Día da Paz Presentación ( Carlos Nuevo ) Día da PAZ // Guión - Colocación dos nenos/as nos espazos - Pequena presentación do Día da Paz - Alumnos de Primeiro . Canción e baile de QUÉROTE MÁIS -Alumnos de Segundo. - Recitado do poema de Federico García Lorca “ Agua, ¿ Dónde vas ?: - Canción: Paz, Paz, Paz - Alumnos de Terceiro: Poemas de Paz: - 3A: Eu debuxo pontes - 3B: A ponte que nos une - 3C: A Paz de Xoán Neira - Alumnos de Cuarto: A ponte transformadora - Alumnos de Quinto: O tren da PAZ: Vagóns cargados de PAZ - Alumnos de Sexto - Conto: Viaxamos no Tren da Paz - Representante de Pais/Nais Esmeralda Vázquez______ Texto - Agradecemento: - A todo o profesorado - Aos nenos/as - Aos pais/nais pola vosa participación e colaboración - Ao concello de Viveiro - A Pedro Canoura, alumno de sexto, por inventar cores. - A María José López por darlle colorido ao mural. - Solta de palomas ( colaboración da familia de Gabriel Casas del Río) Remate: Formación entre toda a Comunidade Educativa dun TREN DE PAZ que rodeará a todo o Colexio - Canción: Llegará la tormenta
Alumnos/as de Primeiro
Alumnos/as de Segundo
Alumnos/as de Terceiro
Alumnos/as de Cuarto
A PONTE TRANSFORMADORA
A ponte sempre foi un símbolo de unión, xeralmente une dúas beiras dun río, dun regato, … Neste día da Paz queremos que a nosa ponte sexa tamén símbolo da unión, da tolerancia, da amizade, da convivencia, do compañerismo, da concordia, da alegría, … Para cumplir todos eses desexos os nenos
de 4º de primaria construiron unha ponte Transformadora. Esta ponte é tan forte e extraordinaria que é capaz de convertir calquer acto, acción ou actividade mala, incordiante, perxudicial, … en algo positivo, excepcional e moi pacífico. Se
non o credes observade:
- O Egoismo e a Avaricia dan lugar ao Compartir e a Xenerosidade - O tirar o lixo e non coidar as plantas transfórmase en Coidado do Entorno. - A mala educación cos compañeiros en Amabilidade e Cortesía.
- O medo transfórmase en tranquilidade. - Os insultos, puñetazos e zancadillas en Alabanzas, Diálogo e Aloumiños.
- A tristeza en Alegría. - O desexo de acaparar da lugar ao desexo de Compartir. -
O pelexarse e enfadarse transfórmase en Diálogo e Abrazos. - A soidade en Compañia.
E
todo o negativo queda asĂ transformado gracias a nosa ponte, facendo deste o noso mundo, o noso colexio un lugar mĂĄis agradable.
Alumnos/as de Quinto
Presentamos estes tres vagóns cargados de ilusións e propostas, lembrando especialmente aos refuxiados de todo o mundo que fuxen da guerra en busca da PAZ. A eles, e a todos os que como eles teñen moitas carencias, achegámoslles:
Vagón da Educación
O noso vagón leva: colexios, bibliotecas, medios, familia, convivencia, valores,...
Vagón da Educación
Colexios para que todos teñamos dereito a unha formación axeitada. Bibliotecas para fomentar o noso coñecemento e a nosa curiosidade Familia para desde pequenos ir medrando tamén no noso interior
Vagón da Educación
Medios para o seu uso como fonte de información e consulta. Convivencia para estreitar lazos de unión entre iguais. Valores para educarnos tendo en conta aos demais.
Vagón da Concordia
O noso vagón leva: axuda, comprensión, colaboración, xenerosidade, respeto e moita ilusión.Precisamos o vagón da Concordia para cambiar as persoas e facer un mundo mellor.
Vagón da concordia
Axuda: para saber estar con alguén cando nos necesita e saber tenderlles unha man, así faremos felices aos demais e nós seremos máis felices tamén. Comprensión: para poder entender os sentimentos e problemas dos demais e ser capaces de poñernos no lugar da outra persoa. Colaboración: para convivir e coñecer persoas doutras culturas e lugares sen importarnos a sua raza, a sua relixión ou o seu país.
