Trítico parte interior verán 18

Page 1

Primeiros lectores A promesa do cabezolo Jeanne Willis/ Tony Ross Alvarellos Editora. 2018 Encantadora historia de amor entre unha larva de ra e outra de bolboreta que nos vai sorprender ata o último intre.

Las llaves de los sueños Ana Meilán / Silvina Eduardo Ed.Entre nubes y cuentos.2018 Que lle pasa a Adele cando vai para a cama? En ocasións ten soños doces, pero noutras ten soños feos que lle producen medo e inseguridade. Unha desas noites a súa nai dálle un monllo de chaves que a axudarán a viaxar polo mundo dos soños.

A miña profe é un monstro! Jeanne Willis / Tony Ross Alvarellos Editora.2018 As clases comezaron e Brais ten un problema tremendo. O seu problema chámase a “Profe Lola”. Ela é un monstro real, mesmo ten a pel verde e os seus dentes son enormes e afiados.

De 7 a 9 anos

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Elena Favilli. Ed. Destino infantil juvenil.2017 Un libro inspiracional coas historias de 100 mulleres extraordinarias do pasado e do presente, de Frida Kahlo a Serena Williams. Porque todas as nenas merecen medrar pensando que poden chegar a ser o que elas queiran. Astro-Rato e Lampadiña Fermín Solís.El patito editorial. 2017 Astro-Rato leva tanto tempo viaxando polo espazo que xa esqueceu a súa misión. Menos mal que aí está Lampadiña para lembrarlle os seus deberes. Se os gatos levasen botas, gobernarían as ras Raquel Saiz. OQOEditora.2010 Eh! Eh! Amodiño...! Nin todos os gatos levan botas nin todas as bruxas son malvadas nin todos os príncipes se converten en ras. Iso sonche contos! Este é un libro que conta a historia de como as ras acabaron gobernando o mundo. .

De 9 a 12 anos Pioneiras Anaír Rodríguez.Rodríguez. Ed.Xerais. 2018 Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes Manual para soñar Cristina Núñez Pereira/ Rafael R. Valcárcel. Ed. Palabras Aladas. 2016 Este libro busca que as persoas (de 6 a 12 anos) se coñezan mellor e, ao facelo, saiban como acadar aquilo que desexan; xa sexa montar en bicicleta, actuar na obra do colexio, ser dentista...

Wonder Chobosky, Stephen.2017 (DVD) Un neno de 10 anos nado cunha deformidade facial que o obrigou a ser operado 27 veces, esfórzase por encaixar no seu novo colexio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.