Guía de recursos artísticos 2016

Page 1

RECURSOS WEB DE ARTES PLÁSTICAS: INSTITUCIÓNS ORGANIZACIÓNS

Selección de recursos web sobre institucións galegas e locais do mundo artístico.

1

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA http://museobelasartescoruna.xunta.es/ A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A colección comeza a formarse a finais do século XIX. Na súa páxina tamén podemos descargar as fichas didácticas en formato pdf. sobre diferentes cadros do museo.

2

MUSEO DE PONTEVEDRA http://www.museo.depo.es/ Desde a súa fundación, o Museo de Pontevedra ten reunido máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc., que abranguen desde a prehistoria galega ao século XX. A través da súa páxina tamén podemos acceder aos seu catálogo en liña.

3

MUSEO DE BERGANTIÑOS http://carballo.org/servizos/ Situado ao lado da Biblioteca Municipal, o Museo de Bergantiños, inaugurouse no 2002, constitúe como museo etnográfico un referente na Comarca, ao ser o único que posee unha colección permanente neste sentido. Divídese en oito salas temáticas dedicadas a temas como a historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía ou o patrimonio natural do municipio. O Museo oferta tamén exposicións temporais e visitas guiadas. A través da páxina web de cultura de carballo poderemos acceder a súa información básica de contacto.

4

CGAC (CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA) http://cgac.xunta.es/ A colección está constituída fundamentalmente por obras de artistas que viron consolidada a súa traxectoria a partir da segunda metade do século vinte e algunhas das súas obras emblemáticas foron concibidas especificamente para os espazos do CGAC. Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro. A través de páxina web podemos acceder ao fondo da biblioteca do CGAC.

5

CONSELLO DA CULTURA GALEGA http://www.culturagalega.org/atalaia/ O Portal do Consello da Cultura Galega ofrece un bo número de recursos, tanto no ámbito das artes plásticas como no literario, do que docentes e alumnos poden tiran proveito. No espazo virtual Atalaia ofrece información sobre os artistas galegos máis importantes da actualidade

6

AFUNDACIÓN http://www.fundacioncaixagalicia.org/

A Fundación Galicia Obra Social é uhha institución privada sen ánimo de lucro. A Colección de arte Afundación é unha das mellores coleccións de arte galega. Conta na actualidade cun fondo de 5000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías. A Colección de arte Afundación é a mellor colección de arte galega. Conta na actualidade cun fondo de 5000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías.

Descárgate esta guía de recursos web na nosa conta de Issu Biblio Carballo: https://issuu.com/bibliocarballo


RECURSOS WEB DE ARTES PLÁSTICAS:

ASOCIACIÓNS INICIATIVAS E ARTISTAS

Selección de recursos web sobre asociacións, iniciativas e artistas galegos e locais.

1

A.A. CREA FORMAS https://creaformas.wordpress.com/ "Crea formas" é o nome dunha asociación de artistas de diferentes sitios pero vinculados a bisbarra de Bergantiños, que dende o ano 2008 levan realizando diferentes actividades artisticas e culturais para dar a coñecer a sua obra e as profesións que cada un ten como forma de vida. Obradoiros, premios, concursos, exposicións ..., fotógrafos, ceramistas, pintores, escultores, ilustradores... Podedes seguir a súa actualidade a través do seu Facebook e da súa conta de Twitter.

2

DERRUMBANDO MUROS http://www.turismocarballo.com/informacion.php? idioma=es&info=227 O proxecto "Derribando muros con pintura", que coordinaron as artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi co impulso do Concello, usou o poder terapeútico da arte para mellorar a saúde da nosa paisaxe urbana. Máis tarde un equipo de artistas locales uníanse á iniciativa: Lidia Cambón, Andrés Andrade, Mon Lendoiro, Emi de lanas Heras, Eva Facal e Cristina Castro, aos que se incorporaron ao poco despois Santi Picos, Antonio Taracido e Mou. Podedes consultar a guía práctica dos murais a través do portal de Turismo.

3

SENDA NOVA http://www.sendanova.org/ A Asociación Ambiental Senda Nova é unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas galegas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes. A Asociación coordina ademáis diferentes actividades culturais e tamén artísticas, entre as que destacan "Pintamos Moito".

