BRANCA DE NEVE E OS SETE ANANIÑOS Irmáns Grimm
Chamábanse Jacob (1785-1863) e Wilhelm (1786-1859) e eran de orixe alemá. Ambos foron catedráticos de filoloxía alemá, e importantes estudiosos da historia da lingua e a lingüística, pero son coñecidos sobre todo polas súas coleccións de cancións e contos populares, entre as que sobresae a obra Contos infantís e do fogar. Nela recóllense contos da tradición alemá, que se popularizaron enormemente grazas ao traballo destes dous irmáns.
O FRAUTISTA DE HAMELÍN
Irmáns Grimm

pINOCHO
Carlo Collodi
Foi escritor e xornalista, e viviu entre os anos 1826 e 1890. O seu verdadeiro apelido era Lorenzini, pero utilizou como pseudónimo o nome da vila da Toscana na que nacera súa nai. A súa obra máis famosa trata da relación fraterno-filial; habitualmente, lémola coma un conto, xa que a coñecemos sobre todo a través da versión de Disney, sen embargo, a obra orixinal é unha novela longa e, por veces, de gran dureza, que inclúe unha complexa rede de cuestións morais.
O gATO NEgRO
Edgar Allan Poe
Naceu en Boston en 1809 e morreu en Baltimore en 1849. Foi un escritor, crítico, xornalista e poeta estadounidense, recoñecido como un dos creadores do conto moderno e do xénero policial. Na súa obra destacan os contos de terror, entre os que podemos citar “O corazón delator” ou “A máscara da morte vermella”.
HANSEL E gRETEL
Irmáns Grimm
Chamábanse Jacob (1785-1863) e Wilhelm (1786-1859) e eran de orixe alemá. Ambos foron catedráticos de filoloxía alemá, e importantes estudiosos da historia da lingua e a lingüística, pero son coñecidos sobre todo polas súas coleccións de cancións e contos populares, entre as que sobresae a obra Contos infantís e do fogar. Nela recóllense contos da tradición alemá, que se popularizaron enormemente grazas ao traballo destes dous irmáns.
ALICIA NO pAÍS DAS MARABILLAS Lewis Carroll
O seu verdadeiro nome era Charles Lutwidge Dogson, e viviu no Reino Unido entre 1832 e 1898. Foi filósofo, matemático, fotógrafo e novelista. Tamén traballou como docente e colaborou en revistas cómicas e literarias, adoptando o pseudónimo que o faría mundialmente famoso. Sóese dicir que levou unha vida gris e discreta ata que un día, sen pretendelo, escribiu un conto para as fillas dunha familia amiga súa, que non paraban de pedirlle que lles contara historias “que non tiveran pés in cabeza”. Así xurdiu a súa obra máis famosa, que pronto se converteu nun clásico.
CARRApUCHIÑA VERMELLA
Charles Perrault
Escritor francés coñecido polas súas adaptacións de contos tradicionais como Polgariño, O gato con botas ou Cincenta. Viviu entre os anos 1628 e 1703 e, ademais dos contos, escribiu outras obras, sobre todo poemas nos que eloxiaba ao rei e aos nobres. Tamén se dedicou ao traballo de avogado e funcionario da corte francesa.
O XIgANTE EgOÍSTA
Oscar Wilde
Foi un dos escritores máis brillantes e un dos personaxes públicos máis polémicos e chamativos da súa época, famoso por obras como O retrato de Dorian Gray ou A importancia de chamarse Ernesto , pero tamén polas súas famosas frases, cargadas de ironía e sarcasmo. Naceu en Dublín, a capital de Irlanda, en 1854, e faleceu en París en 1900. Os seus últimos anos foron moi duros, debido á persecución que sufriu pola súa homosexualidade, motivo polo que incluso foi condenado a traballos forzados.
pETER pAN
James Matthew Barrie
Escritor británico nacido en Escocia en 1860 e falecido en Londres en 1937. A súa obra máis famosa reflexa, en certa medida, a personalidade deste autor, marcado por unha infancia dura na que sufriu a indiferenza da súa nai, e acomplexado pola súa baixa estatura, que non chegaba ao metro e medio. Sempre preferiu a compañía dos nenos cá dos adultos, xa que no fondo el preferiría non medrar. Creou ao seu inmortal personaxe para os fillos dunha familia aos que visitaba para contarlles historias.
O pATIÑO FEO
Hans Christian Andersen
Escritor danés famoso por contos como “A sereíña”, “O traxe novo do emperador” ou “A raíña das neves”. Naceu en 1805 e morreu en 1875. Era de orixe moi humilde, polo que a súa educación foi nun principio autodidacta, aínda que máis tarde puido estudar grazas á axuda de persoas alleas á súa familia. Quixo ser actor e cantante de ópera, pero fracasou no seu intento e acabou triunfando coa escrita de contos para nenos, que obtiveron un gran éxito desde o primeiro momento, Chegou a compoñer uns cento cincuenta contos ao longo da súa vida.