NOVIDADES AUDIOVISUAIS
CINE
MÚSICA
AUDIOLIBROS
AUDIOVISUAIS INFANTIL HTTPS BIBLIOCARBALLO WORDPRESS COM ://
.
.
/
MÚSIC A Todas as novidades musicais para todo tipo de públicos, idades e gustos! Pigmy. "Hamsterdam" (CD). 2014 A-M-Pop | CD HAM Disco dobre cunha coidada edición no que colaboraron un longo elenco de músicos e artistas cos que Vicente Maciá "Pigmy" culminou unha preciosa ópera pop de marcado carácter intimista con vocación universal.
La familia del árbol. "Odisea" (CD). 2015. A-M-Folk | CD ODI
Este disco percorre a preciosista liña sonora que flúe entre o pop luminoso con raíces psicodélicas e o folk máis elegante e intimista, alzando a Nacho Casado á primeira liña dos mellores intérpretes/compositores do país.
Músicas para a semente : cancións tradicionais para crianzas (CD). 2015. 7-12/Libros+audio Este CD edítase co fin de promover a cultura galega a través das súa tradición musical e tamén de recadar fondos para manter vivo e forte o seu proxecto de inmersión lingüística con crianzas.
CINE Todas as novidades cinematográficas para todo tipo de públicos, idades e gustos! 5 Cámaras rotas (DVD). 2011 A-C-Documentais | DVD CIN
Dirixe: Emad Burnat, Guy Davidi. Unha película conmovedora e reveladora sobre as apremiantes necesidades da xente real que vive nun mundo incerto.
12 años de esclavitud (DVD). 2013. A-C-Drama | DVD DOC Dirixe: Steve McQueen. Solomon Northup foi vendido como escravo e contempla como todos sucumben á violencia e á desesperación. Pero el decide non renderse e esperar para recuperar a liberdade.
Across the Universe (DVD). 2007. A-C-Romántica | DVD ACR
Dirixe: Julie Taymor. Musical romántico ambientado nos anos 60 do S.XX, na época das turbulentas protestas contra a guerra, a exploración mental e o rock and roll.
American History X (DVD). 1998. AC-Drama | DVD AME Dirixe: Tony Kaye. Un "skin head" é encarcerado por asasinato. Cando sae disposto a afastarse do mundo da violencia, atópase con que o seu irmán pequeno (Edward Furlong) segue o seu mesmo camiño.
CINE Approved for adoption (DVD). 2012 A-Cine | DVD APR Dirixe: Laurent Boileau, Jung Henin. Jung é un neno abandonado tras a guerra de Corea, ata que unha familia belga o adopta. Decide volver ao seu país natal, décadas despois, e reconciliarse coa súa cultura.
Avatar (DVD). 2009. A-C-Fantasía | DVD AVA Dirixe: James Cameron. Cameron crea un novo mundo, un lugar que paga a pena visitar. Amósanos paisaxes asombrosas, unha narración excitante e unha mensaxe antiimperalista, de volta á natureza.
Big Boys Gone Bananas! (DVD). 2011. A-Cine | DVD BIG
Dirixe: Fredrik Gertten. Dole Food Company leva a cabo unha campaña para evitar que un par de cineastas suecos amosen o seu documental sobre unha demanda contra a empresa.
El caballero oscuro: La leyenda renace (DVD). 2012. A-C-Intriga | DVD CAB
Dirixe: Christopher Nolan. Fin da triloxía de Nolan. Pasaron 8 anos desde que Batman desaparecese na escuridade, converténdose, nese instante, de heroe en fuxitivo.
Camino a Olimpia (DVD). 2013 A-C-Documentais | DVD CAM Dirixe: Niko von Glasow. Amosa a viaxe do director polo mundo para coñecer a al´gun dos atletas en plena preparación para os Xogos Paralímpicos de Londres no ano 2012.
CINE Carmina y amén (DVD). 2014 A-C-Comedia | DVD CAR
Dirixe: Paco León. Tras morrer o seu marido, Carmina decide non dar parte para cobrar unha paga que el tiña pendente. Durante eses días esconden o cadáver e disimulan na vida cotiá dun barrio humilde de Sevilla.
Cazadores de corrupción: La red (DVD). 2012. A-C-Documentais | DVD CAZ Dirixe: Hege Dehli. A Rede está aberta só aos mellores cazadores de corrupción do mundo. 20 son os fiscais e investigadores que se reúnen cada 6 meses para desenvolver xuntos as mellores estratexias en cada caso.
La chaqueta metálica (DVD). 1987. A-C-Social | DVD CHA
Dirixe: Stanley Kubrick. Un grupo de recrutas prepárase nun centro de adestramento da mariña. Alí o sarxento Hartman endurece o corpo e a alma dos novatos. Pero non todos están preparados para soportar os seus métodos.
