Unha biblioteca de conto!
XUV ENI L
Guía de libros de relatos para público xuvenil O relato é unha arte que ás veces non está debidamente valorada. En poucas páxinas o autor debe tecer unha historia convincente, crear personaxes que interesen ao lector e conducir a historia cara ao seu desenlace. Unha fazaña que pode ser difícil de acadar mesmo cun alto grao de experiencia. sen embargo, un bo relato ou conto literario pode ser unha verdaeira obra mestra, e diso dá fe o feito de que moitos dos máis notables escritores da historia o cultivaron. Porque se pode dicir moito con moi pouco. A continuación, unha recopilación dos libros de relatos que podedes atopar na biblioteca Rego da Balsa para púbico xuvenil.
Jacob e Wilhem Grimm. El rey de la montaña de oro : Y otros cuentos de los hermanos Grimm. Olañeta. C GRI rey. Xuvenil/ Clásicos Selección de varios dos contos clásicos dos irmáns Grimm, moi populares para nenos e adultos para tantas xeracións ao longo da Historia.
Franz Kafka. A muralla chinesa e outros relatos. Trymar. C KAF mur. Xuvenil/ Clásicos Selección de varios dos contos clásicos do lexendario autor alemán, caracterizado polas súas descricións de situacións insólitas, por absurdas e angustiosas. A súa obra está considerada unha das máis influentes da literatura universal. Guy de Maupassant. Bola de sebo y otros cuentos. Castalia. C MAU bol. Xuvenil/ Clásicos Esta compilación dos seus máis famosos relatos breves permítenos apreciar a configuración do mundo pesimista pero coherente que Guy de Maupassant, que configurou e expresou sempre, cunha linguaxe bela e precisa e cunha exquisita técnica literaria. VV.AA. Cuentos al amor de la lumbre. Alianza. C cue. Xuvenil/ Clásicos Mostra de contos populares españois. Recóllense contos dentro dos que se acharán os quexiran ao redor de Blancaflor, Juan o Oso, príncipes e princesas encantados, as tres marabillas do mundo, nenas perseguidas, nenos valentes, princesas e pastores, mortos agradecidos, seres mitológicos, a ambición castigada e a morte. VV.AA. Cuentos y leyendas universales Polígrafa. C cue. Xuvenil/ Clásicos Contos clásicos ilustrados por STEINLEN, JOB, MYRBACH, VOGEL,..etc. Inclúe os contos: "Pablo na lúa", "Monicreque", "O barón de Krack", "Sete dun golpe", "O paxaro azul", "Juan o Afortunado", "Juan o oso",...etc
Catherine L. Moore. Jirel de Joiry. Anaya. N MOO jir. Xuvenil/ Coleccións O presente volume recolle o ciclo completo de seis relatos protagonizados por Jirel de Joiry, heroína creada por C. L. Moore e reflexo feminino en clave de fantasía heroica da súa outro personaxe; Northwest Smith, un aventureiro da era espacial que reaparece no último destes relatos, "En busca da Pedra da Estrela". Blanca Álvarez. Las costuras del guante. Anaya. N ALV cos. Xuvenil/Fantástica As conversas que manteñen o gato dun sabio e un sapo dono da súa propia charca, sérvenlle á autora para presentarnos estas cinco historias. Cinco textos literarios nos que pasea, entre outros asuntos, polo amor e a morte, a guerra e a arte... e que introducen ao lector nun mundo de fabulación enigmático e suxestivo. Alejandro Dumas. Las tumbas de Saint-Denis y otros relatos. El País. N DUM tum. Xuvenil/ Fantástica Primeira entrega de "Os mil e un pantasmas". O azar leva ao protagonista a presenciar e asinar o atestado dun crime. Máis tarde os presentes comezan a contar as súas diversas experiencias relacionadas co mundo de «ultratumba». Agustín Fernández Paz. Muchachas. Anaya. N FER muc. Xuvenil/ Fantástica Que pasa cando alguén ten unha relación cunha pantasma? Cal é a misión dunha extraterrestre nna Terra? Que segredo garda unha pedra enterrada na praia? Como afrontar o racismo e a discriminación de xénero? Podemos cambiar a realidade ? Sete historias moi diversas cunha rapariga como protagonista. Pedro Ferriol. Un home na praia. Xerais N FER hom. Xuvenil/ Fantástica Paulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos vencellou o seu destino ao do capitán Thomas e ao seu barco, no que navegaron durante 27 anos ata a xubilación do seu vello amigo. Xa en terra, Paulo consola as súas saudades de salitre na praia, onde un día atopará casualmente a Alma, unha serea que lle propón un bico de amor.
