Guía o meu mundo

Page 1

O meu mundo Guía de lectura para nen@s de 0 a 7 anos Con esta guía coñecerás a nosa sección "O meu mundo", unha sección chea de vida, xa que contén libros sobre sentimentos e emocións, risas e mesmo medos, en fin, temáticas que lles encantarán a@s máis pequen@s da casa, por seren cos que máis identificad@s se sentirán. Non perdades detalle das nosas recomendacións!


Na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo existen infinidade de contos e libros con mil temas a tratar: fantasía, coñecemento, contos doutros tempos... pero tamén existen aqueles que tratan valores, para que @s máis pequen@s aprendan a convivir en sociedade e a desenvolverse persoalmente, que pretenden ensinarlles como comprenderse e como comprender o entorno. Así, temos unha sección dedicada especialmente a estes libros, chamada “O meu mundo”, na que é posible atopar literatura que aborda os problemas cotiáns d@s meniñ@s (cando caen os dentes, medo a escuridade, como atar os cordóns...), pero tamén conteñen valores moi importantes, como a tolerancia, o respecto, o amor pola natureza, etc. Esta sección pódese atopar nos cantos de 0-3 anos (corraliño) e 4-7 anos. Os seguintes son exemplos de libros que podedes atopar nesta sección e que abordan valores sobre a diversidade, a amizade, a tolerancia, o respecto, o feminismo... Animádevos a coñecer esta sección, de seguro atoparedes moitas cousas interesantes! recoñecerás este libros polo distitivo:Levan o símbolo da casiña porque son libros próximos aos nenos e nenas, sobre a familia, a súa vida e hábitos e de todo aquelo que lles acontece a diario. A miña amiga a escuridade, Ella Burfoot. Baía Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos. O libro está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan. A nai da nai da miña mamá, Alejandra Schmidt. Hércules Este libro móstranos o proceso de fin da vida e o comezo doutra. Fala da forma natural de deixar a vida seguir o seu curso, liberando os anexos e as memorias de memoria. Tamén transmite a mensaxe de respecto aos nosos maiores, mentres que as historias que elas contan son tesouros que poñemos en palabras cheas de sentido de pertenza e de identidade. Son a base da nosa historia e que representan parte do pasado que nos proporcionan esta ponte.


Vanesa non quere ser princesa, Xosé A. Perozo. Sotelo Blanco Cando Vanesa naceu, a sua nai chamou as fadas para pedirlles un desexo: queria que Vanesa fose unha fermosa princesa; pero unha fada vella apareceu pola cheminea e dixo que Vanesa seria o que quixese ser.

¿Cal é a miña cor?, Antoine Guilloppé. Xerais Pregúntome cál é a miña cor. Algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. ¿Será que a cor da miña pel o di todo? ¡Eu coido que non! Hai galegos negros, brancos, amarelos coma min. Na clase é o compañeiro árabe, no barrio é o veciño de orixe estranxeira e entre os africanos é un neno galego. ¿Será a cor da súa pel a culpable de tanta lea? O neno protagonista non o sabe, pero o seu can axudaralle a descubrir a solución. Azul e rosa, Ana Pillado. Promocións Culturais Galegas Neste conto coñeceremos a Lila e Pilo, dous irmáns que reciben un agasallo dos seus avós. Lila pregunta por que sempre lle regalan todo rosa, xa que novamente lle regalaron unha bufanda e un gorro rosa e a seu irmán azul. A resposta do avo é que o rosa favorece moito as nenas. Pero Pilo reclama que a el tamén lle gusta o rosa. E Lila engade que a todo o mundo lle queda ben o rosa e todas as cores.

Madrechillona, Jutta Bauer. Lóguez Nunha ocasión, a nai do pequeno pingüín púxose furiosa e berroulle terriblemente. Despois arrepentiuse e dixo: Perdón! Conto para non comer, Oli. Galaxia Antón non quería comer. Pensaba que o leite era un mar branco cheo de néboa que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas..., pero Antón seguía sen ter fame e cada vez tiña máis sono.


