Guía das árbores autóctonas de Galicia

Page 1

Colexio Lois Tobío Curso 2017 / 2018


Castiñeiro / castaño / chestnut tree O castiñeiro é unha árbore probablemente introducida en Galicia polos romanos e pode pasar de cen anos de vida. A súa madeira é moi apreciada e emprégase en carpintería, ebanistería, construción... O seu froito, a castaña, esta protexida polo ourizo e comeza a madurar a finais de setembro. Este froito era moi empregado e apreciado antes da chegada da pataca, facéndose indispensable na alimentación diaria dos nosos


antepasados, pois facíase caldo de castañas, castañas con leite, etc. Un xeito de conservar as castañas era secalas, chamábanse maiolas e así, tíñannas para todo ano. A recollida de castañas nos soutos facíase de xeito colectivo e ao rematar celébrabase unha pequena festa ou magosto, similar ao que facemos todos os anos no colexio a principios de novembro (data na que se acaba a recolleita ). O castiñeiro é unha árbore caducifolia que pode chegar ata os 30m de altura e florecen en maio, xuño e xullo. Esta árbore está moi extendida por Galicia, especialmente na zona oriental

O castiñeiro é unha árbore moi apreciada por todos nós, de aí que atoparemos moitas cantigas, refráns, etc

Ao outro lado do río ten meu pai un castiñeiro que da mazás en outono e uvas pasas en Xaneiro



Sobreira / alcornoque / cork oak Trátase dunha árbore de folla perenne que nos ofrece un material biodegradable e natural para unha grande cantidade de usos. Antigamente era moi abondosa en Galicia; hoxe en día está en franca decadencia. Aínda así, quedan sobreiras, situadas principalmente nos seguintes puntos: • Arnoia, Ribadavia e toda a comarca do Ribeiro. (Son famosas as do Arnego) • Comarca do Arnego, río Deza e río Ulla. • Ribeira Sacra e baixo Miño • Por norma xeral é posible atopalo en todos os vales interiores de Galicia e nos costeiros meridionais. Os seus usos son múltiples: - da uns froitos chamados bellotas, alimento principal do porco ibérico . - a súa casca emprégase para facer cortiza e con ela diferentes tipos de tapóns, mobles, solos, trobos e outros utensilios. - a súa madeira é dura, empregándose para facer toneis e construcións navais porque resiste ben sumerxida en auga. - moitos tipos de fungos comestibles viven asociados a esta árbore . Curiosidades: -No Caurel chámanse así os alpendres achegados ás casas. -Segundo as zonas, a árbore recibe diferentes nomes: zufreiro, xufreira, subreiro, sobreira, sebreiro, sebreira, curticeiro, curcheiro, cortizo, corticeira, cortezo, corcheiro, corcheira, … A cortiza usouse na provincia de córdoba para facer escaiolas para rotura de ósos. Na provincia de Granada, antiguamente, cocían cortiza para depurala e lavala e co líquido que quedaba daban masaxes en articulacións e músculos para relaxación dos mesmos. Existe tamén a crenza de que se metes unha bolsa con corchos cerca da almofada, consigues mitigar dores musculares e calambres nas pernas. Cantiga:Meu santo, San Antoniño, / nacido no sobreiral, / o pesebre do meu burro / é voso irmán carnal.


Que é ? Arbusto pequeno de dous a catro metros de altura. Nome: Arandeira, mirtiño, uva de monte, … Orixe: Arranca na cultura nórdica hai moitos miles de anos. Abundan en zonas frías, pero deben ser algo soleadas. En Galicia, son frecuentes na zona montañosa de O Caurel, Ancares, Cerdido, ... Follas: Verdes e dentadas Flores: Coa corda esférica de cor verde pálido. Raíces: Baixo terra, formando capas moi ramificadas. Froitos: Son vermellos cando están verdes, e de cor negro morado cando maduran. Teñen unha capiña branca por fóra que é donde se atopan os antioxidantes. Sabor: Agridulce


Propiedades boas: Fortalece o sistema inmonolóxico, regula os niveis de azucre, mellora a visión, aporta coláxeno,... Curiosidades: Os pequeniños saben mellor. As terras ácidas de Galicia son moi boas para este cultivo. A maior plantación de arandos de España está en Cerdido e produce 1,2 millóns de kg ao ano. Hai máis de 30 especies diferentes. Uso medicinal: para os males das vías urinarias, do ril, intestinais, garganta, caries dentais. É un maravilloso antioxidante. A súa inxesta moderada pode reducir o consumo de antibióticos. Uso culinario: Poden comerse en fresco xusto despois de recollelos, en ensalada de froitas,...; tamén se poñen en salsa para acompañamento de carnes e peixes; en xeados e marmeladas; para o recheo de pasteis e biscoitos; en licores, viños, almíbares e sorbetes, …



