OBRADOIRO DE COMPRENSIÓN ESCRITA ( Actividades extraídas do libro Comprensión escrita de Begoña Muñoz Saá, Mª Xesús Sarmiento Macías e Serafín Alonso Pintos) 1ª ACTIVIDADE: ENREDO FAMILIAR
EN GRUPOS DE TRES OU CATRO PERSOAS ENUMERA AS RELACIÓNS FAMILIARES DE CADA PERSOAXE.
CONSTRUIDE UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA QUE REFLICTA ÁS RELACIÓNS DE PARENTESCO DESCRITAS. No texto hai un erro de parentesco podes identificalo?
TEXTO: ENREDO FAMILIAR
Eu ,Teo, casei con Alicia, unha viúva que tiña unha filla, Claudia. O meu pai, Manolo, que era viúvo, namorouse e casou con Claudia, a filla da miña muller. Deste xeito, a miña esposa era sogra do meu pai, a miña fillastra converteuse na miña nai e meu pai ao mesmo tempo era o meu xenro. Co tempo, a muller do meu pai, é decir, a miña nova nai, deu a luz un neno Artur, que era o meu curmán pero que tamén era o neto da miña muller, así que eu era o avó de meu irmán. Máis tarde, amiña muller deu a luz a un neno Gonzalo, que , como era irmán da miña nai, era cuñado do meu pai e tío do seu fillo Artur. A miña muller era nora da súa filla, xa que é nai da miña nai, e aínda por riba, podo considerar que eu son o avó de min mesmo.
ÁRBORE XENEALÓXICA
2ª ACTIVIDADE PALABRAS DESAPARECIDAS
COMPLETA O TEXTO COAS PALABRAS DO CADRO . Os verbos non están conxugados e nos nomes non se indica os morfemas de xénero ou número.
TEXTO:
Moitas veces oín_____________que os lobos non atacan as persoas. E isto non é __________________________. O secretario de Caldas foi comido por eles cando voltaba da _____________de Viana. Algúns dixeron que o _____________ por roubalo, e que despois o _____________________os lobos; mais a douscentos metros de onde o comeran foi _______________________ un lobo morto coa gorxa furada por unha _____________________ . Aqueles días viran os pastores unha ____________ de dez cunha loba con tres lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da ____________da Moá. Ao parecer, despois de _______________os cartuchos, quixo subirse a unha árbore mais non ______________. Alí estaba a seu_____________, o revólver con seis cartuchos________________no bombo. Era un bo_________________americano. Se tivese un bo foco eléctrico quizais se ____________________. ( Adaptado de Ánxel Fole, “ Os lobos”)
cordal
mercado
descargados
pistola
lado
auténtico
achar
proxectil
rabaño
ser posible
acabar
librar
comentar
asesinar
devorar
UNHA VEZ COMPLETADO O TEXTO BUSCA SINÓNIMOS DAS PALABRAS SUPRIMIDAS E ESCRÍBEAS POR ORDE DE APARICIÓN.
3ª ACTIVIDADE VIRAR AS TORNAS SULIÑAR OS ADXECTIVOS DO TEXTO E BUSCAR NO CADRO OS ANTÓNIMOS CORRESPONDENTES. TEXTO: Chegara cedo a mantenta porque prefería estar sentado cando ela entrase. Os nervios estaban apoderándose del, tiña que reconócelo, mais ¿quen non sentiría esa inquietude, estando no seu caso? Ainda non sabía moi ben por que aceptara esa cita. Segundo Roberto, aldara era alta,delgada e esvelta. O cabelo louro, rizo e mesto, levábao curto, e na cara, doce e pálida, sobresaían os grandes ollos e os voluptuosos beizos vermellos. Case nada! Pero o seu amigo tamén lle describira as cellas, as longas pestanas, o fino nariz, os aliñados e brancos dentes, o elegante pescozo e, como non!, as delicadas e suaves mans. Ao lembrar a a pintura que Roberto lle fixera de Aldara, sentía gañas de saír correndo, porque Aldara tamén era un modelo no tocante ao carácter. Era afable, inteligente, enseñosa, honrada, soñadora, cortés e Valente. Ademais relátaralle unha anécdota que ilustraba cada unha das características. O recordatorio resultaba abafante; sería mellor marchar, xa inventaría unha escusa que non delatase o pánico que sentía ante esa cita ás cegas. ANTÓNIMOS