller traballadora.
Empezou a correr no instituto (estudou no IES Rosalía de Castro de Santiago), da man da súa profesora de Educación física, á idade de 14 anos. O seu primeiro adestrador, parella da profesora que a levou ao atletismo, foi, e segue sendo, Mariano Verdugo. Na actualidade participa co seu equipo “Playas de Castellón” en campionatos españois e internacionais destacando en todas as probas nas que compite.
Ten unha brillante traxectoria deportiva na que destacan: O campionato de España gran fondo 20 km en 1986 Cinco subcampionatos de España en 10000 e 3000 m Cinco medallas de bronce en distintos campionatos españois Tamén participou con brillantez en múltiples copas e campionatos internacionais.
Palmarés actual de Esther ( máster 55): 4 récord de España Cto. do Mundo Aire libre: 1ª Cross, 2ª 1.500m, 3ª 5.000m Cto. de Europa Master Pista Cuberta: 1ª Cross, 1.500m e 3.000m Cto. Europa Master Ruta: 3ª 10km Cto. España Aire Libre: 1ª 1.500m e 5.000m Cto. España Pista Cuberta: 1ª 1.500m e 3.000m)
Recentemente recibiu o premio a mellor atleta máster española, que se lle entregou este sábado 16 de marzo como recoñecemento anual aos mellores do atletismo español. A Gala da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) 2018 reuneu na sede do Comité Olímpico Español aos atletas, entrenadores, xuices e organizadores máis destacados da pasada temporada para entregarlles os premios que supoñen o remate a un gran ano.
Esther Pedrosa e José Antonio Ureña foron os mellores atletas master. Tamén estivo nominada outra galega, Ana Peleteiro. E o de mellor club foi o CA Playas de Castellón no que está Esther Pedrosa.
ESTHER PEDROSA “Confianza
é a miña palabra favorita”.