Unha biblioteca de conto! Guía de libros de relatos para adultos O relato é unha arte que ás veces non está debidamente valorada. En poucas páxinas o autor debe tecer unha historia convincente, crear personaxes que interesen ao lector e conducir a historia cara ao seu desenlace. Unha fazaña que pode ser difícil de acadar mesmo cun alto grao de experiencia. sen embargo, un bo relato ou conto literario pode ser unha verdaeira obra mestra, e diso dá fe o feito de que moitos dos máis notables escritores da historia o cultivaron. Porque se pode dicir moito con moi pouco. A continuación, unha recopilación dos libros de relatos que podedes atopar na biblioteca Rego da Balsa.
Italo Calvino. Las ciudades invisibles. Siruela. N CAL ciu. A/ Social Relatos sobre as viaxes de Marco Polo. Evoca non só unha idea atemporal da cidade, senón que desenvolve, de maneira unhas veces implícita e outras explícita, unha discusión sobre a cidade moderna...
Xavier Queipo. 55. Xerais N QUE cin. A/ Fantástica Colección de 55 relatos que configuran un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis.
Harold Bloom. Relatos y poemas para niños extremadamente inteligentes de todas las edades. Anagrama. N rel. A/ Poesía Frente a Internet, la televisión y los videojuegos, que amenazan con alejar a los jóvenes de la lectura, Bloom presenta un libro que divierte, desafía y seduce a los lectores.
Katherine Mansfield. Cuentos completos. Alba. N MAN cue 73 contos e 15 fragmentos da mestra do conto moderno polo seu talento para revelar as melancólicas correntes baixo os pequenos incidentes cotiáns, e o seu tratamento desapegado, preciso e minucioso.
Antología del cuento portugués. Alfaguara. OX ant. A/ Outros Xéneros Compilado por Joäo de Melo, esta antoloxía abarca máis dun século de historia, desde o momento en que o conto adquire a súa madurez definitiva, grazas aos autores románticos, ata os nosos días, nos que a chegada dun novo século aumenta a necesidade de renovar o xénero.
Katherine Anne Porter. Cuentos completos . Debolsillo. OX POR cue. A/ Outros xéneros Os seus personaxes, perseguidos pola violencia e a incerteza do mundo mexicano, loitan pola supervivencia, escindidos entre a sensualidade e a tolemia. Desa terra abandonada polos deuses, xorde un espazo do que a autora sabe arrincar dolorosos escintileos de beleza. Francisco Coloane. Cuentos completos. Alfaguara N COL cue. A/ Histórica Este volume está cheo de imaxes inesquecibles. O lector achará nestes contos o espírito da aventura xunto ao espírito da escritura, de xeito conxunto; porque no esencialismo de Coloane está, limpo e espido, o espírito da escritura. Por iso os seus relatos permanecen. Sergio Pitol. Los mejores cuentos. Anagrama. OX PIT mej. A/ Outros xéneros Nos contos desta selección, Pitol escribe sobre personaxes demoniacos, sobre persoas a quen se lles revela a realidade do mundo por un instante e ven como se lles escapa , ou sobre a verdade e o inefable.