Chocolat (DVD). 2000. A-C-Romántica | DVD CHO
Dirixe: Lasse Hallström. A Lansquenet, un pobo francés, chegan dúas forasteiras: Vianne e a súa filla. Vianne inaugura unha chocolatería. Posúe ademais o don de percibir os desexos dos demais e satisfacelos co doce exacto.
Cisne negro (DVD). 2010 A-C-Intriga | DVD CIS Dirixe: Darren Aronofsky. Nina, unha brillante bailarina, vive absorbida pola danza. A tensión da estrea provoca en Nina un esgotamento nervioso e unha confusión mental que a incapacitan para distinguir entre realidade e ficción.
CINE Colombiana (DVD). 2011 A-C-Acción | DVD COL
Dirixe: Olivier Megaton. Cataleya, de 9 anos, tras presenciar o asasinato dos seus pais, adéstrase para converterse nunha asasina profesional e vingar as súas mortes.
Come, reza, ama (DVD). 2010. A-CRomántico | DVD COM Dirixe: Ryan Murphy. Liz Gilbert tiña todo o que unha muller pode soñar, pero atopábase perdida, confusa, insatisfeita, así que decide abandonar a súa acomodada vida e arríscao todo, emprendendo unha viaxe ao redor do mundo.
Crimen ferpecto (DVD). 2004. A-CComedia | DVD CRI
Dirixe: Álex de la Iglesia. Rafael aspira a converterse no novo Xefe de Planta. O seu rival morre tras unha discusión. A única testemuña do crime é Lourdes, que non dubida en chantajearlo. Preso da tolemia, idea un plan para librarse de Lourdes.
Déjame entrar (DVD). 2010. A-CIntriga | DVD DEJ
Dirixe: Matt Reeves. Owen é un neno triste, pero algo cambiará na súa vida cando coñeza a unha nova e misteriosa veciña, que vive co seu pai e con quen establecerá amizade. Remake norteamericano da película sueca "Déixame entrar".
El diario de Bridget Jones (DVD). 2001. A-C-Comedia | DVD DIA Dirixe: Sharon Maguire. Bridget está solteira e chea de complexos. O día de Ano Novo toma dúas decisións: perder peso e escribir un diario. Pero pronto a súa vida amorosa se complica, pois atópase dividida entre dous homes.
CINE El diario de Bridget Jones: Sobreviviré (DVD). 2004. A-C-Comedia | DVD DIA Dirixe: Beeban Kidron. Bridget vive con Mark e deixou a Daniel, pero Rebeca estraga a súa relación. Non lle van ben as cousas no traballo, e o peor ocórrelle en Tailandia.
Divergente (DVD). 2014. A-C-Acción | DVD DIV Dirixe: Neil Burger. En un mundo distópico en el que la sociedad se divide en cinco categorías, los jóvenes deben elegir a qué facción pertenecer. Beatrice no es como los demás: guarda un secreto del que podría depender el orden social e incluso su propia vida.
En busca de la felicidad (DVD). 2006. A-C-Drama | DVD ENB
Chris es un vendedor brillante, pero acaban echándolo, junto a su hijo de 5 años, de su piso, y no tienen adonde ir. Cuando consigue unas prácticas en una prestigiosa correduría de bolsa, tendrán que afrontar muchas adversidades apra lograr unha vida mellor.
Erin Brockovich (DVD). 2000. A-CDrama | DVD ERI Dirixe: Steven Soderbergh. Erin é unha nai solteira que consegue traballo como avogada. Os seus comezos non son alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade.
Fahrenheit 9/11 (DVD). 2004. A-CDocumental | DVD FAH Dirixe: Michael Moore. Pártese do ascenso de George W. Bush en 2000 de mediocre petroleiro texano a presidente dos EE.UU. e descríbense as escuras relacións económicas entre o seu pai e a familia de Osama Bin Laden.
CINE
COLECCIÓN COMPLETA TIM BURTON (DVD)
La gran aventura de Pee-wee (DVD). 1985. A-C-Comedia | DVD GRA
Pee-Wee ten unha flamante bicicleta vermella e branca que é a envexa dos nenos do barrio, pero, mentres compra unha bucina nova, alguén lla rouba. Buscándoa,vivirá innumerables aventuras.
Bitelchús (DVD). 1988. A-CFantástico | DVD BIT
Un matrimonio de pantasmas (Geena Davis e Alec Baldwin) contrata os servizos de Bitelchus (Michael Keaton), un especialista en asustar mortais, para que escorrente aos novos propietarios da súa casa.
Batman (DVD). 1989. A-C-Acción | DVD BAT
Gotham tan só se acha protexida polo seu corrupto corpo de policía. A cidade é cada vez máis insegura ata que aparece Batman, o Señor da Noite. A reputada xornalista Vicky Vale tentará descubrir o segredo que se oculta tras o home morcego.