Antoni García Llorca. A besta moura. Galaxia. N GAR bes. Xuvenil/ Fantástica O oficio de "lobeiro" no Pireneo catalán: unha vida a medio camiño entre o ser primitivo e o licántropo. Medo e fascinación. Persoas con capacidades especiais para entender as mensaxes do medio natural. O terrible e o marabilloso a dárense a man. Velaquí unha novela que nos leva ás orixes máis auténticas do ser humano. T. W. Higginson. Contos das illas extraordnarias do atlántico. Urco. N HIG con. Xuvenil/ Fantástica Relatos fantásticos creados polo maxín do ser humano desde os tempos dos gregos até a Idade Moderna nos que o denominador común son aquelas illas, reais ou imaxinadas, que sempre espertaron as fantasías de aqueles que ollan o mar con ollos soñadores. William Kotzwinkle. Corazones de madera y otros cuentos intemporales. Lumen. N KOT cor. Xuvenil/ Fantástica Novos contos nos que o autor arrastra ao lector a unha época que nunca existiu, pero que podería existir, lévanos desde o carrusel que cobra vida grazas á maxia dun xenio subterráneo, ata os dous "inútiles" que traballan para perfeccionar a arte de non facer nada, entre Jamesoutros. Mangan. Una aventura extraordinaria en las sombras y otros relatos fantásticos. Valdemar. N MAN ave Xuvenil/ Fantástica Compílanse por primeira vez os seus relatos fantásticos, que basculan entre o conto popular nacionalista (O patán do abrigo gris), a patraña (A historia do vello lobo) ou a reflexión erudita e desencantada da natureza da existencia (Unha dose de sesenta pingas de láudano). VV. AA. Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas. Xunta de Galicia. N con. Xuvenil/ Fantástica Contén: Fina Casalderrey, "O charlatán de feira"; Xosé A. Neira Cruz, "Unha fenda na parede"; María Victoria Moreno, "O grumete"; Helena Villar Janeiro, "Tresky e as botas"
Agustín Fernández Paz. Tres pasos polo misterio. Xerais. N FER tre. Xuvenil/ Intriga Tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror. Concha López Narváez. La sombra del gato y otros relatos de terror. Alfaguara Obradoiro. N LOP som. Xuvenil/ Intriga Os protagonistas dos relatos que contén esta obra deixan escapar o mal, cando, posiblemente, puidesen controlalo. Pero, agora, todo ese mal crece... e vaise transformando en terror! Con esta obra, Concha López Narváez consegue que ao lector se lle corte a respiración. H. P. Lovecraft. Relatos de terror. Xerais. N LOV rel. Xuvenil/ Intriga Oito contos que amosan como este xenial autor inventou un novo xénero no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente para espertar os terrores ancestrais que xacen no noso cerebro. É a literatura de terror «cósmico» que se dirixe á parte máis fonda do cerebro, dominada polos instintos e emocións. Xosé Miranda. As mans do medo. Xerais. N MIR man. Xuvenil/ Intriga Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir. Chris Priestley. Cuentos de terror de los objetos malditos. SM. N PRI cue. Xuvenil/ Intriga A Edgar encántalle ir de visita a casa do seu tío Montague, que sempre ten unha historia que contar: Unha talla de madeira, unha boneca de porcelana, un catalejo, un marco dourado... Tío Montague coñece a historia e a maldición que pesa sobre cada un deses obxectos.
Alvin Schwartz. Historias de miedo 1. SM. N SCH his. Xuvenil/ Intriga Sen dúbida, despois de ler estes horribles relatos, entenderás o porqué dos seguintes consellos: nunca desexes en voz alta ter compañía, non te fíes de ninguén, por moi amable que resulte, e, por nada do mundo pises unha tumba despois de que anoiteza!... Segue lendo: isto non é máis que o principio... Alvin Schwartz. Historias de miedo 2. SM. N SCH his. Xuvenil/ Intriga Sen dúbida, despois de ler estes horribles relatos, entenderás o porqué dos seguintes consellos: nunca desexes en voz alta ter compañía, non te fíes de ninguén, por moi amable que resulte, e, por nada do mundo pises unha tumba despois de que anoiteza!... Segue lendo: isto non é máis que o principio... Alvin Schwartz. Historias de miedo 3. SM. N SCH his. Xuvenil/ Intriga Nestes relatos, a morte é só o principio... Crees que se a parca saúdache hai lugar onde esconderse? Asustaríache oir pasos no medio da noite sabendo que soamente ti estás na casa? Estás a dicir que nunca viches unha pantasma? Coidado con estas historias! Deixaranche sen alento unha vez máis... Steven Zorn. Relatos de fantasmas. Vicens Vives. N ZOR rel. Xuvenil/ Intriga Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cun morto vivente... Un pequeno orfo recibe a visita de dúas nenas pantasmas que non pretenden senón salvarlle a vida... Atréveche a entrar no mundo misterioso e fantástico dos oito contos deste libro. En cada un dos seus recunchos agárdache unha sorpresa. VV.AA. Contos de medo. Tris Tram. N con. Xuvenil/ Intriga "Contos de medo" ofrece unha coidada selección dos máis medorentos relatos da literatura universal, Autores como Poe, Ambrose Bierce, Bram Stoker ou un pioneiro da literatura pantasmal como Daniel Defoe, danse cita neste volume con historias ideadas para sentirnos sós no medio do escuro.