José Filgueira Valverde. Quintana viva. Galaxia. N FIL qui. A/ Vida cotiá Os relatos inícianse con "Os nenos", narracións escritas non ronsel das "cousas" de Castelao, nas que o autor reflicte a vida galega. Personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral. Stefano Benni. A derradeira bágoa. Laiovento. N BEN der. A/ Social Vinte e sete historias para chorar de risa ou rir de desesperación. Historias que retratan ou simbolizan a monstros próximos dos que somos, día a día, vítimas ou cómplices (cando non somos eles mesmos)
Manuel Núñez Singala. Instrucións para tomar café. Galaxia. N NUÑ ins. A/ Vida Cotiá Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Suso Lista. Xeixos. Embora. N LIS xei. A/ Vida cotiá Un libro que sabe a mar, o mar de Corme, protagonista real de todos os relatos onde se dan situacións diferentes que retratan as almas da xente da costa. Os seixos son de múltiples cores e tamaños, igual que os relatos. Por iso definen os 30 relatos dos que consta o libro. Suso Lista. Salseiros. Embora. N LIS sal. A/ Social Suso Lista xunta nun libro cincuenta reflexións a medio camiño entre o relato ficcional e a crónica vital, que afondan as súas raíces no espazo que lle é consubstancial ao autor: Corme e o mar do Roncudo. Ten ese espírito de bitácora que recolle pensamentos, experiencias, desexos, acordos ou trasacordos do día a día. Manuel Rivas. Que me queres, amor?. La Voz de Galicia. 94 RIV que Dezaseis relatos curtos, elaborados usando con mestría a linguaxe do cotián, o que fai que os relatos, ademais de cribles, resulten familiares e próximos. Teñen un final inesperado que nos dá pé para a reflexión sobre a vida, as persoas e as súas relacións. Eberhardt, Isabelle. País de arena : relatos argelinos. Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. OX EBE pair. A/ Outros xéneros Isabelle Eberhardt é unha tránsfuga da Europa civilizada, que percorre travestida de cabaleiro árabe as areas do deserto en busca da súa outra identidade: unha identidade que non fose froito nin da imposición nin da herdanza nin do sacrificio.
John Cheever. Relatos 1 . Emecé. N CHE rel. A/ Social Estes relatos constitúen un dos textos fundamentais da literatura do século XX. Unha auténtica obra mestra hoxe desaparecida das librerías españolas cunha gran repercusión entre a crítica e unha excelente acollida entre os lectores. Walter Benjamin . Historias y relatos. El Aleph N BEN his. A/ Vida cotiá Con esta colección de relatos, o lector gozará do pracer de ler ao Walter Benjamín narrador. Na máis pura tradición oriental, Benjamín detense a escoitar para despois escribir, e fixar así a experiencia, para que non se perda nin un instante, nin unha historia. Gerald Durrell. Un novio para mamá y otros relatos. Alianza. N DUR nov. A/ Psicolóxica Ademais do relato que dá título ao libro un episodio inédito dos avatares da familia Durrell en Corfú, recóllense outros sete contos que tocan desde o terror psicolóxico ata a divertida peripecia persoal.
Ánxel Fole. Á lus do candil. Galaxia. N FOL lus. A/ Vida cotiá O libro está composto por quince relatos. O primeiro serve como inspiración dos seguintes, cunha estrutura macro da acción en espiral, creadora do espazo en que se desenvolve. Os contos falan de lobos, de premonicións e de aparecidos. Xavier Alcalá. Contos das Américas. Xerais. N ALC con. Narracións breves do ciclo americano de Xavier Alcalá nunha sucesión xeográfica, de Norte a Sur: A multiculturalidade de California, a escravitude de Brasil, a selva de Paraguay, ou a colonización en Arxentina son temas que toca neste conxunto de relatos curtos.
Alfonso Álvarez Cáccamo. Catapulta . Xerais. N ALV cat. A/ Psicolóxica Dez relatos cheos de humor que fan as ledicias de quen o le. Por Catapulta pasean eses protagonistas comúns, rutineiros, dos que tanto gusta o autor, que sempre teñen algo que dicir e que na maior parte dos casos nos sorprenden no momento máis inesperado do relato. Inma López Silva . Tinta. Galaxia N LOP tin. A/ Vida cotiá Entre uns relatos e outros, lectores e lectoras han atopar como fío condutor a unidade que as teimas, as obsesións e as paixóns da autora lle outorgan. Trátase, pois, da "tinta" que correu polas veas da escritora ao longo dos dez últimos anos. Mercedes Leobalde. Funambulistas. Xerais. N LEO fun. A/ Vida cotiá Libro de relatos, moitos deles ligados entre si. de ampla variedade de situacións, circunstancias e personaxes, nos que predomina a primeira persoa. Do dramatismo ao suspense, da denuncia ao humor, este libro está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas Arantza Potabales Santomé. A Celeste la compré en un rastrillo. Zaera Silvar. N POR cel. A/ Vida cotiá Un libro con máis de cen micrrorelatos (ilustrados por Dictinio de CastilloElejabeytia) que debullan as sorpresas que nos reserva o cotián, a faísca escondida en calquera recuncho e o misterio nas relacións humanas. Dorothy Parker. Narrativa completa. Debolsillo. N PAR nar. A/ Social O seu era tomarse un Martini, dous como moito. Despois do terceiro, xa estaba debaixo da mesa, e ao cuarto... debaixo do seu anfitrión. Facendo gala dun humor que rabuñaba os bos hábitos da burguesía de entón, Dorothy convertésese en personaxe e a súa obra lese como a alegre guarnición dunha vida dedicada ao chiste enxeñoso.
