UNIDADE DIDACTICA :
“A TARTARUGA DE DARWIN” de JUAN MAYORGA
Producida pola EMT de Vigo
INTRODUCIÓN SOBRE O AUTOR «A verdadeira arte está feita de valor, dicir a verdade aínda que doa. Non hai oficio máis cruel que o do escritor, porque se expón, se íspe e ispe aos outros. Esa valentía, a de mirar algo do que os demais apartan a mirada, é o núcleo do talento mesmo».
Juan
Mayorga
Ruano
(Madrid,
1965)
é
licenciado
en
Filosofía
e
Matemáticas, ademáis é un dos autores teatrais máis representados e traducidos do noso país. Tamén
un dos máis premiados. Na actualidade
dirixe a Cátedra de Artes Escénicas da Universidade Carlos III de Madrid, segue por suposto escribindo, ten a súa propia compañía “A Tola da Casa “e dirixe o seminario «Memoria e pensamento no teatro contemporáneo» no Instituto de Filosofía do CSIC. Entre outros obtivo os premios Nacional de Teatro (2007), Nacional de Literatura Dramática (2013), Valle-Inclán (2009), Ceres (2013), A Barraca (2013), Premio Max ao mellor autor (2006, 2008 e 2009) e á mellor adaptación (2008 e 2013) e Premio Europa de Novas Realidades Teatrais (2016). É autor dos seguintes textos teatrais: “Siete hombres buenos”, “Más ceniza”, “El traductor de Blumemberg”, “El sueño de Ginebra”, “El jardín quemado”, “Angelus Novus”, “Cartas de amor a Stalin”, “El Gordo y el Flaco”, “Sonámbulo”,” Himmelweg”, “Animales nocturnos”, “Palabra de perro”, “Últimas palabras de Copito de Nieve”, “Job”, “Hamelin”, “Primera noticia de la catástrofe,” “El chico de la última fila”, “Fedra”, “La tortuga de Darwin”, “La paz perpetua”, “El elefante ha ocupado la catedral”, “La lengua en pedazos”, “El crítico”, “El cartógrafo”, “Los yugoslavos”, “El arte de la entrevista”, “Famélica”, “Reikiavik”.
Con Juan Cavestany é coautor de
“Alejandro e Ana
lo que España no
pudo ver de la boda de la hija del presidente” -Premio Max 2004 ao Mellor Espectáculo de Teatro- e de “Penumbra”, da compañía Animalario. As súas pezas breves foron editadas por Ñaque en 2001 e reeditadas en 2009 co título “Teatro para minutos”. Teatro 1989-2014, editado pola Uña Rota en 2014 recolle o teatro completo de Juan Mayorga. Vinte obras elixidas polo autor nun libro imprescindible e necesario. A mesma editorial reúne por primeira vez ensaios, conferencias e artigos elixidas e ordenadas polo autor en Elipses (Ensaios 1990-2016).
SOBRE “A TARTARUGA DE DARWIN” (Premio Max ao mellor autor 2009; Premio Teatro de Rojas ao mellor autor 2008)
Harriet foi un exemplar femia de tartaruga xigante que o naturalista Charles Darwin levou desde as illas Galápagos ata Inglaterra en 1835. O exótico animal viviu 175 anos e, cando a noticia da súa desaparición saltou aos xornais, o dramaturgo Juan Mayorga apaixonouse pola historia e comezou a recrear na súa cabeza a viaxe iniciático da tortuga pola convulsa Europa dos séculos XIX e XX.
Nesta
unidade
didáctica
propoñémosvos
mergullarvos
en
diversos
acontecementos que debuxaron a nosa historia contemporánea. Algúns deles forman parte imprescindible do voso currículum de Historia, outros invitámosvos a descubrirlos. Agardamos que podades aprender cunha mirada crítica e sobre todo reflexionar sobre o que todos eles supuxeron para as vidas dos homes e mulleres que vos precederon.
1. MOMENTOS HISTÓRICOS DA OBRA 1ª etapa: segunda mitade do século XIX e principios do século XX (1848-1914) 1.1.
Con que dous nombres se coñece a esta etapa?
1.2.
Explica en que consisten.
1.3.
Explica e reflexiona argumentadamente sobre os seguintes conceptos históricos que caracterizan este momento:
COLONIALISMO
DARWINISMO SOCIAL
IMPRESIONISMO (cita os seus principais representantes)
METAFORA DEL TITANIC
2ª etapa principios siglo XX hasta fin 2 ª guerra mundial (1914-45) 1.4.