O PIÑEIRO

Nome científico: Pinus pinaster. Nome en galego: Piñeiro do país, piñeiro galego, piñeiro bravo. Nome en castelán: Pino rodeno, pino marítimo. Nome en inglés: Pine tree. Aínda que o máis abundante é o piñéiro do país, en Galicia tamén hai outras especies de piñeiros: o piñeiro negro, o piñeiro manso e o piñeiro silvestre. Situación do piñeiro en Galicia: en toda a xeografía galega e, dun xeito especial, nas Rías Altas e Baixas Usos do piñeiro: • Madeira: Mobles, decoración, carpintaría exterior e naval, construción... • Resina: Utilizase para facer augarrás, lacas, barnices e outros productos. • Follas: Faise un aceite esencial que se emprega como bálsamo, expectorante e antiséptico para enfermidades do aparato respiratorio. Curiosidade: O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal. Cantigas, refráns e ditos populares: Arrimeime a un pino verde, Juan Parga. (Canto popular).


Nome científico: Populus nigra. Nome galego: Choplo negro, lamigueiro, álamo negro, lamagueiro. Nome castelán: Álamo negro, chopo común. Nome inglés: Black poplar. Habitat: Atopámolos nas ribeiras dos ríos e lugares frescos. Distribución nativa. ✖ Población aislada. ▲ Introducido e naturalizado. A súa madeira emprégase para ... A madeira é pouco resistente, branda, porosa, lixeira e fráxil. Apta para carpintería lixeira de pouca resistencia. Exemplo: mobles, caixas de madeira típicas da froita, os marcos dos cadros...


Como son as súas flores? Flores verdosas ou avermelladas, floración precoz a finais do inverno (a partir de febreiro). Os froitos... O froito é unha cápsula de 7- 9 mm, primeiro verdosa e logo parduzca. Ó madurar ábrese en dúas valvas e libera diminutas sementes recubertas dunha pilosidade algodonosa para facilitar a súa dispersión polo aire. A semente sae entre maio e xuño. Propiedades: • Tónico xeral e adtrinxente. • Depurativo e sudorífico. • Aumenta a excreción de ácido úrico. • Expectorante e balsámico. • Diurético moi usado en litíase renal. • Usado como cataplasma no tratamento de feridas e úlceras. • Coa resina das súas xemas faise unha untura para a curación das almorrás. • Axuda moito a disminuir a


contaminación nos ríos, está demostrado que acumula ferro, entre outros metais. Refrán En madeira de chopo non entra cepillo. Poema DULCE CHOPO Dulce chopo,

La fragancia cautiva

dulce chopo

de tu tronco

te has puesto

vendrá a mi corazón

de oro.

piadoso.

Ayer estabas verde

¡Rudo abuelo del prado!

Un verde loco

nosotros,

de pájaros

nos hemos puesto

gloriosos

de oro.

Hoy estás abatido bajo el cielo de agosto como yo frente el cielo de mi espíritu rojo

/ García Lorca


A NOGUEIRA Nome da árbore: En galego nogueira, noceira, en castelán nogal e en inglés walnut tree. A nogueira é unha das árbores máis extendidas que hai por todo o mundo e coñécese dende fai xa varios miles de anos. A nogueira máis grande e lonxeva de Galicia está na parroquia de Santa Eulalia de Licín e ten máis de oito metros de perímetro e seguramente foi plantada fai máis de cincocentos anos. Cultívase principalmente pola súa madeira, polo seu froito (a noz), e as súas aromáticas follas. A súa madeira é resistente e de boa calidade. A cor da madeira vai do crema ó chocolate dependendo se procede da cerna ou das partes máis externas. Pola cor, a dureza e o tipo de grao, a nogueira é moi valorada para fabricar mobles e para ser labrada. Foi usada durante séculos para facer culatas de armas de fogo e segue a usarse para armas de caza. A nogueira perde as follas en inverno e en primavera vólvenlle a saír á vez cas flores . O froito comeza a súa eclosión en agosto. Este nace coa pel verde, e dentro encontramos a noz. As noces de todas as especies de nogueiras son comestibles, pero as que se aproveitan comercialmente son, en xeral, as da nogueira común, que son as de tamaño maior e de pel interior máis fina. As noces son ricas en aceite e pódense consumir crúas ou cociñadas. O aceite emprégase a miúdo na pintura ó óleo. As noces son unha fonte de ácidos