Edgar Allan Poe. Cuentos 1 y 2 . Alianza. C POE cue. A/ Clásicos Compilación dos 67 contos publicados ao longo da súa vida na magnífica tradución levada a cabo por Julio Cortázar. O primeiro volume reúne as narracións dominadas polo terror, mentres que o segundo recolle as exploracións sobre o pasado e o futuro. Robert Graves . Dioses y héroes de la antigua Grecia. El Mundo N GRA dio. A/ Histórica O autor de Eu, Claudio ou A filla de Homero, pon ao alcance de todos, novas e maiores, os mitos gregos, imprescindibles para comprender non só a civilización grega e aínda a romana, se non tamén para gozar en toda a súa riqueza da arte e a cultura occidentais. Manuel Rivas. O máis estraño. Xerais. N RIV oma. A/ Psicolóxica Todo aquilo que identificamos como propio da escrita de Manuel Rivas aparece aquí codificado: a esculca nos sentimentos, a viaxe polas rexións escuras do individuo, as pulsións ingobernables que empurran o ser e aínda a complexa instalación social dese cazador solitario que é o ser humano. Jorge Bucay. Déjame que te cuente. RBA. N BUC dej. A/ Psicolóxica Demián é un raparigo que desexa saber máis sobre si mesmo. Esta procura condúcelle ata Jorge, o Gordo, un psicanalista moi peculiar que lle axuda a enfrontarse á vida e a atopar as respostas que está a buscar cun método moi persoal: cada día explícalle un conto. Pu Songling. Cuentos de Liao Zhai. Alianza. N PUS cue. A/ Fantástica Foron escritos a finais do século XVII e representan a culminación do relato fantástico chinés como xénero literario. Seguindo a longa tradición da literatura fantástica en lingua culta, recréase un mundo de espectros, demos, magos, animais sabios e espíritos reencarnados que conviven co común dos mortais.
A la sombra del maestro: Cuentos clásicos Edgar Allan Poe. Mosaico N POE ala. A/ Intriga Reunidos aquí xunto ás máis notables obras de Poe están os breves ou longos pensamentos dos que o seguen, os escritores que directa ou non tan directamente se inspiraron nel para celebrar o seu 200 aniversario. Woody Allen . Cuentos sin plumas. Tusquets N ALL cue. A/ Psicolóxica Estes escritos satíricos reflicten a esencia mesma das preocupacións que obsesionan ao autor: Deus, a morte, o amor e o sexo. Segue sorprendendo a enorme capacidade de Woody Allen para rirse, e facernos rir, de nosa propia torpeza no momento de enfrontarnos precisamente con aqueles problemas que máis fondamente nos afectan. Jorge Bucay. Cuentos para pensar. RBA. N BUC cue. A/ Psicolóxica Tras levarnos polos carreiros máxicos de "Déjame que te cuente, Bucay ofrécenos estas historias, froito da súa propia inventiva. O seu obxectivo é crear un vínculo co lector no que o conto se convirta nun lazo único co escritor. Bucay ante todo fai unha apoloxía da solidez e a fiabilidade da indiscutible mirada do sentido común. Voltaire. Cándido y otros cuentos. Alianza. N VOL can. A/ Social O presente volume, presentado e seleccionado por Paulino Garagorri, inclúe cinco contos «Memnón», «Micromegas», «Historia das viaxes de Escarmentado» e «O home dos corenta escudos», ademais de CÁNDIDO, centrados todos eles na sátira do mundo europeo. Víctor González. El río que se secaba los jueves. Anaya N GON rio. A/ Psicolóxica Un libro de contos curtos agrupados, segundo a súa temática, en dez bloques. Todos pertencen á categoría do nonsense, do absurdo, do imposible. A narración destila un humor afiado, preciso, culto e existen numerosas analogías entre os contos e sucesos de actualidade ou da realidade.