Vagón da Concordia
Xenerosidade: para ser capaces de axudar aos demais desinteresadamente, facéndonos asi máis comprensivos e contribuíndo a facer un mundo máis xusto. Respeto: para saber escoitar e asi coñecer os sentimentos doutras persoas, comprendendo os seus diferentes puntos de vista. Ilusión: para ser capaces de emprender novos camiños, para erguernos e loitar tantas veces como sexa preciso, para non rendirse ante as dificultades e poder así soñar con novos horizontes
Vagón da Saúde
O noso vagón leva: Alimentos, medicamentos, atención médica, vacinas, axudas sanitarias, vivendas e hospitais. Necesitamos o vagón da saúde porque sen saúde, alimentación e vivenda, a vida apágase.
Vagón da Saúde Alimentos: para fortalecer o seu corpo e a súa alma Medicamentos: para curar as feridas físicas e espirituais Atención médica: para calmar a súa dor
Vagón da Saúde Vacinas: para previr futuras enfermidades Axudas sanitarias: gafas, prótexis, ... para poder seguir camiñando. Vivendas e hospitais: para que se sintan ben acollidos.
Alumnos/as de Sexto
Érase unha vez, nalgún lugar da Terra, que se uniron todos os defectos e virtudes humanas para emprender unha viaxe en tren. Tiñan moita ilusión por descubrir lugares novos, xente nova, pratos típicos, .... Unha vez que a viaxe tivo comezado, a Don Aburrimento empezou a abrírselle a boca e non disfrutaba con nada; Dona Tolemia propuxo xogar ás agochadas. Entón, Dona Intriga levantou a cella intrigada e Doña Curiosidade preguntou: ás agochadas ??? e eso,
como é ?? Trátase dun xogo, explicou Dona Tolemia, no que eu vou tapar a cara, empezar a contar desde un ata un millón e salgo polo mundo buscarvos. Ai! Don Entusiamo bailou, xunto con Doña Euforia. Dona Alegría choutou e choutou ata convencer a Dona Dúbida e tamén a Dona Apatía, á que nunca lle interesaba nada. Pero .... non todos querían participar; Dona Verdade preferiu non agocharse... total, ao final sempre a atopaban . E Dona Soberbia? Pois opinou que era un xogo tonto ( en realidade, molestáballe que non fora unha idea súa ) E Dona Covardía? Ai esa! Esa non quixo correr riscos. Un, dous, tres, ... empezou a contar Tolemia. E empezaron a agocharse .
A Dona Xenerosidade cada sitio que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos. Un lago de augas cristalinas, para Dona Beleza; un oco no tronco dunha árbore, para Dona Timidez; unha racha de vento, perfecto para Dona Liberdade... Ao final ela conformouse con acurrucarse nun raio de Sol. Don Egoísmo, en cambio, atopou un sitio moi bo desde o principio, moi cómodo, pero ... era tan só para el. Doña Mentira meteuse no fondo dos Océanos. E Don Esquecemento esqueceu agocharse . E onde pensades que o fixo Don Amor? Pois , ... no medio das flores.
Cando Dona Tolemia contou un millón, empezou a buscar. Primeiro atopou a Dona Preguiza, a tan só tres pasiños. Despois atopou a Dona Envexa, que estaba á sombra de Don Esforzo e, claro, este estaba subido á árbore máis alta .
A Don Egoísmo non tivo nin que buscalo porque o seu recuncho estaba cheo de avespas e saíu correndo.
Ao achegarse ao lago, atopou a Dona Beleza e máis fácil foi aínda con Dona Dúbida porque aínda non decidira o seu agocho.
Desta maneira, foi atopando a todos os viaxeiros, menos a Dona Paz que non aparecía por ningures. Buscaron e rebuscaron, pero non aparecía;
ata que Dona Tolerancia descubriu que se atopaba nunha nube grande e esponxosa e, desde alí, divisaba todo o planeta e, alí onde vía un conflito, enviábaa a ela subida nunha pomba para axudar a resolvelo. Cando rematou esta viaxe en tren, xa todo o mundo coñecía á pomba da paz.
Na prĂłxima viaxe do noso tren subiremos todos, pero gardaremos billete para que nos acompaĂąe Dona Tolerancia.
Alumnos/as de sexto