Saída e 5º ao MHN de Santiago

Page 1


O venres, 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5Âş fixemos unha saĂ­da ao Museo de Historia Natural, en Santiago de Compostela.


Ao chegar, separámonos por clases. Comezamos vendo uns exemplares de troncos de diferentes árbores. Mirámoslle a idade, que se sabe contándolle os aneis que ten debuxados dentro; comparamos tamaños e ollamos os seus nomes científicos, que eran rarísimos!


De seguido pasamos a outra sala onde había todo tipo de animais disecados. Tamén había algún cogomelo, algas e corais. Pero o que máis nos gustou daquela sala foi a cantidade de animais que había: patos, paxaros, anfibios, un xabaril, unha cabra e moitos máis.


Ao rematar con estes, subimos á planta de enriba. Nós tiñamos moita curiosidade. Alí quedamos todos abraiados! Cantos minerais e que bonita era a forma de expoñelos ante o público! Había tanta variedade de minerais que estivemos dez minutos no mesmo sitio.


Logo, pasamos a entrar nunha caixa forte xigantesca onde había xoias e pedras preciosas de moitísimas cores. Tamén entramos nun lugar que representaba unha mina. Apenas había luz e, ás veces, chocabamos entre nós. Cando comezamos a saír todos da mina observamos unha colección de todas as formas nas que pode cristalizar un mineral.


Neste museo tivemos a oportunidade de ver todo tipo de cunchas, de todas as formas, tamaĂąos e cores.


Tamén vimos diferentes tipos de terra e a composición do solo. Alí atopamos fósiles, algúns de animais prehistóricos.


Pero un paso máis adiante... volvía a haber animais. Esta vez eran aves mariñas. Tamén había patos, cisnes, flamencos e diferentes tipos de paxaros.


Despois tiĂąamos que volver baixar e... mĂĄis animais! Desta vez atopamos a sabana sudamericana e a sabana africana. TamĂŠn atopamos outros animais que non viramos antes, como o tigre, o ornitorrinco ou a avestruz.


Ao saĂ­r fomos merendar na SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores).

SGAE


Ao rematar, fomos á Praza do Obradoiro, e á Porta Santa, na Praza da Quintana. Por último, antes de volver ao autobús para ir de volta ao colexio, paramos 5 minutiños nun parque de Vista Alegre.

O que máis nos gustou foi que todo estaba moi detallado e bonito. Temos ganas de volver ao Museo coas nosas familias e ensinarlles todo o que aprendemos. (Redactado por Inés Peña) Alumnos e alumnas de 5º do CEIP A Maía.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.