Batman vuelve (DVD). 1992 A-C-Acción | DVD BAT Gotham City enfróntase a dous novos e peculiares criminais: o diabólico e sinistro Pingüín e a fermosa e sedutora -aínda que letalmente perigosaCatwoman. Batman enfrontarase a Pingüín, que quere converterse no amo da cidade.
CINE Mars Attacks! (DVD). 1996 A-C-Comedia | DVD MAR
Uns pratos voantes procedentes de Marte sobrevoan todas as capitais do mundo. Ao presidente dos EE.UU., o seu asesor científico asegúralle que as intencións son pacíficas. Con todo, os seus asesores militares aconséllanlle que aniquile aos marcianos.
Charlie y la fábrica de chocolate (DVD). 2005. A-C-Fantástico | DVD CHA Charlie, un niño muy bueno y muy pobre, gana un concurso para visitar durante un día la fábrica de chocolate de Willy Wonka y su equipo de OompaLoompas. Cuatro niños más lo acompañan por un mundo mágico lleno de diferentes sabores.
La novia cadáver (DVD). 2005. A-C-Intriga | DVD NOV
Un home pon no dedo dunha muller morta, como broma, un anel de compromiso. Pero o que non sabe o pobre mortal é que a morta reclamará os seus dereitos como "prometida".
Sweeney Todd: El barbero diabólico de la calle Fleet (DVD). 2007. A-C-Intriga | DVD SWE
Benjamin Barker, tamén coñecido como "Sweeney Todd", é un sinistro personaxe que ten unha barbería en Londres e cuxa navalla de afeitar apura demasiado...
Sombras tenebrosas (DVD). 2012 A-C-Intriga | DVD SOM En 1752, los Collins zarpan de Liverpool a América para librarse de la misteriosa maldición que pesa sobre su familia. Con el paso de los años, su hijo se convierte en un hombre rico y poderoso que comete el error de romperle el corazón a Angelique Bouchard.
CINE El gran hotel Budapest (DVD). 2014 A-C-Comedia | DVD GRA
Dirixe: Wes Anderson. A historia trata sobre o roubo e a recuperación dunha pintura renacentista de valor incalculable e sobre a batalla que enfronta aos membros dunha familia por unha inmensa fortuna.
Gran Torino (DVD). 2008. A-C-Drama | DVD GRA Dirixe: Clint Eastwood. Walt Kowalski é un veterano de guerra rosmón ao que lle custa traballo asimilar a chegada de inmigrantes asiáticos ao seu barrio. Con todo, verase obrigado a reformularse as súas ideas.
Había una vez una isla (DVD). 2011. A-C-Documentais | DVD HAB
Dirixe: Briar March. Que pasaría se a túa familia tivese que deixar a súa casa polo cambio climático? Esta é a realidade de Takuu, unha pequena illa do suroeste do Pacífico. A vida desta comunidade da Polinesia vese afectada polas consecuencias reais do cambio climático.
Indiana Jones: En busca del arca perdida (DVD). 1981. A-C-Acción | DVD IND
Dirixe: Steven Spielberg. O goberno de EE.UU. encárgalle ao aventureiro profesor de Arqueoloxía a procura do Arca da Alianza, que tamén a buscan os nazis.
Indiana Jones: El templo maldito (DVD). 1984. A-C-Acción | DVD IND Dirixe: Steven Spielberg. O intrépido arqueólogo, tras un balbordo, consegue escapar xunto a unha cantante e o seu acompañante. Os tres acaban na India, onde tentarán axudar aos habitantes dun poboado, cuxos nenos foron raptados.
CINE Indiana Jones: La última cruzada (DVD). 1989. A-C-Acción | DVD IND Dirixe: Steven Spielberg. O pai de Indiana, tamén arqueólogo, é secuestrado cando buscaba o Santo Graal. El terá que ir rescatalo e, de paso, tentar facerse coa prezada reliquia, que tamén ambicionan os nazis.
Indiana Jones: El reino de la calavera de cristal (DVD). 2008. A-C-Acción | DVD IND Dirixe: Steven Spielberg. En plena Guerra Fría, Indiana coñece a un mozo que lle pide axuda a cambio de facilitarlle a Caveira de Cristal de Akator. Pero os soviéticos teñen o mesmo obxectivo.
Insidious (DVD). 2010. A-C-Intriga | DVD INS
Dirixe: James Wan. Unha familia acaba de mudarse a unha vella casa. Pero, tras un desgraciado accidente, un dos nenos entra en coma e, ao mesmo tempo, empezan a producirse na casa estraños fenómenos que aterrorizan á familia.
