Guía de lecturas de Nadal 17 18

Page 1

Para alumnado da ESO Os nenos da varíola Ed. Galaxia. María Solar. Baseada na historia real dos 22 nenos orfos da expedición Balmis que levaron no seu corpo a vacina da varíola a América. O hibisco púrpura Ed. Rinoceronte. Chimamanda Ngozi Adichie. A moza kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugo… El árbol rojo. Versos para ceremonias laicas. Ed. Demipage. Andrés Rubio. 40 poetas poñen voz a nacementos, vodas e funerais.

Verán 1993, El autor, La librería De Carla Simón, M. M. Cuenca e Coixet respectivamente. Tres películas actuais con temática social e cultural (familiar, literaria,…), diversa e interesante.

Para alumnado de Bacharelato O xardineiro dos ingleses Ed: Galaxia Marcos Calveiro. Novela que avanza entre os principais acontecementos da historia europea do século XX, particularmente da Guerra Civil, e ambientada no emblemático cemiterio naval británico de Vilagarcía de Arousa. No seu despregar. Antoloxía poética Ed: Apiario. Varios autores Obra colectiva de poemas que recolle as voces de 18 mozos e mozas que representan a nova andaina da poesía galega. La vida. Una historia de Carles Casagemas y Pablo Picasso Ed: Astiberri Tyto Alba. Banda deseñada centrada na mocidade e a relación de amizade entre os artistas Pablo Picasso e Carles Casagemas. Tu nombre (Your Name) Kimi No Na Wa. Película de animación que ten como protagonista a un estudante de secundaria xaponés que vive nun pequeno pobo e que fantasea con vivir nunha grande urbe.

REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES GUÍA DE NADAL 2017

www.biblioceipamaia.blogspot.com www.coapalabranaboca.blogspot.com.es/ www.agrobiblio.blogspot.com.es www.bibliocarlosnieto.blogspot.com.es/ www.iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com.es/ www.leonomilladoiro.blogspot.com.es/ ceipbarouta@edu.xunta.es Máis guías en: www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

UN NADAL PARA NON DEIXAR DE PASAR PÁXINA!


Primeiros lectores

De 7 a 9 anos

El gigante más elegante Editorial Bruño Julia Donaldson Maxi xa está farto de ir sempre tan mal vestido e decide converterse no xigante máis elegante da cidade. Pero atópase cos amigos que precisan algo máis. falar non ten cancelas".

As tres curuxiñas Kalandraka Editora Martín Wadell/Patrick Benson Había unha vez tres curuxiñas, Iria, Antón e Mara, que vivían no buraco dunha árbore con Mamá . Curuxa. Topito Terremoto Editorial Beascoa Anna Llenas Cando Topito esperta… remata a tranquilidade! Arriba e abaixo, tócao todo. Distráese. Perde as cousas. Non para quieto nin un segundo…

Radio Bulebule Ed. Kalandraka Paco Nogueiras Unha ducia de cancións divertidas, pegadizas e inspiradas nas ondas herztianas conforman a grella de programación dunha emisora comunitaria onde "o

El hada acaramelada Ed. Nórdica Gloria Fuertes A fada acaramelada é unha nena doce e algo atolondrada cun desexo: o de facer feliz a outros nenos. Unha deliciosa colección de contos e cancións cheos de tenrura e amor, ironía e humor, acompañados de magníficas ilustracións. Eu conto, ti cantas Ed. Xerais M. Victoria Moreno Letras Galegas 2018 Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “Un cachiño de bica?”.

De 9 a 12 anos Mar adiante Ed. Xerais María Victoria Moreno Unha mestra cóntalles un día aos compañeiros que vén de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a cren, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Dez piratas Ed. Santillana Gloria Sánchez Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios, que se fixeron ao mar en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un tras o outro van desaparecendo ata que só queda un... La manzana de Magritte Ed. SM Klaas Verplanke Un home chamado René flota a través do mundo dos seus soños cumprindo o seu desexo de ser pintor de mazás e sombreiros e mazasombreiros… Este álbum ilustrado do deseñador e ilustrador belga Klaas Verplancke e o equipo editorial do MoMA (The Museum of Modern Art) explica de maneira sinxela a obra do pintor belga René Magritte.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.