Que acontecimentos marcaron esta etapa en Europa y América?
1.5.
Que palabra corresponde a cada imaxen?
AUSCHWITZ REVOLUCIÓN RUSA A QUEiMA DE LIBROS O CASO DREYFUS TRINCHEiRAS TOTALITARISMOS GUERRA CIVIL ESPAÑOLA OS ISMOS
3ª etapa: A Guerra Fria (19451989) 1.6.
Que acontecimiento marca o final da Guerra Fria?
1.7.
Destes 12 acontecementos cáles pertencen á guerra fría:
A guerra de Vietnam A chegada do home á lúa Gandhi Estreo de ciudadano Kane Desembarco de Normandía A producción en cadea ou Fordismo A descolonialización de África Bombardeo de Hiroshima Guerra civil Española A caída de Wall Street A construcción do muro de Berlín Martín Luther King
A creaciรณn da ONU
2. ARTE: AS VANGARDAS E OS ISMOS A QUE ESTILOS PERTENCEN A SEGUINTES OBRAS DE ARTE?
POSTIMPRESIONISMO (3) CUBISMO SURREALISMO. EXPRESIONISMO ABSTRACCIÓN (2) DADAISMO HIPERREALISMO
A TARTARUGA DE DARWIN Unidade didáctica Filosofía IES Pedro Floriani, Redondela, 2018-19 A INVOLUCIÓN DO SER HUMANO A TRAVÉS DOS TEXTOS FILOSÓFICOS Aínda que os textos se poden comentar separadamente, están seleccionados para formar unha secuencia que faga ver a involución da nosa sociedade desde a ilustración ata os nosos días: Na Ilustración, John Locke escribiu sobre os dereitos e a propiedade. Este é un texto clásico no que Locke xustifica o dereito á propiedade privada sobre algúns obxectos a partir do dereito á posesión da propia persoa, que lle parece evidente, e o feito de que o traballo exercido sobre un obxecto pon nel algo da propia persoa. Locke insiste neste e en moitos outros lugares en que este dereito só se adquire se queda suficiente e igual de bo en común para outras/os. Aínda que a terra e tódalas criaturas inferiores sirvan en común a tódolos homes, non é menos certo que cada home ten a propiedade da súa propia persoa. Ninguén, fóra del mesmo, ten dereito ningún sobre ela. Podemos tamén afirmar que o esforzo do seu corpo e a obra das súas mans son tamén autenticamente seus. Por iso, sempre que alguén saca algunha cousa do estado en que a Natureza a produciu e a deixou, puxo nesa cousa algo do seu esforzo, engadiulle algo que é propio seu; e por iso, converteuna en propiedade súa. Sendo removida por el do estado común no que a natureza a situou, ten algo engadido polo seu esforzo, que exclúe o dereito común doutros homes. Porque, sendo este esforzo propiedade incuestionable do traballador, ninguén se non el pode ter dereito a aquilo ao que quedou unido, polo menos mentres quede suficiente, e igual de bo, en común para outros. J. Locke, 2º tratado sobre o goberno civil, 1689.