Divergente (DVD). 2015. A-C-Acción | DVD DIV
Dirixe: Robert Schwentke. Tris e Cuatro fuxen de Jeanine, líder dos eruditos. Atormentada polas decisións do seu pasado e decidida a protexer aos seus, Tris enfróntase a retos que desbloquearán o seu pasado e o futuro do seu mundo.
Interestellar (DVD). 2014 A-C-Acción | DVD INT Dirixe:Christopher Nolan. Un grupo de exploradores liderados polo piloto Cooper e a científica Amelia emprenden unha viaxe máis aló da nosa galaxia no que descubrirán se as estrelas poden albergar o futuro da raza humana.
CINE El juego de Ender (DVD). 2013 A-C-Acción | DVD JUE
Dirixe: Gavin Hood. 70 anos despois dunha guerra entre humanos e extraterrestres, un neno é enviado a unha escola militar espacial co fin de preparalo para unha invasión. Adaptación da novela de Orson Scott Card.
Los juegos del hambre: En llamas (DVD). 2013. A-C-Acción | DVD JUE
Dirixe: Francis Lawrence. Katniss volve tras gañar os 74º Xogos da fame. Percibe que se está xestando unha rebelión e o Presidente Snow organiza os 75º Xogos, unha competición especial cunha inesperada novidade que cambiará Panem para sempre.
Los juegos del hambre: Sinsajo. Parte I (DVD). 2014. A-C-Acción | DVD JUE Dirixe: Francias Lawrence. Tras esnaquizar os Xogos e baixo o liderado da comandante Coin e o consello dos seus amigos, Katniss estende as súas ás mentres loita por salvar a Peeta Mellark e a unha nación alentada pola súa valentía.
Juno (DVD). 2007. A-C-Comedia | DVD JUN
Dirixe: Jason Reitman. Juno ten 16 anos e é moi intelixente. Ten unha relación cun compañeiro de clase e queda embarazada. Como el se desentende, ela toma unha decisión coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción.
Colección Cuatriloxía Jurassic Park (DVD). 2015. A-C-Acción | DVD JUR Contén: Parque Jurásico, de Steven Spielberg. 1993. El mundo perdido, de Steven Speilberg, 1997. Parque Jurásico III, de Joe Johnston, 2001. Jurassic World, de Colin Trevorrow, 2015.
CINE Kill Bill: Volumen 1 (DVD). 2003. A-C-Acción | DVD KIL
Dirixe: Quentin Tarantino. O día da súa voda, unha asasina profesional é atacada pola súa propia banda, que obedecen as ordes de Bill, o xefe da organización. Sobrevive, pero queda en coma. 4 anos despois esperta con sede de vinganza.
Kill Bill: Volumen 2 (DVD). 2004. A-C-Acción | DVD KIL
Dirixe: Quentin Tarantino. Tras eliminar a algúns membros da banda que tentaron asasinala o día da súa voda, "Mamba Negra" tenta acabar cos demais, especialmente con Bill, o seu antigo xefe, que a daba por morta.
Kuchu (DVD). 2012. A-C-Documentais | DVD KUC
Dirixe: Katherine Fairfax Wright, Malika Zouhali-Worrall. En Uganda, permitiráse castigar aos homosexuais coa pena de morte. David Kato, o primeiro home de Uganda en "saír do armario", e os seus compañeiros activistas intentan derrocar a lei mentres loitan para sobrevivir.
La lista de Schindler (DVD). 1993. AC-Histórico | DVD LIS
2ª Guerra Mundial. Oskar Schindler organiza un ambicioso plan para ganarse la simpatía de los nazis. Después de la invasión de Polonia por los alemanes consigue, la propiedad de una fábrica. Su gerente, judío, es el verdadero director en la sombra.
El lobo de Wall Street (DVD). 2013. A-C-Drama | DVD LOB Nos anos 80, Jordan Belfort era un mozo honrado que perseguía o soño americano, pero pronto na axencia de valores aprendeu que o máis importante non era facer gañar aos seus clientes, senón ser ambicioso e gañar unha boa comisión.
CINE Matrix (DVD). 1999 A-C-Acción | DVD MAT Dirixe: Andy e Lana Wachowski. Thomas Anderson é un brillante programador dunha respectable compañía de software. Pero fose do traballo é Neo, un hacker que un día recibe unha misteriosa visita...
Matrix Reloaded (DVD). 2003. A-C-Acción | DVD MAT Dirixe: Andy e Lana Wachowski. Neo, Morpheo, Trinity e o resto da tripulación continúan na loita contra as máquinas que han esclavizado á raza humana. Agora máis humanos foron espertados e tentan vivir no mundo real.
Matrix Revolutions (DVD). 2003. A-C-Acción | DVD MAT
Dirixe: Andy e Lana Wachowski.. Todo o que ten un comezo ten un final. A guerra estala na superficie da terra mentres as máquinas invaden Zion. Alí onde Reloaded significaba vida, Revolutions apunta á morte...