Un problema grande, Oli. Kalandraka Paulo vivía moi feliz con todas as cousas que lle gustaban. Pero… que pasa cando un vai ter un irmán? Pois que un ten un problema tan grande que a penas lle deixa sitio no seu cuarto... así que hai que descubrir outras formas de divertirse, como decorar as paredes, agocharse debaixo das camas cando todo o mundo o busca, o deporte de aguantar as ganas de facer pis e… AS MALAS PULGAS DA NAI. A miña tía é verde!, Xosé Cermeño. Ediciones Sm A tía Juliana é completamente verde. Cando era pequena, os médicos tentaron que deixase de ser verde, prohibíndolle comer moitas cousas desa cor, pero a súa nai dixo que a ela non lle importaba que Juliana fose verde. Ademais, a ela encantáballe ser desa cor. Todo o mundo acepta a Juliana tal e como é, verde. Á nena encántalle xogar con ela. Ademais, nunca se perde cando vai con ela a algún sitio, porque todo o mundo acórdase da señora verde. A nena cre que é unha pena que non haxa máis xente desa cor. La cosa negra que pasó por mi ventana, Ramón Trigo, Blanca Trigo. Lóguez A curiosidade dunha pequena nena ante algo non definido fisicamente na noite, que pode ser algo ?terrorífico?, pero que ela o incorpora á súa rutina nocturna. Unha historia tan belamente ilustrada como ben definida e narrada. Un magnífico agasallo que nos fan Ramón e Branca Trigo. Edu ya no quiere llevar pañales, Linne Bie. Juventud Edu xa non quere levar cueiros. Mamá achégalle o orinal e dille: «A partir de agora podes facer pipí no orinal». Agora pode levar calzóns. Xa é maior! Pero de súpeto nota que os seus calzóns están quentes e mollados? Un libro para axudar a@s nen@s para usar o orinal.

Papá, mamá, Anita y yo, Jérôme Ruillier. Juventud Papá, mamá, Anita e eu, querémonos moito! Pero isto non impide que ás veces nos enfademos. Un álbum que ilustra en poucas palabras pero con gran sensibilidade e intelixencia as relacións persoais.


El Arte de la baci,Jean Claverie e Michelle Nikly. Lóguez Cunhas moi coidadas ilustracións de gran formato en ton sepia A arte da baci é un entretido conto achega do proceso de aprender a ir ao baño. Este importante paso na vida de tod@ nen@, aínda que non exento das súas dificultades, pode chegar a ser mesmo interesante se aprendemos a aproveitar o tempo que a natureza nos esixe para suplir as súas necesidades.

¡Qué noche más ruidosa!, Diana Hendry. Beascoa O ratiño non pode durmir. Na súa fértil imaxinación, a rama que peta no teito soa como un ladrón e o son do moucho semella un fantasma. Papá rato pacientemente, cóntalle cal é a inocente natureza de cada perturbación para que por fin poida durmir.

El monstruo de colores, Annallenas. Flamboyant O Monstro de Cores non sabe que lle pasa. Fíxose unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer o envurullo. Unha historia sinxela e divertida, que introducirá a pequenos e a maiores na fascinante linguaxe das emocións.

¡Seamos amigos otra vez!, Hans Wilhelm. Juventud A amizade e convivencia entre dous irmáns, un tema ás veces moi delicado entre @s nen@s que teñen irmáns pequenos, tratado por Hans Wilhelm coa súa especial sensibilidade para falar das emocións e dos sentimentos. ¿Dónde están mis gafas?, María Pascual. Thule O orondo protagonista deste conto perdeu as lentes. As busca baixo a mesa, na neveira, na boca do seu can (onde hai desde móbiles ata bolboretas, pero nin rastro das lentes)... As busca por toda a casa, desesperado, pero nada, non están en ningures. Ao final mesmo as busca no inodoro e, de súpeto, cando se inclina, caen dentro as lentes que tanto buscara. Unhas lentes que o lector estivera vendo todo o intre na cabeza do noso cómico personaxe.


Un papá a la medida, Davide Calí, Anna Laura Cantone. Edelvives Cando se ten a nai máis lista, máis guapa, máis deportista, máis forte pero non se ten un papá, convén buscar un pero que sexa axeitado. O mellor sería que tivese as virtudes de mamá aínda que se non é forte, nin sabe facer cálculos mentais, é baixiño e non moi guapo pero sabe moitas poesías, gústanlle os animais e é cariñoso, convén quedar con el. Colores que se aman, Paco Abril ; ilustrado por Anne Decis. Everest "No espello vin que a miña pel é negra, igual que a do meu pai. A miña nai, con todo, ten a pel branca. Estou feito de dúas cores diferentes que se aman". Un texto poético e emotivo que, en moi poucas liñas, fala do odio e do amor entre persoas de diferentes razas. Luca só entende de amor, por iso, cando un altercado perturba o seu pequeno mundo, corre a refuxiarse nos brazos da súa avoa Dores, que sabe transformar as súas bágoas en risa. Bebé Bigotes, Patacrúa. OQO Unha vella moi vella e un vello moi vello querían ter un bebé, pero non sabían como facelo. Despois de múltiples intentos, experimentar diversas fórmulas e mesmo pedir colaboración a Reis e cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo é moi complicado. Un día, a velliña tivo unha idea...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.