VV.AA. Felices pesadillas. Valdemar. N fel. Xuvenil/ Intriga "Felices Pesadillas" pretende ser a quintaesencia do medo. Reúne esta antoloxía corenta relatos doutros tantos autores, e o lector descubrirá nela, pois así se pretendeu, os temas clásicos dos contos de terror: a morte, as pantasmas, o diaño, os vampiros, os sabios psicópatas, a vinganza, a fatalidade... VV.AA. Los mejores relatos de terror llevados al cine. Alfaguara. N mej. Xuvenil/ Intriga O ladrón de cadáveres, Robert L. Stevenson. O gato negro, Edgar Allan Poe, símbolo todopoderoso do mal. A familia do Vurdalak. Alexéi Tolstoi. Un vampiro converte nun ser como el a toda a súa familia. Os paxaros, Daphne du Maurier. Unha estraña tolemia apoderouse dos paxaros. Dmitri Naguishkin. Cuentos del río Amur. Laurín N NAG cue. Xuvenil/ Social colección de relatos inspirados no folclore do Extremo Oriente. Naguishkin, utilizando imaxes tradicionais, recolle os temas e lendas destes pobos. O libro contén belas ilustracións en branco e negro e cor de Guennadi Pavlishin con en o que obtivo a medalla de ouro na Exposición de Bratilava e na Exposición de Leipzig. Miguel Anxo Murado. El sueño de la fiebre. Lengua de trapo. N MUR sue. Xuvenil/ Social A protagonista é a febre como unha imaxe que enlaza historias. Lugares e tempos diferentes sobrepóñense como variacións dun mesmo tema, o do delirio. Máis que un compendio de relatos é un libro no que é tarefa do lector atopar o fío secreto co que están cosidas as historias. Ramón Caride. Exogamia 0.3. Xerais. N CAR exo. Xuvenil/ Vida cotiá O protagonista deste libro é a febre como unha imaxe que enlaza historias. Lugares e tempos diferentes sobrepóñense como variacións dun mesmo tema, o do delirio como forza creadora. Máis que un compendio de relatos é un libro unitario no que é tarefa do lector atopar o fío secreto co que están cosidas as historias..
Fina Casalderrey, Paco Martín, Magdalena de Rojas. Tres pegadas. Xunta de Galicia. N CAS tre. Xuvenil/ Vida cotiá "Tres pegadas" recolle tres contos dos premios nacionais de literatura, Fina Casalderrey e Paco Martín, da escritora Magdalena Rojas, e debuxos de Uqui Permuy. Xavier Costa Clavell. Lume esmorecido. Ir indo. N COS lum. Xuvenil/ Vida cotiá Once narracións onde se recrea un universo en que se reflicte a grandeza e a miseria do ser humano e que ten como impulsor a conxugación de forzas contrapostas. Estas forzas, ademais de dar vida ós relatos, correspóndense coas mesmas que fan avanzar a vida cara á inmortalidade. Enrique Labarta Pose. Contos. Galaxia. N LAB con. Xuvenil/ Vida cotiá Este libro devólvenos o máis meritorio dun home que tivo como principal obxectivo a pervivencia da contística popular. Estes Contos reúnen oito dos seus mellores relatos. A edición foi preparada por Xosé Manuel Varela e Xosé María Lema, quen asinan senllos estudios introductorios sobre a literatura e a lingua de Labarta. Paco Martín. Auga para encher un cesto. Tambre. N MAR aug. Xuvenil/ Vida cotiá Historias que conflúen como ríos no mar da narración das vivencias humanas. Velaquí a mensaxe de fondo que percorre cada un dos contos que compoñen este libro. Relatos nos que sabemos, por exemplo, cómo un inmigrante africano reinventa a esperanza na vida lonxe do país de orixe. Xavier Queipo. Saladina. Galaxia. N QUE sal. Xuvenil/ Vida cotiá Velaquí un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores. É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios, os rufiáns, as nenas eos rapaces co que nunca viron... nin verán".