Mucho ruido y pocas nueces (DVD). 1993. A-C-Comedia | DVD MUC Dirixe: Kenneth Branagh. O Príncipe Don Pedro de Aragón regresa vitorioso dunha batalla acompañado do seu irmán bastardo Don Juan, de Benedicto e de Claudio. Son recibidos con xúbilo nunha vila da campiña siciliana.
Mystic River (DVD). 2003. A-C-Intriga | DVD MYS Dirixe: Clint Eastwood. Cando Jimmy, Dave e Sean eran nenos, pasaban os días xogando ao hockey. Pero, un día, ocorreu algo que marcou para sempre a súa vida e a dos seus amigos. 25 anos despois, outra traxedia os volve unir.
CINE 125 aniversario : National Geographic (DVD). 2003. A-C-Documentais | DVD CIE
Desde a sabana aos confíns máis afastados do espazo, nos últimos 125 anos National Geographic liderou o camiño da exploración. Contén: "Nefertiti y la dinastía perdida", "Los secretos del Titanic", "Gigantes del océano", "Yellowstone Desconocido" e "Los Secretos Del Mediterráneo".
Origen (DVD). 2010. A-C-Acción | DVD ORI
Dirixe: Christopher Nolan. Dom é experto en penetrar no subconsciente alleo. A súa habilidade fíxoo renunciar a levar unha vida normal. A única oportunidade de cambiar de vida será facer o contrario do que fixo sempre: a incepción.
Pack Súper Héroes (DVD). A-C-Acción | DVD PAC
Contén: X-Men orígenes: Lobezno, de Gavin Hood. 2009. Los 4 fantásticos y Silver Surfer, de Tim Story. 2007. Daredevil, de Mark Steven Johnson. 2003. Elektra, de Rob Bowman. 2005.
Pequeña Miss Sunshine (DVD). 2006. A-C-Comedia | DVD PEQ
Dirixe: Jonathan Dayton, Valerie Faris. Os Hoover son unha familia moi peculiar, e Olive, a filla pequena quere ser unha raíña da beleza. Cando a convidan a participar no concurso de 'Pequena Miss Sunshine, en California, acompáñaa toda a familia.
El perfume: Historia de un asesino (DVD). 2006. A-C-Intriga | DVD PER Dirixe: Tom Tykwer S. XVIII. París. Jean-Baptiste Grenouille é un nariz prodixioso e non descansará ata converterse no mellor perfumista da súa época e, na procura do Gran Perfume, asasinará en serie ás máis fermosas rapazas.
CINE El pianista (DVD). 2003. A-C-Documentais | DVD PIA Dirixe: Roman Polanski. Wladyslaw Szpilman, un pianista xudío, vive coa súa familia no ghetto de Varsovia. Cando os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación, pero terá que vivir escondido e illado durante moito tempo.
El planeta de los caracoles (DVD). 2011. A-C-Documentais | DVD PLA Dirixe: Yi Seung-jun. Historia da vida cotiá de Young-Chan, cego e xordo, e a súa esposa Soon-Ho, con problemas na espiña dorsal, e da intensa comunicación que establecen a través da linguaxe de acenos táctiles.
Pompeya: un héroe nacerá de las cenizas (DVD). 2014. A-C-Histórico | DVD POM
Dirixe: Paul W.S. Anderson. Milo ve cómo a su amor la obligan a prometerse con un corrupto senador. Cuando el Vesubio entra en erupción, Milo intentará salvarla...
Regreso al futuro (DVD). 1985. A-CAcción | DVD REG
Dirixe: Robert Zemeckis. Marty McFly é amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo. Doc crea unha máquina para viaxar no tempo e un erro fortuíto fai que Marty chegue a 1955, cando os seus futuros pais aínda non se coñeceron.
Regreso al futuro II (DVD). 1989. A-C-Acción | DVD REG Dirixe: Robert Zemeckis. Doc aparece de improviso coa máquina do tempo, e insta a que lle acompañen el e a súa noiva para viaxar ao futuro para solucionar un problema coa lei que terá un dos seus futuros fillos.
CINE Regreso al futuro III (DVD). 1990. A-C-Acción | DVD REG Dirixe: Robert Zemeckis. Marty McFly segue en 1955 e o seu amigo Doc retrocedeu ao ano 1885, a época do salvaxe oeste. Este envíalle unha carta onde comenta que a máquina do tempo está avariada, e que é imposible reparala.
My Reincarnation (DVD). 2010. A-C-Documentais | MYR
Cando o teu pai é un mestre tibetano e ti a reencarnación dun mestre espiritual, é moi difícil escapar do negocio familiar. Yeshi, nacido en Italia, loita contra o seu pai, o destino e o divino en My Reincarnation.