4

PINTAMOS MOITO http://cgac.xunta.es/ Proxecto realizado por Senda Nova en colaboración co Concello de Carballo no que participaron un equipo de voluntarias e voluntarios, maiores e pequenos, coordinados por artistas da zona. Participan na dirección e supervisión dos murais coñecidas e coñecidos artistas locais: Miguel Ángel Calvo (Ou´Mighelo), Milagres Cotelo, Cristina Castro, Mon Lendoiro, Antonio Reino, Isa Fernández e Santiago Picos. A iniciativa mostrou, unha vez máis, do mesmo xeito que xa fixeran en anos pasados as diversas esculturas, de prestixiosos artistas como Manuel Facal, colocadas en diversos puntos do pobo, o poder da arte urbano, para transformar e embelecer.

5

MANUEL FACAL http://www.culturagalega.org/atalaia/ Manuel Facal, Ponte, recoñecido escultor e gravador carballés, autor de "O Escalo" obra realizada no 2007 que forma parte do acceso ao polígono de Bértoa, e de "Enredos", escultura en ferro inaugurada no 2008 nos xardíns do Instituto de Educación Secundaria Monte Neme. Esta última mide dous metros e pesa 300 kilos. Outras como a do "Peixe", na rotonda de Rego da Balsa, se suman a larga lista de obras do escultor de fama internacional, que contribuiu a dotar de novos referentes ao núcleo urbano.

Descárgate esta guía de recursos web na nosa conta de Issu Biblio Carballo: https://issuu.com/bibliocarballo


RECURSOS WEB DE ARTES PLÁSTICAS:

OBRADOIROS, PREMIOS, AXUDAS E APPS

Selección de recursos web sobre obradoiros, premios, axudas e apps relacionados co mundo artístico.

1

ESCOLA DE ARTE SUPERIOR DE DESEÑO PABLO PICASSO http://www.eapicasso.com/ A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso é un centro público de formación, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nela poderás cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño (equivalentes a grao universitario), as Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos de Grao Superior) e o Taller Cerámico I e II.

2

AULA DE GRAVADO http://www.turismocarballo.com/informacion.php? idioma=es&info=313 No Fórum de Carballo celebráronse as sesións entre os meses de novembro e febreiro, o carballés Manuel Facal impartiu tres talleres de gravado no Fórum. O creador compartiu así a súa experiencia e os seus coñecementos con outras e outros artistas da zona. Os resultados expoñeranse ata o 11 de maio na planta -1 do Pazo da Cultura, nunha sala á beira do auditorio. Os creadores ademáis conservan alí un espazo permanente para poder traballar os seus materiales. Participaron nos talleres e na mostra Alejandro Vázquez, Andrés Rey Mancebo, Antón Díaz Sánchez, Antono Taracido García, Cristina Castro Santiago, Emi Rodríguez das Heras, Eva Facal, Isa Fernández, José Manuel Rama Edreira, Luiz González, Manuel Eirín, Milagres Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Ou´Miguelo, Pedro Tasende, Raúl González Herrera, Rosa Rial Lela, Santi Picos Díaz, Santiago Castro Taibo e Viki Rivadulla.

3

PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areascultura/promociondelarte/premios.html Desde o Auditorio de Galicia organizamos o Premio Auditorio de Galicia para novos artistas con carácter bianual. Cada artista/colectivo poderá participar cunha soa obra, única ou como serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación...). A última edición foi o IX Premio Auditorio de Galicia para novos artistas no ano 2015. O primeiro premio consiste nun premio de 6.000 euros.

4

ARTFINDER https://es.artfinder.com/ Esta é a vitrina dos novos talentos. A súa misión é fomentar o traballo de artistas emerxentes. No catálogo hai creadores de 62 países, a quen se lles pode comprar as súas obras por Internet. Para Android e Itunes.

5

GOOGLE ART PROJECT https://www.google.com/culturalinstitute/project/ art-project?hl=es Esta aplicación de Google permite acceder a 339 coleccións de distintos museos e galerías. Entre elas está o Rijkmuseum, o Raíña Sofía, a National Gallery, o Museo Van Gogh ou o Museo Nacional de Arte Mexicana. O usuario poderá ver unha obra de Rembrandt coma se estivésea palpando: a resolución chega ata 7,000 millóns de pixeles. Hai oito mil artistas catalogados.

Descárgate esta guía de recursos web na nosa conta de Issu Biblio Carballo: https://issuu.com/bibliocarballo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.