179 ANIVERSARIO
ROSALÍA DE CASTRO
Nada en Compostela o 24 de febreiro de 1837, filla dunha fidalga e un sacerdote pasa parte da súa infancia en Padrón ó coidado das súas tías. Con 20 anos publica o seu primeiro libro de poemas “La Flor” no xornal La Iberia. En 1858 casa con Manuel Murguía en Madrid e publica a súa primeira novela “La Hija del Mar”; tamén publica o manifesto feminista “Lieders”. O matrimonio ten 7 fillos. En 1861 sae á luz o seu primeiro poema escrito en galego, “Adiós ríos, adiós fontes” e en 1863 publica “Cantares Gallegos”, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia. En Simancas, donde o seu marido é nomeado director do arquivo, escribe grande parte do poemario “Follas Novas” que se publica en 1880 sendo a obra que a consagra como grande poetisa galega. En 1884 publica o seu último libro de poemas “En las orillas del Sar”. Fina ós 48 anos de idade o 15 de xullo de 1885 como consecuencia dun cancro de útero na súa casa da Matanza. Murguía queima os seus manuscritos inéditos e dous anos despois toda a súa correspondencia. É soterrada en Iria Flavia, mais no ano 1891 o seu cadáver é exhumado e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ó día seguinte no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres. Sexa en prosa ou verso, en galego ou castelán, a súa obra ocupa un lugar relevante na literatura europea do século XIX. As súas reivindicacións feministas (Lieders e Las literatas”, o seu avanzado pensamento político e social e a súa posición crítica como intelectual sitúana como figura literaria de renovado e múltiple interese. Rosalía contribuiu como ninguén do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. É considerada, xunto a Bécquer, como innovadora e precursora do modernismo español
Cantares Gallegos P/CAS/can Considerada a primeira grande obra da literatura galega moderna. A súa, data de publicación, 17 de maio, é instaurada para conmemorar o día das Letras Galegas. É a súa primeira obra escrita íntegramente en galego e marca o inicio do Rexurdimento pleno. Utiliza a esfera popular para desenvolver unha alegoría nacional sobre a dignidade cultural, lingüística e paisaxística galegas e a súa épica (a emigración). Tamén destaca a expresión dun afouto pensamento crítico, especialmente social e feminista.
Follas novas P/CAS/fol Publicada na Habana pola Propaganda divídese en cinco partes no que conviven intimismo e denuncia das inxustizas no que Rosalía asume a voz do pobo galego. A metapoesía e as condicións sociais avanzadas complementan unha obra de total radicalidade. Calificada como a obra máis rica e profunda de Rosalía, segue sendo considerada pola crítica como o libro de transición entre a poesía colectiva de Cantares Gallegos e o radical intimismo de
Nas orillas do Sar
Versos a Compostela P/CAS/ver Obra que reúne por vez primeira os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro. Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” e “sombras odiadas”
Na tomba do xeneral inglés sir John Moore 75/CAS/nat
Canto ás cinzas dun estranxeiro en Follas Novas. Composición insólita na produción rosaliana, suxerida por un acontecemento histórico. Poema que non enaltece a quen gañou a guerra, senón a quen perdeu a vida
Rosalía
de
Castro:
notas
biográficas
929/GON/ros
Discurso de ingreso na RAE de Augusto González Besada sobre a vida da nosa excelsa escritora.
35 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro P/TRI Libro que se edita como resultado da iniciativa “De cantares Hoxe”, promovida polo programa Diario Cultural da Radio Galega e apoiada pola Fundación Rosalía de Castro. Esta homenaxe a Rosalía púxose en marcha en 2013, co motivo da celebración do 150 aniversario da publicación “cantares Gallegos”
Escolma poética P/CAS/esc Belén Padrón dálle forma e cor forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior...
Rosalía pequeniña 7-12 Audiolibros Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos
Adiós ríos, adiós fontes 4-7 contos Poema ilustrado que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis pequenos, cun libro divertido que, ademais, axuda a formar a súa personalidade
AUDIOVISUAIS -ADULTO De las sombras de Rosalía 12 poemas de Rosalía na voz de Amancio Prada
Os ollos que falan Trátase da musicación que realizou o sexteto Tempo Catro de once poemas de
Cantares Gallegos
Rosalía 21 Proxecto que procura unha renovación estética na temática rosaliana adaptada aos novos tempos. Participan Abe Rábade, Anxo Angueira, Guadi Galego, Jesús Santandreu, Nelson Cascais e Bruno Pedroso
RECURSOS NA REDE: - Fundación e Casa Museo de Rosalía: www.rosalia.org - Vida, obra, imaxes, estudios e fonoteca: www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/
- Biografía e obras na Biblioteca Virtual Galega: www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=&solapa=biografia
- Documental en Mulleres na historia (Rtve): www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-rosalia-castro-feministasombra/839573/ - Rosalía na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro
- Negra Sombra, na Mitad Invisible: www.rtve.es/alacarta/videos/la-mitad-invisible/mitad-invisible-negra-sombra-rosaliacastro/3121993/ - Vida e obras no portal Escritoras: http://escritoras.com/escritoras/Rosalia-de-Castro