Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos do Ceip A Maía. Están pendurados polo patio de entrada do colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en 1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.