Nos seguintes fragmentos de A riqueza das nacións vese como Adam Smith xa era plenamente consciente dos problemas que crea a acumulación de capital. Para isto propón un sistema progresivo de impostos. Pero, á hora da verdade, o asunto parece quedar en mans da bondade das persoas que estean no goberno, que por outra parte el mesmo admite que traballan para defender ao rico contra o pobre. En consideración ao prezo das mercadorías, o aumento dos salario s compórtase coma o interese simple, o aumento dos beneficios compórtase coma o interese composto. Os nosos comerciantes e os señores moito se queixan dos malos efectos dos salarios altos, que fan subir os prezos e baixar as venda de bens. Pero nada din respecto dos malos efectos de beneficios altos. Calan sobre os efectos perniciosos efectos dos seus propios beneficios. Quéixanse só daqueles doutras persoas. [...] Onde queira que hai propiedade grande hai desigualdade grande. Por cada home moi rico ten que haber polo menos cincocentos pobre, e a afluencia de poucos supón a indixencia de moitos. A afluencia do rico provoca a indignación do pobre, quen é a miúdo conducido polo capricho e incitado pola envexa a invadir as súas posesións. [...] Os súbditos de cada estado deberían contribuír a apoiar o goberno, tanto como sexa posibel, en proporción ás súas respectivas capacidades. [...] O goberno civil, en tanto é instituído para a seguranza de propiedade, é en realidade instituído para o defensa do rico contra o pobre, ou de quen ten algunha propiedade contra quen no ten ningunha en absoluto. [...] Un home sempre ten que poder vivir do seu traballo, e o seu salario polo menos ten que ser abondo para mantelo. Teñen que ser mesmo un pouco máis na maioría de ocasións; doutro xeito sería imposíbel para el manter unha familia, e a raza de tales traballadores non podería continuar alén da primeira xeración. A. Smith, A riqueza das nacións, 1776
Nin 75 anos pasaran desde que Adam Smith publicara a súa obra e o capitalismo estaba en pleno funcionamento en Europa. Tal como el previra a clase traballadora estaba empobrecida, embrutecida, moribunda e tan desesperada que a clase burguesa comezaba a vela coma unha pantasma disposta a arrebatarlle os medios de produción nun movemento do calibre da recente revolución francesa. Os textos de Marx animan a que o pensamento se volva acción e transforme a orde inxusta á que o mundo está sometido. Unha fantasma percorre Europa: a fantasma do comunismo. [...] Onde conquistou o poder, a burguesía destruíu as relacións feudais, patriarcais, idílicas; rachou sen piedade as variadas ligaduras feudais que ataban o home ós seus “superiores naturais”, para non deixar subsistir outro vínculo entre os homes que o frío interese, o cruel “pago en man”; afogou o sagrado éxtase do fervor relixioso, o entusiasmo cabaleiresco e o sentimentalismo do pequeno burgués nas augas xeadas do cálculo egoísta; fixo da dignidade persoal un simple valor de cambio; substituíu as numerosas liberdades escrituradas e adquiridas pola única e desalmada liberdade de comercio. Nunha palabra, no canto da explotación velada por ilusións relixiosas e políticas, estableceu unha explotación aberta, descarada, directa e brutal. A burguesía desposuíu da súa aureola a todas as profesións que até entón se tiñan por venerábeis e dignas de piadoso respecto. O
médico, o xurista, o crego, o poeta, o científico, foron convertidos nos seus servidores asalariados. [...] A industria moderna transformou o pequeno taller do mestre patriarcal na gran fábrica do capitalista industrial. Masas de obreiros, amontoados na fábrica, son organizados militarmente. Como soldados rasos da industria, están colocados baixo a vixilancia de toda a xerarquía de oficiais e suboficiais. Non son soamente escravos da clase burguesa, do Estado burgués, senón diariamente, a cotío, escravos da máquina, do capataz e, sobre todo, do burgués individual, patrón da fábrica. E este despotismo é tanto máis mesquiño, odioso e exasperante canto maior é a franqueza con que proclama que non ten outro fin que o lucro. [...] Unha vez que no curso do desenvolvemento desaparezan as diferenzas de clase e se concentre toda a produción en mans dos individuos asociados, o poder público perderá o seu carácter político. O poder político, falando propiamente, é a violencia organizada dunha clase para a opresión doutra. Se, na loita contra a burguesía, o proletariado constitúese indefectibelmente en clase, se mediante a revolución convértese en clase dominante e, en canto clase dominante, suprime pola forza as vellas relacións de produción, suprime, ó mesmo tempo que estas relacións de produción, as condicións para a existencia do antagonismo de clase e das clases en xeral, e, polo tanto, a súa propia dominación como clase. [...] Proletarios de todos os países, unídevos! K. Marx e F. Engels, Manifesto comunista, 1848
Os filósofos só interpretaron o mundo de distintos xeitos; o asunto, con todo, é cambialo. K. Marx, Manifesto comunista, 1845
O capitalismo non sucumbiu á revolución e a súa evolución natural levou a dúas guerras mundiais que foron a triste tumba dos ideais da Ilustración, aínda que sempre houbo quen continuou apelando á razón como a única opción para facer un mundo máis xusto. No período de entreguerras xorde unha corrente filosófica que trata de buscar sentido nun mundo que se presenta como absurdo, o existencialismo. Harriet cita a un dos seus principais autores, Sartre, que afronta o problema da acción humana nun mundo sen Deus: Dostoievski escribiu: “Se Deus non existise, todo estaría permitido”. Este é o punto de partida do existencialismo. En efecto, todo está permitido se De8us non existe e, por conseguinte, o home está desvalido porque non atopa, nin nel nin fóra del, unha posibilidade á qe se aferrar. Non atopa ante todo escusas. Se, efectivamente, a existencia precede á esencia, nunca se poderá explicar por referencia a unha natureza humana dada e conxelada; dito doutro xeito, non hai determinismo, o home é libre, o home é liberdade. Se, por outra parte, Deus non existe, non topamos fronte a nós valores ou ordes que lexitimen a nosa conduta. Así, non termos nin detrás nin diante de nós, no dominio luminoso dos valores, xustificacións ou escusas. É o que expresarei dicindo que o home está condenado a ser libre.