graxos omega-3 e demostráronse eficaces para facilitar cas arterias manteñan a súa flexibilidade facilitando a redución do colesterol. Necesitan conservarse en fresco, xa que en condicións cálidas teñen tendencia a se pór rancias en poucas semanas. Nalgúns países as noces verdes consérvanse en vinagre coa súa casca. A noz e a casca son usados tamén para producir substancias para tinxir. Curiosidades A nogueira considérase nociva para as colleitas, dificultando que xermolen as sementes. Ademais de ser árbores de mala sombra din que durmir ao seu carón senta mal e até se pode enfermar. Outra curiosidade e que pode chegar a alcanzar unha idade de 200 a 300 anos e unha altura media de 20 a 25 metros, pero hai exemplares que superan os 30, é dicir, coma unha casa de sete pisos. Tamén atribúenselle propiedades máxicas, por iso as follas empréganse como herbas de san Xoán. Refráns  Ano de noces, ano de voces.  En marzo, abrigo, noces e pan trigo.  Pan e noces saben a amores.  Polo San Martiño andan as noces a roliño.  Por santa Tecla abala a nogueira.


A FIGUEIRA Nome da árbore: Figueira en galego, higuera en castelán e fig tree en inglés. A figueira foi unha das primeiras plantas cultivadas polo home, antes incluso co trigo, a cebada ou as legumes, e podería ser o primeiro caso de agricultura: encontráronse figos fosilizados en poboados neolíticos do val do Jordán que datan do 9400/9200 a. C. En Galicia, malia non medrar de xeito espontáneo, é común o seu cultivo dende a antigüidade dáse especialmente nas Rías Baixas. A principal aplicación da figueira é alimentaria. O froito que da chámase figo e son flores invertidas. As flores da figueira crecen dentro dunha vaina en forma de pera que logo madura ata converterse na froita que coñecemos, o figo. Primeiro no mes de xuño nacen as brevas, que son maiores cos figos pero escasas. Despois, entre agosto e setembro a figueira produce gran cantidade de figos Utilízase en casos de estreñimiento, afeccións respiratorias, irritacións gastrointestinais. O seu látex abrancazado («leite de figo») é irritante e utilizouse antigamente para combatir as caries dentais e verrugas da pel. Tamén empregouse para callar o leite. Locucións Seco coma un figo: mirrado . Dito Popular «Co bo tempo, San Andrés garda os figos para el» (San Andrés é o 30 de novembro). Refraneiro • A branca, con frío, non vale un figo; a negra, nin figo nin breva


• • • • •

• • •

Ano de brevas, nunca acá veñas . Auga bebas con figos e brevas . Auga ó figo; e á pera viño . Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla . Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira. Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos . É millor pan duro que figo maduro. Folla na figueira, muxe na ribeira.

Cantigueiro • No alto dunha figueira/ estaba un home atutando;/ afaite sola, meniña,/ que eu xa te vou olvidando. • Teño unha figueira grande/ que moitos figos me dá;/ teño unha nena bonita,/ xa non quero traballar. Lenda A "Figueira do Meco", é unha árbore de máis de 100 anos situado nun boquete entre dous penas do Monte da Siradella (O Grove) e que ten unha coñecida lenda dos séculos XV e XVI. Esta lenda, que ten coma protagonista a un cura da vila do Grove, foi recollida polo Pai Sarmiento e conta que o relixioso era un mullereiro o cal esta situación levouno a que un grupo de mulleres o aforcaran no Monte Siradella. Dende entón a lenda di que a árbore da figos vermellos que "levan o sangue do Meco".



