Guía de lecturas verán 2017

Page 1

O máis refrescante ? Colexio Lois Tobío Guía de Lecturas 2017 Un libro interesante Para os primeiros lectores Receitas cativas Embora Con estas receitas, Rufo pretende que os pequenos preparen os seus pratos dunha forma divertida, e depois gocen desa comida

Aprende a viaxar soñando Acompañamos nesta Volta, Revolta e Reviravota chea de ritmos e melodías, onde os protagonistas sodes vós: os nenos e nenas!

Déixate sorprender por unha historia de amor que 140 tartarugas conseguiron . Agu Trot – Santillana A música das árbores- Xerais Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.


O máis refrescante ? Colexio Lois Tobío Guía de Lecturas 2017 Un libro interesante Para lectores autónomos Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova. A cazadora de estrelas Xerais

Un primeiro libro sobre a evolución da vida no noso planeta que percorre 4.000 millóns de anos de historia con brillantes explicacións e magníficas ilustracións para nenos. Desde entonces hasta ahora- SM Hai moitas lúas, é dicir, hai moito tempo, os animais comunicábanse entre eles grazas ás Mensaxeiras do Mundo Animal. A súa tarefa consistía única e exclusivamente en levar mensaxes duns animais a outros con rapidez e discreción. A cambio, as mensaxeiras obtiñan certos beneficios, como o de ser intocables para os demais animais, ou o de poder establecer unha tarifa polos seus servizos. Así foi ata que… A fábula dos ratos mensaxeiros edebé O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía. Confeso que non comprendín a metade do que o avó dixo, pero, gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado: O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó! Meu avó, rei das pequenas cousas – Hércules de ediciones


O máis refrescante ? Colexio Lois Tobío Guía de Lecturas 2017 Un libro interesante Para os lectores expertos O canto dos peixes – SM Ismael, un vello mariño, refúxiase da soidade no seu benquerido embarcadoiro de pedra. Só a fermosa relación de complicidade que nace entre el e un neno , será quen de facer volver o mar e, con el, a esperanza nun futuro mellor no que se escoite de novo o cantodos peixes

Pobr

Para persoas moi curiosas , que lles interesa o mundo no que viven . Para viaxar sentados diante dun libro. ATLAS de curiosidades – SM

Hilario e os tres medos Santillana – Obradorio

Acoso escolar, amizade, afecto, morte… Mergúllate nesta historia e visita as terras de Ibias para coñecer a orixe do caxato da nosa meteoróloga.

Pobreza e invisibilidade son o día a día dun neno de 10 anos en Bombai. Dende os 6 traballa nun lavadoiro. E malia todo, sempre sorrí. AGNI e a chuvia – kalandraka


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.