Tríptico de Normas

Page 1

Ordenadores, DVD Para pedir un ordenador, anotámonos no caderno indicando o noso nome e a hora á que comezamos.

Se queres coñecernos máis visita:

A páxina web do instituto

NORMAS DA BIBLIOTECA

Nos recreos hai dúas quendas: de 11:30 a 11:45 e de 11:45 a 12:00. Se ninguén máis pide o ordenador, podemos continuar nel.

http://centros.edu.xunta.es/iespedrofloriani Traballamos sentadas/os, só unha persoa por ordenador. As persoas que estean en xogos deben deixar o seu sitio ás que queiran buscar información ou facer traballos

O blogue da biblioteca:

Non entramos en Twitter, Facebook, etc. O acceso a redes sociais está prohibido en todo o recinto do Instituto.

IES PEDRO FLORIANI

Para utilizar a impresora pedimos permiso á/ao profesor/a de garda. Escoitamos a música e os DVDs con auriculares que hai que pedir á/ao profesor/a de garda.

http://bibliofloriani.blogspot.com/


Na biblioteca PODEMOS 

Ler, estudar, ler os xornais, consultar unha enciclopedia ou utilizar un dicionario.

PRÉSTAMO CONDICIÓNS Pódense pedir prestados os fondos (Libro, películas, DCD-ROMs, DVDs...) da biblioteca, excepto os materiais de referencia (enciclopedias, dicionarios..) ou os que estean sendo utilizados para actividades.

Conectarnos a internet, escoitar música e ver videos ou DVDs.

O préstamo faise, normalmente, por 15 días e para un máximo de 3 fondos. Para cambiar estas condicións hai que pedilo ao persoal da biblioteca.

Os libros que forman parte dos itinerarios lectores (libros obrigatorios nalgunha materia) só se prestan por 7 días, sen renovación.

PRAZOS Os fondos prestados deben devolverse antes de que acabe o prazo. Normalmente poderanse renovar, salvo que haxa máis persoas que pediran ese mesmo título. 

Pedir prestados: libros, películas, revistas...

Facer traballos en grupo e participar nas actividades.

Na biblioteca NON PODEMOS 

Falar en alto ou de xeito que moleste ás persoas que están lendo ou traballando.

Traer comidas ou bebidas.

Escoitar música ou ver DVDs sen auriculares.

Pode facer peticións calquera persoa relacionada dalgún xeito co Centro: alumnado, profesorado, PND, nais e pais...

En todo caso, hai que acudir á biblioteca en horario de préstamo coa obra prestada, tamén para as renovacións.

Antes de solicitar un fondo en préstamo hai que facerse unha ficha de lector/a. A meirande parte do alumnado tena feita xa, pero pode ser que a túa non o estea. Asegúrate! O único dato necesario é o DNI, se o tes.

O retraso na devolución ou renovación causa un trastorno grave a todo o centro e pode ser considerado falta, podéndose incluso chegar a reter os Boletín de Notas ou Libro de Escolaridade do alumnado que non devolva os préstamos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.