El sexto sentido (DVD). 1999. A-CIntriga | DVD SEX Dirixe: M. Night Shyamalan. Malcom é un psicólogo obsesionado polo recordo dun paciente ao que foi incapaz de axudar. Cando coñece a Cole, un aterrorizado e confuso neno de oito anos, preséntaselle a oportunidade de redimirse.
El show de Truman (DVD). 1998. A-CDrama | DVD SHO
Dirixe: Peter Weir. Truman ten unha vida corrente, pero uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está a ocorrer. Os seus amigos son actores, a súa cidade é un estudio, a súa vida está a ser emitida como un reality show.
Sin City (DVD). 2005. A-C-Intriga | DVD SIN Dirixe: Robert Rodriguez, Quentin Tarantino, Frank Miller. En Sin City, cidade de policías corruptos e atractivas mulleres, uns buscan vinganza, outros redención, ou ambas as cousas á vez.
CINE Snatch: Cerdos y diamantes (DVD). 2000. A-C-Intriga | DVD SNA Dirixe: Guy Ritchie. Franky ten que entregar un valioso diamante ao seu xefe Avi, pero antes déixase convencer por un tal Boris para apostar nun combate ilegal de boxeo. En realidade, é unha trampa para arrebatarlle o diamante.
Spider-Man (DVD). 2002. A-C-Acción | DVD SPI Dirixe: Sam Raimi. Tras a morte dos seus pais, Peter Parker vive cos seus tíos. Un día mórdelle unha araña modificada xeneticamente; ao día seguinte, descobre que posúe a forza e a axilidade dese insecto.
Spider-Man 2 (DVD). 2004. A-C-Acción | DVD SPI
Dirixe: Sam Raimi. Hai 2 anos desde que Peter deixou a Mary Jane e decidiu asumir as súas responsabilidades como Spider-Man. Debe afrontar novos desafíos mentres loita contra o don e a maldición dos seus poderes.
Spider-Man (DVD). 2007. A-C-Acción | DVD SPI
Dirixe: Sam Raimi. Peter acadou o equilibrio entre amor e responsabilidade. Pero, de súpeto, o seu traxe vólvese negro e adquire novos poderes; transfórmase, mostrando o seu lado máis escuro e vengativo
Tiburón (DVD). 1975. A-C-Intriga | DVD TIB Dirixe: Steven Spielberg. Na costa Este de EE.UU., unha enorme quenlla ataca a varias persoas. Cando o terror se apodera de todos, un cazador de quenllas, un oceanógrafo e o xefe da policía local únense para capturar ao escualo.
CINE Pack Tiburón 2, 3 y "La venganza" (DVD). A-C-Intriga | DVD TIB Contén: Tiburón 2, de Jeannot Szwarc. 1978. El gran tiburón (Tiburón 3), de Joe Alves. 1983. Tiburón, la venganza (Tiburón 4), de Joseph Sargent. 1987
V de Vendetta (DVD). 2006. A-C-Acción | DVD UVE
Dirixe: James McTeigue. No futuro, Gran Bretaña é un país totalitario dirixido por un tirano. Evey é rescatada por un enmascarado chamado "V", que ten como obxectivo facer estalar unha revolución contra o goberno fascista.
Viaje a Darjeeling (DVD). 2007 A-C-Comedia | DVD VIA
Dirixe: Wes Anderson. Francis, Peter e Jack son tres irmáns que se foron distanciando e xa nin se falan. A morte do seu pai reúneos de novo e o maior propón unha viaxe en tren dun extremo ao outro da India.
La vida de Adèle (DVD). 2013. A-C-Drama | DVD VID
Dirixe: Abdellatif Kechiche. Adèle ten quince anos e ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece e namórase inesperadamente de Emma, unha muller que lle mostra o camiño do desexo e a madurez.
La vida es bella (DVD). 1997. A-C-Drama | DVD VID Dirixe: Roberto Benigni. Al estallar la 2ª Guerra Mundial, Guido y su familia son internados en un campo de exterminio, donde Guido hará lo imposible para hacer creer a su hijo que la terrible situación que viven es tan sólo un juego.
CINE ¡Vivan las antípodas! (DVD). A-CDocumentais | DVD VIV
Dirixe: Victor Kossakovsky "Vivan las antípodas!" elixe oito puntos opostos do globo, mostrando neles... oito puntos opostos do globo. Iso si, faio cun luxo fotográfico digno da revista Life.
SERIES E COLECCIÓNS Todas as novidades en series para todo tipo de públicos, idades e gustos! American Horror Story: Murder House (DVD). 2011. A-Series | DVD AME Ben e a súa esposa Vivien trasládanse a unha nova casa para de reconstruír a súa vida. Unha moza que traballou nesa casa, aparece aos ollos de Vivien como unha sexagenaria; Ben, en cambio, percíbea como unha muller nova.
