Pensando con Francesco Tonucci

Page 1

FRATO



“O profesor non é o saber senón o mediador do saber”.



A escola transmisiva supón que o neno non sabe e vai á escola a aprender, mentres o mestre ensina a quen non sabe.

Esa é unha idea infantil, que pensa ao neno como un vaso baleiro, mentres o mestre verte coñecementos que enchen ao neno gradualmente. Pero o neno sabe e é competente e vai á escola para desenvolver a súa saber.



“Os mestres deberían aproveitar os momentos de liberdade e xogo dos nenos para observalos, ver os aspectos do seu carácter e as actitudes que normalmente en clase non se revelan. Non para usalas contra eles, senón para coñecelos máis”.



"Os

mozos teñen que chegar á escola cos petos cheos, non baleiros, e sacar os seus coñecementos para traballalos no aula. O traballo empeza dando a palabra aos nenos. O mestre ten que coñecer o que saben os nenos antes de actuar.



Si fosen escoitados, os nenos poderían levar á escola o seu propio pensamento. O normal é que un neno que ten unha intelixencia práctica, hábil coas mans e que pode desarmar un motor, para a escola non vale nada. Vale só si sabe elaborar lóxicamente datos.

Esa clasificación non ten sentido. Esa actitude selectiva, de que hai poucas linguaxes importantes e de que as demais non valen nada, conducen ao neno ao fracaso” 



A

escola utiliza a desconfianza e iso produce unha avaliación negativa baseada no que o mozo non sabe facer. Apoiándose sobre o que si sabe facer ben, a escola debería motivalo a recuperar e a gañar o que non ten como unha conquista. 



"A escola debe ser capaz de ler a realidade concreta que rodea ao neno. A xeografía é a do seu barrio; a historia, a da súa familia”.



O nacemento das democracias occidentais e o desenvolvemento industrial esixen da escola unha formación elemental, unha alfabetización masiva.

Esíxeno porque, si a democracia significa xestión popular do poder, cada cidadán poderá participar nela na medida en que se dispoña de instrumentos para informarse, expresarse, discutir".



"A escola non cambia, continúa sendo de complemento, permanece a selección aínda que desprazada cara aos niveis superiores, os institutos, as universidades e o traballo; sobe a porcentaxe de analfabetismo funcional, é dicir, o número dos que nunca utilizan os instrumentos culturais máis elementais propostos pola escola: a lectura e a escritura".



"O problema é máis profundo e continúa latente baixo as diversas formas estructurais e metodolóxicas: a escola de todos non se converteu na escola para todos”.



"Agora que todo o mundo vai á escola son moitísimos menos os que poden atopar na súa familia as necesarias bases-modelos culturais”.



"Unha escola que queira ser realmente unha escola de todos e para todos, debe preocuparse por ofrecer a todo o mundo aquelas bases, aquelas motivaciones, aqueles modelos culturais imprescindibles para construĂ­rse un patrimonio de coĂąecementos, de habilidades, de competencias“.



“Paradóxicamente, poderíamos afirmar que teñen éxito na escola os que non a necesitan. A escola, que debería contribuír a introducir a igualdade entre os cidadáns, pola contra alimenta as diferenzas”



"Na instituci贸n escolar non cambiou nada porque se deixou completamente 谩 marxe deste proceso de transformaci贸n aos profesores".



"Unha reforma real da escola debería nacer dos que traballan nela, como esixencia de novos niveis profesionais, para a construción dos cales deberían utilizarse todas as enerxías actualmente dispoñibles".



"Un proxecto que mire cara ao futuro, cara ao século XXI, debería examinar tres aspectos: a) O papel da escola e a súa relación coa realidade do exterior; b) O método escolar: relación ensino :aprendizaxe; c) O docente: a súa función e a súa formación“.



"A escola asume o papel de entidade educativa por antonomasia, amplía a súa duración e multiplica obxectivos e actuacións. As familias piden á escola que dea máis e que compense as deficiencias familiares e sociais. A escola convértese nun lugar de sociabilización, de recuperación, de terapia...”



E REMATAMOS COA CITA QUE NOS FIXO DE LORIS MALAGUZZI

El niño está hecho de cien. El niño tiene cien lenguas cien manos cien pensamientos cien maneras de pensar de jugar y de hablar cien siempre cien maneras de escuchar de sorprenderse de amar cien alegrías para cantar y entender cien mundos que descubrir cien mundos que inventar cien mundos que soñar. El niño tiene cien lenguas (y además de cien cien cien) pero le roban noventa y nueve. La escuela y la cultura le separan la cabeza del Cuerpo.

Le dicen: de pensar sin manos de actuar sin cabeza de escuchar y no hablar de entender sin alegría de amar y sorprenderse sólo en Pascua y en Navidad. Le dicen: que descubra el mundo que ya existe y de cien le roban noventa y nueve. Le dicen: que el juego y el trabajo la realidad y la fantasía la ciencia y la imaginación el cielo y la tierra la razón y el sueño son cosas que no van juntas Y le dicen que el cien no existe El niño dice: “en cambio el cien existe”.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.