Fenómenos polos cales prodúcese a circulación dunha corrente eléctrica de forma repentina e momentánea entre dous obxectos que están a distinto potencial eléctrico. Certas partes da atmosfera conducen mellor a electricidade porque posúen maior cantidade de gotas de auga, posibilitando as descargas eléctricas entre nubes ou entre nubes e terra.
LÓSTREGO: descarga que vai dunha nube a outra.
RAIO: descarga electrostática que chega a terra.
O Lóstrego do Catatumbo é un fenómeno localizado ao oeste do Lago de Maracaibo que consiste en tormentas eléctricas, nube a nube, a uns 7000 metros de altura, que aparecen entre 140 e 160 días ao ano cunha media de 28 descargas eléctricas por minuto. Cada unha desas descargas, que se rexistran por unhas 7 horas de noite e de madrugada, ten enerxía para acender 100 millóns de lámpadas, o que significa que 15 minutos de actividade abondarían para acender todas as lámpadas de Suramérica.
Roy Sullivan (1912 - 1983, Virxinia), gardabosques do Parque Nacional de Shenandoah (Virxinia) recibiu 7 impactos directos de raios ao longo da súa vida.
Diariamente desencadéanse unhas 44.000 tormentas ao longo do mundo que producen 8 millóns de raios de media. PROBABILIDADE DE QUE NOS CAIA UN RAIO: 1/60.000 PROBABILIDADE DE QUE NOS CAIAN DOUS: prácticamente
inexistente.
Unha descarga eléctrica pode poñer en grave perigo a nosa vida, ben pola súa intensidade ou ben polo tempo que percorre o noso corpo.
Slavisa Pajkic, estableceu o seu primeiro Record Guinness en 1983 cando recibiu un impacto de 20.000 Voltios. O segundo, en 2003, cando conseguiu quentar unha cunca de auga a 97º C en 1 minuto e 23 segundos.
Michael Faraday descubriu que un condutor eléctrico movéndose dentro dun campo magnético (imán) xeraba unha tensión e, por conseguinte, unha corrente eléctrica, á que denominou corrente inducida.
Este descubrimento foi o que deu lugar aos xeradores electromagnéticos (dínamos, para xeración de corrente continua, e alternadores, para corrente alterna).
As denominadas dínamos de bicicleta baséanse no movemento das rodas para xerar enerxía eléctrica.
O DJ Dash Berlin e o seu equipo pedalearon durante 4 horas enriba de 16 bicicletas xerando a electricidade suficiente para alimentar o escenario e o instrumental musical.
A maior cantidade de electricidade xerada pedaleando bicicletas durante 24 horas foi de 8.743 kWh e foi conseguida por Krzysztof Ranus en Polonia (Agosto 2011)
A xeración de enerxía eléctrica consiste en transformar algunha clase de enerxía (química, cinética, térmica, nuclear ou solar entre outras) en enerxía eléctrica. En xeral, o punto onde se xera adoita estar moi lonxe de onde se vai a consumir finalmente, polo que se fai imprescindible crear unha rede de transporte. A potencia eléctrica nun circuíto eléctrico é a enerxía xerada, consumida ou transportada cada segundo, e é igual ao produto de intensidade de corrente por voltaxe: P = V * I
A potencia eléctrica ten como unidade de medida o vatio (W), sendo común referirse a múltiplos para falar da potencia xerada (Megavatio - MW, Kilovatio - KW).
Instalado na mina Veladero (San Juan, Arxentina) a mĂĄis de 4.110 metros sobre o nivel do mar, o xerador pesa 229 toneladas, ten unha estrutura de 100,5 metros e ĂŠ capaz de xerar ata 2 Megavatios (MW) de potencia elĂŠctrica.
O motor eléctrico é un dispositivo que transforma a enerxía eléctrica en enerxía mecánica por medio da acción dos campos magnéticos xerados nas súas bobinas.
Algúns dos motores eléctricos son reversibles, xa que poden transformar enerxía mecánica en enerxía eléctrica funcionando como xeradores ou dínamo. Os motores eléctricos de tracción usados en vehículos realizan a miúdo ambas as dúas tarefas.
LONG-ESA – VELOCIDADE MÁXIMA: 329 KM/H
LS-218 – VELOCIDADE MÁXIMA:350 KM/H
SUNSWIFT – VELOCIDADE 106 KM/H (DURANTE 500 KM)
EFECTO JOULE: Todo corpo condutor que é atravesado pola corrente eléctrica quéntase. A maior resistencia do condutor, maior será a temperatura que adquira o corpo. INCANDESCENCIA: Emisión de luz por calor.