Breaking Bad: Temporada 1 (DVD). 2008. A-C-Series | DVD BRE Walter White leva unha vida mundana como profesor de química nun instituto. Diagnostícanlle cancro e decide utilizar os seus coñecementos de química para elaborar metanfetamina cun dos seus antigos alumnos e así deixarlle á súa familia diñeiro.
Breaking Bad: Temporada 2 (DVD). 2009. A-C-Series | DVD BRE Walter segue enfrontándose a si mesmo e ás facturas médicas do seu tratamento. A pesar das malas experiencias, decide seguir coa produción de metanfetamina con Jesse e está de acordo en reunir un grupo de traballo para facilitar a distribución.
Breaking Bad: Temporada 3 (DVD). 2010. A-C-Series | DVD BRE Walter quere reunir á súa familia, pero Skyler, consternada pola confesión, pide un divorcio definitivo. Mentres tanto, Gus ofrécelle a Walt pagar tres millóns de dólares por tres meses do seu servizo.
SERIES E COLECCIÓNS Breaking Bad: Temporada 4 (DVD). 2011. A-C-Series | DVD BRE Calquera trato cordial entre Walt e Gus está definitivamente roto e Walt tentará por todos os medios saír de alí sen morrer no intento. Hank comparte as súas pescudas con el e a relación con Jesse foise encrespando.
Breaking Bad: Temporada 5 (DVD). 2012. A-C-Series | DVD BRE Última temporada universalmente aclamada pola crítica dunha serie sobre sangue, metanfetamina e bágoas. Walter White redímese e recoñece que o ego sempre foi o seu principal motor, pero tamén toca realmente fondo.
Juego de Tronos: Temporada 1 (DVD). 2011. A-Series | DVD JUE Baseada na serie de novelas "Canción de xeo e lume" do escritor George R. R. Martin. A serie ten lugar no continente ficticio de Poñente e narra as violentas loitas dinásticas entre varias familias nobres polo control do Trono de Ferro.
Juego de Tronos: Temporada 2 (DVD). 2012. A-Series | DVD JUE A segunda temporada baséase en "Choque de Reyes", a segunda novela de "Canción de Xeo e Lume" de George R. R. Martin.
Juego de Tronos: Temporada 3 (DVD). 2013. A-Series | DVD JUE A terceira temporada baséase na primeira parte de "Tormenta de Espadas", a terceira novela de "Canción de Xeo e Lume" de George R. R. Martin.
SERIES E COLECCIÓNS Juego de Tronos: Temporada 4 (DVD). 2014. A-Series | DVD JUE A 4ª temporada baséase maiormente na 2ª parte de "Tormenta de Espadas", a 3ª novela de "Canción de Xeo e Lume" de George R. R. Martin, pero inclúe liñas argumentais de "Festín de Corvos" e "Danza de Dragóns", 4ª e 5ª novela da serie respectivamente.
Los pilares de la tierra (DVD). 2010. A-Series | DVD PIL Dirixe: Sergio Mimica-Gezzan. Adaptación da novela de Ken Follett. Na Idade Media, unha fascinante época, o amor e a morte entrecrúzanse vibrantemente neste tapiz cuxo centro é a construción dunha catedral gótica.
Colección La guía máxima: grandes felinos (DVD). 2004. A-Series | DVD GUI Goza e aprende con esta Guía Máxima todo sobre estes belos animais que tanto achegaron á raza humana. Coñece absolutamente todas as curiosidades neste minucioso estudo sobre o fascinante mundo do cabalo.
Colección La guía máxima: Caballos (DVD). 2004. A-Series | DVD GUI
Goza e aprende con esta Guía Máxima todo sobre estes belos animais que tanto achegaron á raza humana. Coñece absolutamente todas as curiosidades neste minucioso estudo sobre o fascinante mundo do cabalo.
Colección La guía máxima: Delfines (DVD). 2003. A-Series | DVD GUI Esta Guía Máxima móstranos unha visión descoñecida mundo dos golfiños. Os nadadores máis espectaculares e intelixentes do mundo. Seres pacíficos, intelixentes, os golfiños sempre provocaron o noso afecto e fascinación.
SERIES E COLECCIÓNS Colección La guía máxima: Gatos (DVD). 2004. A-Series | DVD GUI Esta Guía Máxima explicarache as características destes felinos, todas as variantes de razas desfilan con orgullo por este ameno e educativo DVD, sen esquecer o seu principal característica: o gato é un cazador nato e individualista.
Colección La guía máxima: Perros (DVD). 2004. A-Series | DVD GUI Neste DVD coñeceremos toda a historia destes sorprendentes animais, desde o can doméstico ata os cans salvaxes. Explicaremos cómo evolucionaron nun comparativo das variadas razas que existen.