A FAIA(Fagus sylvatica) DENOMINACIÓN:   

Galego: Faia Castelán: Haya Inglés: Beech

CARACTERÍSTICAS: Árbore caducifolia da familia das fagáceas que forman os faiais ou bosques de faias. O seu tronco é groso e erguido; a cortiza, lisa e grisácea; as ramas, moi altas formando unha copa redonda e espesa con follas ovaladas, de cor verde puntiaguda e algo apuntada nos seus extremos; e o froito, encerrado nunha especie de bóla recuberta de espiñas. Poden alcanzar os 45 metros de altura e crecen en zonas fértilesde clima fresco e húmido. É frecuente que aparezan en zonas montañosas xunto a outras especies caducifolias. USOS: A súa madeira é dura, pesada e flexible e utilizouse desde fai moito tempo con distintos obxectivos:- Creación de mobles / - Elaboración de ferramentas (mangos) e obxectos de tornería. / - Fabricación de remos para embarcacións (tras ser tratada)./ - Construción de aros e elementos circulares./ Fabricación dos travesos das vías do ferrocarril. O seu froito serve para o engorde do gando porcino e tamén para a extracción dun aceite para queimar ou para uso comestible. Debido aos principios activos que conteñen as súas follas e a súa cortiza, a faia foi moi utilizada para realizar diferentes preparados medicinais para combater: USO INTERNO (INFUSIÓN): A diarrea (astrinxente). / A gripe, a bronquite e os arrefriados (expectorante, antiinflamatorio e antiséptico). /A retención de líquido e as pedras nos riles (diurético). USO EXTERNO: - O tratamento de feridas (antiséptico e antiinflamatorio). / - Reducir os síntomas da farinxite mediante gárgaras (antiinflamatorio). / Loitar contra as úlceras bucais e dor de dentes utilizándoo como enxaugue bucal. * En exceso, o seu uso pode ser tóxico.

Poema / Antonio Machado (...) Las hayas son la leyenda. Alguien, en las viejas hayas, leía una historia horrenda de crímenes y batallas. ¿Quién ha visto sin temblar un hayedo en un pinar? (...)



Loureiro / Laurel / Laurel O loureiro (en latín, Luarus Nobilis) é orixinario do Mediterráneo oriental. Varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode chegar ata 20 m de altura. As súas follas son vistosas e cun olor moi característico. O seu froito cando está maduro ten cor negra. En Galicia ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos. Recibe tamén o nome de gamallo. É certo que en Galicia os loureiros adoitan medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo. Historia:Na Grecia Antiga as coroas confeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Cando remátase unha construcción, tradicionalmente, ponse unha planta de laurel na súa terraza. Usos da madeira: A madeira de loureiro é moi dura e se ten empregado para traballos de marquetaría. Usos culinarios: As follas de loureiro son usadas como condimento na gastronomía europea. Estas utilízanse en sopas, guisos e estufados. Usos medicinais: o loureiro é un tónico estomacal. Cantiga: A aldea de Atalaia rodeada de loureiros, non a pasean casados que a pasean solteiros.



MEDRAN: lugares frescos, lameiros, brañas e ribeiras EN GALICIA: abundan máis na zona norte A MADEIRA: é moi doada de traballar porque é moi resistente e elástica. Con ella fanse: arcos, bates de beisbol, de hockey, raquetas, instrumentos musicais como guitarras, cítaras, … NO AGRO GALEGO: usábase para fabricar partes do carro ( eixos, estadullos, piotos … ) e mangos de ferramenta,... A súa leña é moi bon combustible e dela faise carbón COMO MEDICIÑA: as follas en infusión son laxantes e diuréticas. A casca serve para baixar a febre e aliviar a dor de cabeza. CURIOSIDADES: - O freixo forma parte das tres árbores consagradas ás fadas: rebolo, freixo e espiño. - A xente dí que nos lugares onde aparecen as tres árbores seguro que se poden ver fadas. - A mitoloxía escandinava chamáballe a “ ÁRBORE DA VIDA “



Laranxeira / Naranjo / Orange tree / Árbore moi cultivada en xardíns polo valor comestible dos seus froitos e tamén polo valor decorativo da especie ( copa arredondada, cos froitos de cor laranxa en contraste co verde das follas ) Uso medicinal: As laranxas son depurativas do organismo polo seu contido vitamínico, azucre, fibra, ferro, sodio e magnesio. Outras aplicacións son para problemas do sistema dixestivo, parásitos, febre, … A madeira, como dí a cantiga, serve para facer barcas: A Virxen de Guadalupe Outra cantiga: cando vai para Rianxo; Xa fun a Marín a barquiña que a leva xa pasei o mar, era de pau de laranxo. xa comín laranxas do teu laranxal.

Coa madeira das ramas fanse “ bastoncillos “ para que os manicuristas quiten a custícula das unllas. Crecen en zonas temperadas e cálidas. Actualmente, é moi frecuente o seu cultivo nas zonas costeiras de Galicia.