Leva 110 anos acendida no cuartel de bombeiros Nº 6 de Livermore (California). De potencia inicial de 60 W, hoxe en día non supera os 4 W. Diferenza coas actuais: filamento de carbono 8 veces máis groso que o de tungsteno das que temos na casa.
O son é o fenómeno físico producido cando a enerxía das vibracións dun corpo chega ata o oído humano. Estas vibracións repítense un número determinado de veces por segundo, o que se denomina frecuencia.
Esa cantidade de enerxía emitida pola fonte de son nun segundo é o que se chama potencia sonora, que se mide xeralmente en decibelios (dB), con un aparato denominado sonómetro.
O espectro audible é o conxunto de frecuencias que o oído humano é capaz de percibir. Como norma xeral, vai desde os 20 Hz (0 dB) ata os 20 kHz (120 dB).
CenturyLink Filed Stadium (Seattle)
Alcanzáronse os 133,6 dB mediante os berros do público, medidos cun par de sonómetros colocados nas bancadas.
Podio dos 3 grupos máis ruidosos da historia que pasaron en directo dos 110 decibelios aconsellables para un concerto, rozando o albor de dor.
139 dB
137 dB
136 dB
Manowar, un dos grupos de heavy metal por excelencia, leva moitos anos loitando por conservar o título de banda máis ruidosa do mundo. Dende 1984 figuran no Libro Guiness dos Records como a banda máis ruidosa do mundo ao alcanzar os 129.5 decibelios na súa xira ”Spectacle of Might” en Gran Bretaña. Non conformes con iso, Eric Adams, Joey DeMaio, Donny Hamzik e Karl Logan, lograron rebentar todos os records posibles cando en 2008, durante unha proba de son do ”Magic Circle Festival” en Bad Arolsen - Alemaña, lograron rexistrar a marca de 139 dB.
O ton dun son ven determinado pola frecuencia fundamental das ondas sonoras.
A intensidade dunha onda danos a idea do forte ou dĂŠbil que ĂŠ un son; estĂĄ relacionada coa amplitude da onda.
O timbre dun son permite diferenciar dous sons diferentes do mesmo ton.
O espectro audible (20 – 20.000 Hz) pódese dividir en 10 bandas de octava (bandas de frecuencia en que se cumpre que a frecuencia superior é doble da inferior). Georgia Brown ten o rexistro grave/agudo máis amplo que se coñece, abarca 8 octavas e ostenta o record de frecuencia máis aguda emitida con 25.088 Hz.
Tim Storms ten o record mundial por emitir a nota máis grave rexistrada cunha frecuencia de 8Hz, o que provoca que, ao igual que pasaba con Georgia Brown, pero polo efecto contrario, parte do espectro do son sexa inaudible para o ser humano, pois temos 20Hz como albor para os sons graves e 20.000Hz para os agudos.
O eco é un fenómeno que se debe á reflexión das ondas sonoras e se produce cando o son orixinal se extingue pero logra captarse igual debido ao rebote das ondas. O tempo que tarda en chegar a onda reflexada (tempo de retardo) debe ser superior a 100 milésimas de segundo para que se produza eco. De maneira experimental, e tamén matemática, pódese comprobar que para que exista eco a distancia de separación entre o foco emisor e o obstáculo debe ser igual ou maior a 17metros.
A peculiar marca foi lograda polo enxeñeiro acústico Trevor Cox, da Universidade de Salford, (Inglaterra), quen foi o encargado de rexistrar a repercusión dun disparo nun gran búnker baixo un outeiro de Escocia, que se usaba para almacenar combustible na Segunda Guerra Mundial.
Foron 112 segundos de eco, superando así ao anterior récord de 15 segundos (1972).
Unha cámara anecoica é unha sala que se deseña especialmente para absorber o son que incide sobre as paredes, co obxectivo de anular os efectos do eco e da reverberación (persistencia do son dentro dun recinto despois de que este deixe de emitirse debido ás múltiples reflexións producidas).
Utilízase, por exemplo, nos recintos de ensaio e grabación de discos musicais ou realización de medicións acústicas. A cámara anecoica creada polos Laboratorios Orfield en Minnesot a(Estados Unidos), que figura nos Récord Guinness, absorbe o 99,99% dos sons. Ningún ser humano pode permanecer dentro máis de 45 minutos, pois escoitar o silencio leva á loucura.