En Abril, Lecturas Mil Benqueridas familias: Xa está chamando á porta outro novo abril e queremos enchelo de lecturas, actividade para a que esperamos contar coa vosa colaboración. Dado o éxito total que tivo a iniciativa “Contamos un conto” desenrolada no pasado curso, no presente queremos realizala de novo, facéndolle uns pequenos “retoques”. No curso 2012/13 houbo persoas que, ler por diversos motivos. Un deles dispoñibles durante o mes. Este curso suficientes en abril, continuaremos en desexen poidan vir ler.
querendo facelo, non puideron vir foi que xa non había máis días decidimos que, se non temos días maio ata que tod@s @s que así o
Outra novidade que pretendemos introducir é a seguinte: como na ocasión anterior puidemos comprobar que algún/ha lector/a parecía un/ha contacontos profesional, acordamos suxerir que se alguén quere enriquecer a súa lectura con complementos varios (caracterización, disfraz, monicreques, outra persoa...), que non dubide en facelo, estariamos encantad@s, sobre todo o alumnado. E, por suposto, nin que decir ten que nos parece estupendo unha lectura de conto sen máis. Por último, queremos recordarvos que, se tedes problema co horario, o noso case sempre pode adaptarse ao voso. Cuestión de falalo. O equipo de biblioteca
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN …………………………………………………………………………………………… Quero participar nas lecturas de abril. Son ................................................... Nai/pai/avoa/..... de ........................................................................................
(Córtese pola liña de puntos)