Nome científico: Betula alba, da familia das Betuláceas Procedencia: é orixinaria de Europa e do Norte de África. En Galicia é común en gran parte de Lugo e Ourense. Características: árbore que pode acadar os 20 metros de altura. O seu tronco, curto e dereito, está cuberto por unha cortiza branca con liñas horizontais grises. O bidueiro é unha árbore de crecemento rápido e prefire solos húmidos preto dos ríos. Usos: a súa madeira é branca e lixeira, moi fácil de traballar. Por iso, desde sempre, empregouse para facer facer zocas, culleres, cestos, … Cantiga de Manuel María / A bidueira Miña nai quere unhas zocas branquiñas de bidueira; mándemas vir de Vilalba daquilas que hai de chinela. A zoca xa é canción delgada como asubío que aprendeu a bidueira dos merlos de xunto ao río.



O Teixo

Teixido

É unha das árbores máis lonxevas da natureza, chegando a Teixedo vivir máis de mil Teixeiro anos. Serra do Toponimia: non é Caurel unha árbore moi numerosa en Galicia, Teixeira mais sí no pasado Teixadal de como demostra a Casaio toponimia: Teixeira, Teixedo, Teixido, Teixeiro, Teixois,... Na Serra do Caurel atópase o coñecido “ Teixo dos sete homes “ e no concello de Carballeda o Teixadal de Casaio, un dos máis impresionantes de Europa Uso da madeira: foi moi prezada, utilizándose para facer arcos, rodas de carro, sarcófagos, instrumentos musicais, ... Uso na medicina: todas as partes do teixo son tóxicas por ter unha propiedade que se chama taxina. O toxal, derivado do teixo, utilízase como fármaco antitumoral. Curiosidades: o teixo era sagrado para os celtas; asociábase coa vida eterna. Construíronse igrexas e cemiterios onde había un teixo. Conta a lenda que o teixo colle os segredos de cada un dos mortos ata seren liberados polas follas e abaneados polo vento.



Ameneiro Galego: Ameneiro, amieiro, abeneiro, someiro, umeiro,... Castelán: Aliso común Inglés: Alder Características: - Moi abundante en toda Galicia - Nace e medra na beira dos ríos - Altura media de 20 / 30 m - Caducifolio - Follas de 6 a 12 cm , limbo redondeado, de cor verde Usos: - Aguanta á terra nas fortes riadas - Serve para facer zocas e eixos de carros - Ten funcións medicinais: emplastes para pes cansados, colesterol, anxinas e farinxite, … Cualidade específica: A súa madeira é branca pero cando se corta vólvese de cor vermello; por iso, nos países nórdicos creían que era a árbore da resurreción ( cor vermello = sangue ) Refráns e ditos populares: En xaneiro, o ameneiro arde no regueiro. Leña de amieiro, arde no regueiro. Agora que ven o verán, ganancia para gandeiros que andan de prado en prado, á sombra dos ameneiros. Meu glorioso San Antón, feito de pau de ameneiro, curmán carnal dos meus zocos, neto do meu tabaqueiro.



O acivro Nome: Acebo, acivro. Orixe: Europa e Asia Ubicación: Exterior Follas: duras, verdes con espiñas. O seu froito é vermello. Usos: o acivro é diurético: utilízase para eliminar a febre. Características: o acivro utilízase como decoración na casa e nos árbores de nadal.



A moreira

- Galego: Moreira - Castelán: Morera - Inglés: Morus plant A moreira é unha árbore de Asia Central. Florece en abril. En maio ten o seu froito: a mora. É unha árbore caducifolia. As follas empréganse como alimento do verme da seda. En Galiza é común a moreira nos xardíns. Da moita sombra. As moras poden ser brancas ou negras. Son comestibles e doces.



O salgueiro Nome: Salgueiro Especie: caducifolio Madeira: dura, flexible e suave. Follas: alongadas, redondas e cos bordes en serra. Medra na beira dos ríos, regatos e lugares húmidos. Usos: para facer medicamentos. Curiosidades: Cando Manuel era moi pequeno, fai moitos anos, os nenos e nenas facían gaitas coa súa casca, na primavera, que era cando o zume subía polas súas ramas.







Buxo Galego: buxo Castelán: boj Latín: Buxus Arbusto orixinario de Europa, común en Galicia. Pode acadar os 12 m de altura. As súas follas son perennes. Florea de febreiro á maio e ten unha vida longa. A súa madeira, moi dura e compacta, ten cor amarela. É moi usada para facer: mobles, esculturas, utensilios de cociña, instrumentos, ...


O Colexio Lois Tobío coida as árbores


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.