LIBROS INF A NTÍS Todas as novidades editoriais para nenos e nenas! Teresa Sabaté e Rita Culla. Chup-Chup: Leemos con Teresa, Pepe y Lola. Sabatella, 2011. I/4-7 /Coñecer
Con esta colección de 20 contos coñeceremos a Teresa, Pepe, Lola e a súa familia. Con eles aprenderemos as letras, iniciarémonos na lectura e pasaremos moitos momentos divertidos.
Roberto Pavanello. Bat Pat: 1-10. Montena, 2010-2016. I/7-9/Coleccións | N PAV bat
Bat Pat é un morcego detective que se enfronta a bruxas, vampiros, mamuts e piratas. En todas as súas vivencias os irmáns Silver axudarano a resolver os misterios aos que se enfronta en cada libro.
Javier Villatoro e Julián Villatoro. La patrulla zombi: 1-6. Susaeta, 201?. I/7-9/Coleccións | DVD BRE
Case todo o mundo caeu baixo o poder do raio verde zombificador, pero seguiremos loitando por devolver ao mundo ao seu estado orixinal. Por algo somos A Patrulla Zombi!
Jeff Kinney. Diario de Greg: 1-7. RBA, 2013-2015. I/10-12/Coleccións | N KIN dia
Greg comezou a escribir as súas "memorias" a petición da súa nai, el fíxoo polo convencemento de que algún día sería rico e famoso. A súa personalidade egocéntrica, fantasiosa e preguiceira pono en apretos pola súa falta de madurez e sentido social.
LIBROS INF A NTÍS Rachel Renée Russell. Diario de Nikki: 1-8. RBA, 2012-2015. I/10-12/Coleccións | N RUS dia
Nikki ten 12 anos cando cambia de colexio. Alí coñece ás súas mellores amigas, coas que vivirá aventuras, namórase de Brandon, anda en leas coa súa irmá e peléxase coa súa inimiga.
Katja Centomo e Francesco Artibani. Monster Allergy: 1-3. Planeta Junior, 2011-2012. I/10-12/BD | BD CEN MON
Ezequiel padece alerxias múltiples, pero iso permítelle ver monstros e dominar a algúns deles, por iso dedícase a controlar aos que, aínda que son inofensivos, poderían dar problemas.
CINE INF A NTIL Todas as novidades cinemátográficas para nenos e nenas! Barrio Sésamo - Juega conmigo (24 DVD). 2011. I-Audiovisuais | DVD BAR Ben e a súa esposa Vivien trasládanse a unha nova casa para de reconstruír a súa vida. Unha moza que traballou nesa casa, aparece aos ollos de Vivien como unha sexagenaria; Ben, en cambio, percíbea como unha muller nova.
Big Hero 6 (DVD). 2014. I-Audiovisuais | DVD BIG Walter White leva unha vida mundana como profesor de química nun instituto. Diagnostícanlle cancro e decide utilizar os seus coñecementos de química para elaborar metanfetamina cun dos seus antigos alumnos e así deixarlle á súa familia diñeiro.
Las crónicas de Narnia: La travesía del viajero del alba (DVD). 2010. I-Audiovisuais | DVD CRO
Terceira entrega da saga. Edmund, Lucy e o seu curmán Eustace embarcan na nave O Viaxeiro do Alba para buscar aos sete cabaleiros que foron expulsados do reino polo usurpador do trono de Narnia.
Frozen: El reino del hielo (DVD). 2013. I-Audiovisuais | DVD FRO
Unha profecía condena a un reino para vivir un inverno eterno, Anna, Kristoff e Sven emprenden unha viaxe en busca de Elsa, irmá de Anna e Raíña das Neves, para poñer fin ao xélido feitizo.
CINE INF A NTIL Los Goonies (DVD). 1985. I-Audiovisuais| DVD GOO Mikey, o seu irmán e os seus amigos forman un grupo chamado "os Goonies". Un día deciden subir ao faiado da súa casa, onde atopan o mapa dun tesouro perdido da época dos piratas, e deciden saír a buscalo repletos de espírito aventureiro.
Jumanji (DVD). 1995. I-Audiovisuais | DVD JUM Alan Parris queda atrapado durante 25 anos nun xogo de mesa máxico e moi antigo chamado Jumanji. Cando, por fin, é liberado por dous nenos, unha manda de animais exóticos queda tamén en liberdade.
Pack Cenicienta + Maléfica (DVD). 2015. I-Audiovisuais | DVD MAL Baseada na serie de novelas "Canción de xeo e lume" do escritor George R. R. Martin. A serie ten lugar no continente ficticio de Poñente e narra as violentas loitas dinásticas entre varias familias nobres polo control do Trono de Ferro.