Relixiosidade no Anllóns

Page 1

Relixiosidade no Anllóns Por: Andrea Barreiro, Elena Cotelo, Paula Peña e Sofía Pérez


índice ➢ Río Anllóns ➢ San Fins de Anllóns ➢ San fins do castro ➢ O castro de san fins ➢ Festas relixiosas: romerias en san fins do Castro ➢ Festas relixiosas: romerias en san fins de anllons


Río Anllóns O Anllóns, anteriormente chamado río Ber, é un río galego que nace nos Montes do Xalo entre Mantiñán (A Laracha) e a Ermida (Culleredo), a uns 400 metros de altitude, aínda que outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha), e desemboca na ría de Corme e Laxe. Pertence á vertente atlántica. Foi declarado lugar de importancia comunitaria no 2001. Percorre 54,4 km.Recibe as augas dun bo número de regatos como o Rosende, Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.


San Fins de Anllóns San Fins de Anllóns é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños..A parroquia debe o seu nome ao río Anllóns, que a atravesa.


San Fins do castro San Fins do Castro localízase en Cabana de Bergantiños. Aquí atopamos a Ermida de San Fins do Castro. A súa orientación é oposta á tradicional xa que a fachada mira cara ao este. Foi construída no século XIX, cun aire neoclásico e aséntase sobre un castro. Ademais conserva un rosetón, posiblemente dunha construción anterior. Nas súas proximidades hai unha fonte milagrosa á que se lle atribúen poderes para curar verrugas, denominada “Fonte Santa”. A esta fonte é á que acuden os “romeiros” antes de saír o sol o día da festa. A ermida sitúase no medio dun campo de bidueiros que é o máis próximo ao mar de toda a Europa Atlántica.


O Castro de San Fins

Este poblamiento non ten definida a súa coordenada GPS. Podes usar este buscador para localizar a poboación máis próxima (localidade,spain). Se é un xacemento sensible ou non estudado, non o geolocalizes con precisión (marca o pobo ou cidade). A ocupación da parte alta do outeiro parece remontarse a época prehistórica, concretamente ao período calcolítico, seguida do desenvolvemento dun pequeno núcleo poboacional, entre os séculos o V e III aC. Situado nun enclave xeográfico privilexiado, a Citania de Sanfis é un dos xacementos arqueolóxicos máis significativos da cultura castrexa do noroeste peninsular. O amplo control panorámico sobre toda a rexión entre os ríos Douro e Miño sería o factor estratéxico determinante para o desenvolvemento deste importante poboado, un dos mellores exemplos do protourbanismo da Idade do Hierro, cunha organización funcional do espazo urbano que se estende por unha gran zona . Conta con máis dun centenar de construcións de planta circular e cuadrangular, agrupadas nuns corenta núcleos de unidades domésticas. A gran aglomeración urbana é o resultado estratéxico da congregación de diversas comunidades limítrofes para desempeñar a función de capital rexional. Parece ser que o lugar foi elixido, tras a campaña militar de Décimo Júnio Bruto para a ocupación romana do territorio, como capital dos pobos galaicos situados na marxe dereita do río Douro.


festas relixiosas en san fins do castro

A romaría de San Fins do Castro, impulsada nos anos 30 grazas á labor do párroco Saturnino Cuiñas, celébrase,todos os anos, o 1 de Agosto e, miles de romeiros acércanse á parroquia de Cesullas para revivir esta tradicional romaría. Coa convición de que a “Fonte Santa” da Ermida quita as verrugas, os romeiros móllanse con ela e deixan alí os seus panos. Conta a tradición que, unha vez secos, se curarán as verrugas. Ao mediodía realízanse a queima do Santo da Pólvora e O Berro Seco onde, co cura de Cesullas como maestro de cerimonias, tres fortes gritos axudarannos a sacar os malos espíritos do corpo. En definitiva, unha tradicional romaría que, co paso dos anos, covertiuse nun punto de reunión de familias.


Romería de Anllóns

O bosque do Añón conta con outro encanto engadido: evoca romarías de antes e de agora. Cando a xente aínda non tiña por costume acudir en masa ás praias para refrescarse das calores do verán, era o río o espazo protagonista do tempo de lecer no estío. Alí, no bosque do Añón, aínda se segue celebrando todos os anos, ao final do San Juan, a Festa do Bosque.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.