MANUEL MARÍA GUÍA DE LECTURA
LETRAS GALEGAS 2016
MANUEL MARÍA, O POETA MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO NACEU EN OUTEIRO DE REI O 6 DE OUTUBRO DE 1929. EN 1942 TRASLADOUSE A LUGO PARA ESTUDIAR O BACHARELATO E AQUÍ COMEZOU A SÚA PRECOZ CARREIRA LITERARIA PARTICIPANDO, Á IDADE DE 20 ANOS, NO CICLO DE CONFERENCIAS "JÓVENES VALORES LUCENSES". ESTA PRIMEIRA CONFERENCIA SERVIULLE PARA ENTRAR EN CONTACTO COS INTEGRANTES DA TERTULIA DO CAFÉ MÉNDEZ NÜÑEZ (PIMENTEL, FOLE, ROF CODINA...) QUE O POÑERÁN EN CONTACTO COA REALIDADE GALEGA, TANTO INTERIOR COMO DO EXILIO. NESTA PRIMEIRA ETAPA DA SÚA VIDA, PUBLICA O PRIMEIRO POEMARIO DUN POETA DA NOVA XERACIÓN, MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS (1950), CO QUE SE INAUGURA A DENOMINADA "ESCOLA DA TEBRA". En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo. A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación SocioPedagóxica Galega na Coruña. Referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria. Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA GALIZA DIPUTACIÓN DE LA CORUÑA A CORUÑA, 2010 92 pp A - POESÍA
Trátase dunha síntese da historia e da xeografía da galiza, con referencias á literatura, arte, tradicións... realizada por unha das persoas que mellor coñecía o país, tanto física como espiritualmente. aínda que a obra é unha descripción do propio país, o seu autor acude á ficción do diálogo entre rapaces e rapazas, que neste caso tracexan desde a distancia da galiza emigrante unha imaxe entre real e bucólica do país soñado.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA CECAIS HAI UNHA LUZ FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2010 55 pp A- POESIA
Na época en que xa devalaba a súa vea político-social que tan merecidamente convertera manuel maría nun dos autores máis lidos e admirados da época, esta obra móstranos un poeta intimista e maduro, dono dos segredos da arte literaria máis auténtica e posuidor igualmente dunha variedade de rexistros consubstancial a un poeta vocacional como era el.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA ELEXÍAS Á MIÑA VIDA PEQUENIÑA INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS VILALBA, 2004 92 pp A- POESIA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA O CAMIÑO É UNHA NOSTALXIA ARRACADA A CORUÑA, 1985 96 pp A – POESÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA OBRA POÉTICA COMPLETA II (1981-2000) ESPIRAL MAIOR A CORUÑA, 2001 709 pp
A- POESÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA CECAIS HAI UNHA LUZ FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2010 55 pp A- POESIA
Na época en que xa devalaba a súa vea político-social que tan merecidamente convertera manuel maría nun dos autores máis lidos e admirados da época, esta obra móstranos un poeta intimista e maduro, dono dos segredos da arte literaria máis auténtica e posuidor igualmente dunha variedade de rexistros consubstancial a un poeta vocacional como era el.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA CANDO O MAR FOI POLO RÍO FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 134 pp 7/12 anos / POESIA
O protagonista destas historias, manuel de paderna, é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra, que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía...e, quizais, o lector ou lectora desta obra faga o mesmo.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA ADVENTO FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2014 72pp A- POESÍA
Advento foi publicado en Bos Aires no ano 1954, despois de gañar o Premio Castelao do Centro Galego da mesma cidade dous anos antes. É, quizais, a obra máis importante da etapa existencialista de Manuel María. Está formada por poemas longos de versos libres arredor da morte como actitude existencial e dentro desta perspectiva tórnase a obra máis transcendente da altura, xunto con Fabulario novo de Cuña Novás. Ademais do poemario, a publicación incorpora algunhas valoracións críticas aparecidas na prensa da época, ou feitas máis recentemente en publicacións de critica literaria. incorpórase, asi mesmo, unha valoración do propio manuel maría recollida dunha entrevista do momento en que se publicou a primeira edición.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA AS RÚAS DO VENTO CEIBE FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2016 85 pp 7/12 anos / POESIA
As rúas do vento ceibe é outra das grandes obras de referencia da poesía "infantil" de manuel maría, ao lado d´os soños na gaiola. ten unha orientación máis urbana e introduce as nenas e os nenos no coñecemento de galiza e da súa historia.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA OS SOÑOS NA GAIOLA FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 66 pp 7/12 anos / POESIA
Unha das obras máis importantes e emblemáticas da poesía para nenas e nenos. son 49 poemas que cantan, con "inocencia" e grande musicalidade, o mundo infantil vinculado á natureza, ás cousas, aos animais, ás persoas, aos paxaros...
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA O BIGOTE DE MIMÍ FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 36 pp 7/12 anos / POESIA
Precioso libro infantil, ilustrado por xaquín marín, que conta a historia de mimí, un gato manso, agarimoso e moi, moi presumido. os ratos tíñanlle un medo enorme. rato que se atrevía a aparecer na casa de fiz pagaba moi cara a súa valentía.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA A TRIBO TEN CATRO RÍOS FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 79 pp A- POESÍA
Manuel de paderna é algo poeta e, alén diso, traballa facendo de barbeiro e de alguacil municipal. el coñece a maxia das palabras e sabe como as usar para producir os encantos máis inesperados.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA POEMAS ESCOLLIDOS FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 A- POESÍA
A primeira escolma que contempla o conxunto da obra poética de manuel maría. unha escolla que permite redescubrir a través dos seus versos máis luminosos o seu canto nacional e o universo máis íntimo do poeta.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA PROSA XORNALISTICA ESCOLLIDA FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 204 pp A-OUTROS XENEROS
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA OS LONXES DO SOLPOR FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2012 52 pp A-POESÍA
Esta publicación contén un libro + cd + dvd. “Os lonxes do solpor”, un magnífico libro, o último poemario inédito, no que se mostran, con intensidade lírica, o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA SONETOS Á CASA DE HORTAS A CORUÑA, 2014 56 pp
A- POESÍA
Esta publicación contén un libro + cd + dvd. “Os lonxes do solpor”, un magnífico libro, o último poemario inédito, no que se mostran, con intensidade lírica, o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA A ESENCIA MÁIS NOSA FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2015 79 pp A-POESÍA
Escolla dos poemas máis representativos que manuel maría dedicou á exaltación e defensa da lingua galega, válida para todos os públicos. contén algúns dos versos máis fermosos e das composicións máis comprometidas e interesantes que se escribiron sobre un idioma historicamente maltratado que constitúe a esencia e o patrimonio máis importante do pobo galego.
FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA FOTOBIOGRAFÍA SONORA FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS A CORUÑA, 2005 183 pp A-POESÍA
Máis dun cento de fotografías introdúcennos no universo literario e persoal de manuel maría. ademais dous cd´s acompañan o libro onde podemos gozar da voz do autor recitando os seus textos, así como dunha selección das cancións compostas cos seus poemas.