Julio Ramón Ribeyro. Cuentos: antología. Espasa N RIB cue. A/ Vida cotiá Ribeyro é herdeiro do conto do século XIX, de Kafka e Borges. Valora a sinxeleza por encima da innovación técnica dos escritores do boom, e desenvolve un estilo persoal e novo, cargado de simboloxía, que distorsiona a realidade e dá sensación de caos, maxia e fantasía. Harold Bloom . Cuentos y cuentistas : el canon del cuento. Páginas de espuma 82.09 BLO cue. Bloom non se limita a facilitarnos unha colección dos seus relatistas favoritos, senón que achega zumentas reflexións sobre a narrativa breve, a súa dinámica interna propia e única, e a súa natureza ambigua como xénero independente da épica, da novela ou da poesía. Lafcadio Hearn. El niño que dibujaba gatos y otros cuentos japoneses. Ediciones del viento. N HEA niñ. A/ Fantástica Lafcadio Hearn atopou no Xapón a calidez humana que estivera buscando durante toda a súa vida. Por iso cambiou o seu nome, casou coa filla dun samurai e non volveu xamais a saír do arquipélago.
Emilia Pardo Bazán. Cuentos completos. Fundación "Pedro Barrie de la Maza Conde de Fenosa" N PAR cue. A/ Vida cotiá Relatos dunha riqueza e complexidade inclasificable , ata a autora cando intenta clasificar os seus contos, non tenta máis que agrupa algúns de temas moi variados aparecidos na prensa ata un determinado momento. Geoffrey Chaucer. Cuentos de Canterbury. Cátedra C CHA cue. A/ Clásicos A peregrinación ao santuario de Canterbury para visitar a tumba de Santo Tomás Beckett é o marco no que se desenvolve esta colección de contos. Os seus personaxes son peregrinos que representan ás distintas categorías sociais. Xunto a unha sutil ironía, mestura de sátira e humor, aparecen interesantes aseveracións astronómicas, médicas e de alquimia.
Augusto Monterroso. Cuentos. Espasa OX MON cue. A/ Outros xéneros Relatos, ensaios e fábulas que, baseados nunha enorme capacidade de observación, se plasman nunha prosa de singular precisión afinada polo paradoxo e un sutil humor. Constituén unha mostra significativa da mestría de Monterroso no relato breve. Horacio Quiroga . Cuentos. Cátedra. C QUI cue. A/ Clásicos Horacio Quiroga é un perseguidor da aspereza da selva e optou por un mundo que lle levou directamente á intemperie, imprescindible para a súa escritura. A selva e os seus rigores son o medio que crea o clima de desprotección necesario para a súa procura artística, provéndolle de materia prima. Benito Pérez Galdós. Cuentos fantásticos.Cátedra. N HEA niñ. A/ Fantástica O adxectivo" fantástico" nesta obra ten unha acepción convencional de inverosímil, de algo que rompe as leis físicas.Inscritos dentro do complexo contexto do realismo do autor, estes doce contos fantásticos son expresións do espírito que de maneira sutil e bela converten en" estraña" a realidade cotiá. Washindton Irving. Cuentos de la Alhambra. Alianza. C IRV cue. A/ Clásicos Washington Irving tivo o privilexio de vivir na Alhambra mentres escribía o libro. Tras recoller todas as lendas dos habitantes da Alhambra, e tras investigar nos arquivos da Biblioteca universitaria granadina, desenvolveu un xénero de novela fantástica de imprescindible lectura. Antón P. Chéjov. Cuentos completos : (1885-1886). Páginas de espuma. C CHE cue. A/ Psicolóxica O pai do conto. Un punto de partida para a literatura. Reúnense os máis de 600 contos que compoñen a totalidade do corpus, moitísimos deles sen editar en español, xunto a aqueles relatos non publicados ou inconclusos en vida do autor.