RELACIÓN DE LIBROS SOBRE A PAZ
“Los niños no quieren la guerra”. Eric Battut. Editorial Juventud. Idade recomendada: a partir de 6 anos. ¡Que fermoso era aquel país onde se instalaran! Alí construíran dous castelos, un tan bonito coma o outro, Pero un día, os dous reis decidiron declararse a guerra. ¿Podedes crer que todo empezou por unha simple tontería?
O segredo de Flora”. Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Editorial Embora. Idade recomendada: a partir de 6 anos. Conto para traballar o control de nós mesmos nos momentos en que se nos apeteza actuar de xeito un agresivo (pegando, mordendo, dando patadas...). Flora ten un segredo para que isto non aconteza... e son só unhas palabriñas e xestos máxicos cos que ela se tranquiliza.
El rey matón”. Varios autores. Editorial Octaedro. Idade recomendada: a partir de 8 anos. Ou me entregas a fórmula para que eu fabrique o meu propio chocolindo, ¡ou lanzarei unha bomba sobre o teu reino! Se morre a túa xente será pola túa culpa. Matón completou a súa amenaza. Este libro axudarche a reflexionar sobre as causas e consecuencias dunha guerra.
“A historia de Erika”. Ruth Van der Zee, R. Innocenti Ed. Kalandraka. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Historia estremecedora e impactante, a de Erika. Trátase do libro co que a editorial conmemoraba o 60 aniversario da liberación do campo de exterminio de Auschwitz. “No seu camiño cara a morte, a miña nai lanzoume á vida”, escribiría a autora evocando as palabras de Erika, á que coñeceu en Rothenburgo.
“La guerra y la paz”. Brigitte Labbé. Ed. SM. Colección Piruletas de filosofía. Idade recomendada: a partir de 10 anos. Na Terra, hai zente que quere a guerra. Pero hai moita máis xente que quere a paz. A maioría das persoas odian a guerra e saben cómo construír a paz. Entón, ¿Por qué hai guerras? Libro para reflexionar e filosofar coas nenas e nenos.
“El grito de la grulla”. Samuel Alonso Omeñaca. Ed. Edelvives. Idade recomendada: a partir de 10 anos. A acción desenvólvese na cidade de Nagasaki durante a segunda guerra mundial. Junichiro e Noriaki son amigos. No colexio o seu profesor ensínalles a facer grullas de papel. As grullas no Xapón, simbolizan a vida e os bos sentimentos. Cando alguén fai unha, a súa vida alóngase.o y ris
en Japón, siolizan 2