BIBLIOTECA 2016 / 2017
Encontro con…
María Menéndez-Ponte O venres 25 de novembro visitounos a escritora coruñesa María Menéndez-Ponte, unha das autoras máis coñecidas da literatura xuvenil desde o éxito de Nunca seré tu héroe (1998). Ao encontro acudiron os alumnos e alumnas de 2º ESO, que charlaron coa autora sobre os temas, tramas e persoaxes das súas novelas: Maldita adolescente (2001), Las dos caras del Playboy (2002), Yo digo amor, tú dices sexo (2005), El poso amargo del café (2006), o Si lo dicta el corazón (2010), El cuerpo deshabitado (2015) e, sobre todo, Héroe a mi pesar (2015), a continuación de Nunca seré tu héroe.
Finalmente María leunos algunhas páxinas do seu último libro Soy una adolescente… nadie es perfecto (2016), asinou exemplares e, fíxose fotos connosco.
Gracias, María!