J.P. Sartre, O existencialismo é un humanismo, 1946
Un tema central da obra é o Darwinismo Social. Curiosamente, esta teoría xurdiu (pero non con este nome) antes de que Darwin publicase as súas obras, tomando algunhas ideas de Lamarck, pero a aceptación progresiva do evolucionismo darwiniano e a posterior teoría de síntese levou ao seu iniciador, Herbert Spencer, a adoptar algúns dos seus puntos de vista. Finalmente, o seu pensamento foi interpretado en moitos sentidos distintos, quizais tamén pola ambivalencia da súa propia expresión. As forzas que están desenvolvendo o gran esquema da felicidade perfecta, sen prestar ningunha atención ao sufrimento incidental, exterminan aquelas seccións da humanidade que se interpoñen no seu camiño, coa mesma crueza coa que exterminan bestas de presa e rabaños de ruminantes inútiles. H. Spencer, Estática social, 1851 E porén, e é algo estraño de dicir, agora que a verdade [da selección natural] é recoñecida polas persoas máis cultivadas [...], agora máis que nunca na historia do mundo, están facendo todo o que poden para que perdure a supervivencia dos máis inadaptados. H. Spencer, O home contra o estado, 1884
Pero o propio Darwin non pensaba que a loita pola supervivencia fose sempre unha cuestión de egoísmo e violencia. Neste texto xustifica o valor adaptativo das condutas xenerosas e amorosas: A seguinte afirmación paréceme a min probable nun alto grao: que un animal calquera, dotado de instintos sociais ben marcados, incluídos os afectos parentais e filiais, inevitabelmente adquiriría un sentido ou conciencia moral, apenas os seus poderes intelectuais cheguen a desenvolverse tan ben, ou case, coma os do home. Posto que, en primeiro lugar, os instintos sociais dirixen un animal a obter pracer na sociedade dos seus iguais, a sentir unha certa cantidade de empatía con eles, e a realizar varios servizos para eles. Ch. Darwin, A estirpe do home, 1871
Foi o mesmo A. Hitler quen interpretou moitas de todas estas ideas en termos do darwinismo social. Verdadeiramente, esta terra é un trofeo para o home industrioso. E isto, certamente, no servizo da selección natural. O que non posúa a forza para asegurar o seu espazo vital neste mundo, e, se é necesario, para acrecentalo, non merece posuír o necesario para a vida. Ten que dar un paso a un lado e deixar paso ás persoas máis fortes. A. Hitler, Discurso en Berlín, 18 de decembro de 1940
SOLUCIONARIO 1.1. LA BELLE EPOQUE E A PAZ ARMADA 1.4. As dúas guerras mundiales, o crack do 29 ou a gran depresión e o nacemento de rexímenes totalitarios e dictadores como Stalin, Mussolini, Franco e Hitler. 1.7. Si pertencen: A guerra de Vietnam A construcción do muro de Berlín A chegada do home á lúa A creación da ONU A descolonialización de África Gandhi Martín Luther King Non pertencen: Desembarco de Normandía A caída de Wall Street
Bombardeo de Hiroshima Guerra civil Española
A producción en cadea ou Fordismo
Estreo de ciudadano Kane
2. ARTE: PRIMEROS TRES CUADROS: postimpresionismo: Van Gogh, Gauguin ,Cezanne 3. 4. 5. 6.
CUBISTA ARLEQUIN (PICASSO) SURREALISMOS: DALI : LOS RELOJES BLANDOS EXPRESIONISMO: EL GRITO DE MUNCH ABSTRACCIÓN: KANDINSKY Y POLLOCK
7. DADAISMO:_ LA FUENTE (DUCHAMPS) 8. HIPERREALISMO: ANTONIO LOPEZ