Tríptico parte exterior verán 18

Page 1

Para alumnado da ESO Segredos no Solpor

Iria Misa. Ed. Xerais.2018 Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.

Para alumnado de Bacharelato Á Sombra dos Bonsais

Antón Riveiro Coello. Ed. Galaxia 2017 Relatos que propoñen un xogo literario para contarnos o mundo con textos cada vez máis miúdos…

REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES

GUÍA DE VERÁN 2018

El último encuentro Pequeño país Gaël Faye. Ed. Salamandra.2017

Sensación literaria en Francia en 2016, este “pequeno libro” consegue transportar o lector ao corazón do continente africano para contar o que acontece cando a Historia se introduce nas nosas vidas para cambialas de forma irreparable.

O Segredo na Casa de Formoso

Héctor Cajaraville. Ed. Obradoiro 2017 Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para descubrirnos a nós mesmos.

O bo mestre

Título orixinal: Les grands esprits Olivier Ayache-Vidal.2018 (DVD) Un profesor dun respectable colexio en París vese obrigado a deixar o seu posto e empezar a dar clases nun instituto das aforas moito más conflitivo, do cal so teme o peor.

Sándor Márai. Ed. Salamandra. 2015 Dous amigos atópanse despois de corenta anos. Viviron sempre para ese momento, pois entre eles interponse un segredo. Ao fondo, está a procura da verdade e a ética como forza liberadora para poder vivir.

Madona con abrigo de piel

Sabahattin Ali. Ed. Narrativa Salamandra. 2018 O autor escribe unha historia de amor desgraciada entre un mozo turco e unha pintora alemá. Novela de aprendizaxe cos inevitables desencontros entre o desexo e a realidade. Fascinante diálogo entre Oriente e Occidente.

Lady Bird

Greta Gerwig. 2017(DVD) Unha moza estudante múdase ao norte de California para pasar alí o seu último ano de instituto. Con inclinacións artísticas, soña con vivir na costa Leste, onde tratará de encontrar o seu propio camiño, fóra da sombra da súa nai.

www.biblioceipamaia.blogspot.com www.coapalabranaboca.blogspot.com.es/ www.agrobiblio.blogspot.com.es www.bibliocarlosnieto.blogspot.com.es/ www.iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com.es/ http://www.bibliobarouta.blogspot.com Máis guías en: www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

Elixe libro e prepárate para viaxar


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.