E PA R A O S A D U LT O S BIBLIOR AM O VERÁN 2013
Todo OK Autor:D. Ameixeiras Ed.:Xerais Novela negra baseada nun feito real que protagoniza unha muller involucrada nun delito de narcotráfico.
Libros a mogollón nas túas vacacións.
El cumpleaños secreto Autora: Kate Morton Ed.: Suma Nun caloroso día de verán, a adolescente Laurel agóchase a fantasear na casa da árbore da súa infancia mentres a súa familia vai de excursión. Pero antes de rematar o día, Laurel presenciará un horrendo crime.
La hija de la criada Autora: Bárbara Mutch Ed.: Anaya Unha historia ambientada na África de principios do século XX que nos ensina que máis alá da crueldade humana perduran o amor e a esperanza.
Xa sabedes que a maioría destes libros están expostos na MESA DE NOVIDADES.
FELICES VACACIÓNS!!!
Estas son as recomendacións de Cascabel para o Segundo Ciclo http://biblioramo.blogspot.com
Colabora o Departamento de DL
Era unha vez na quimbamba Autor: Antón Cortizas Ed.: Tambre Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paseo e caes ao mar. Neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo. Zeralda e o dragón Autor: Agustín Fdez Paz Ed.: Galaxia Relato fantástico no que unha princesa rouba o tesouro dun dragón que ten aterrorizado a todo o mundo. Pero o dragón convértese nun fermoso príncipe e xa está servido o lío.
Boca de arame Autor: Alberto Urcaray Ed.: Everest Alicia comparte un segredo co seu diario; aos seus pais non llelo quere confiar por medo a preocupalos ou a complicarlles a vida tan atarefada que levan por mor do traballo. Stelaluna Autora: Janell Cannon Ed.: Juventud Esta é a fermosa historia de Stelaluna, unha pequeña morcega que, ao verse afastada da súa nai, é adoptada por unha familia de paxaros. Un canto á fraternidade, á integración e ao respecto aos costumes diferentes.
Animalario Autor: Xosé Lois García Ed.: Everest Os animais vístense de verso nestes poemas. É unha viaxe cara a un dos lugares que máis debemos coidar e respectar: a Natureza. Taller de corazóns Autores: Arturo Abad e Gabriel Pacheco Ed.: OQO Editora Matías, o protagonista desta historia, amaña corazóns danados. Cunha estufa de leña quenta corazóns xeados, cunha agulla de prata Cose corazóns rotos, cunhas pinzas de olvido axusta a hora de corazóns que atrasan para que non se enchan de tristura coas lembranzas do pasado.