BIBLIOTECA ESCOLAR / COLEXIO LOIS TOBÍO Estimados pais /nais : Desde a biblioteca do Colexio , como integrante da microrrede A Mariña de bibliotecas escolares , un ano máis pedimos a vosa colaboración para participar nun proxecto conxunto que ten como obxectivo prioritario a dinamización da lectura en familia e da literatura tradicional. Este proxecto leva consigo a exposición conxunta de traballos dos diferentes centros escolares de Viveiro e outras zonas limítrofes e , no presente curso, leva por título “ A Mariña con moito arte “ . No noso colexio , ímonos centrar nos elementos arquitectónicos de Viveiro e arredores . Descrición da tarefa : 1- Buscar un texto breve e relacionalo con algún elemento da arquitectura do noso pobo : fontes, igrexas, pontes, muralla, fábricas, museo, casas de indianos, ...( arquitectura civil , histórica, relixiosa, popular ,…) 2- O alumno /a fará unha recreación artístico- plástica que represente a relación establecida entre o texto e o elemento arquitectónico. ( O texto estará recollido no traballo ) 3- A obra resultante será presentada en cartolina branca, tamaño A3 . 4- Poderá empregarse calquera técnica artística ou mesturarse varias: collage, pintura, relieve, debuxo, mosaico, … 5- En canto a materiais empregados , serán preferibles os naturais ou reciclados , que ofrecen múltiples posibilidades creativas. 6- En todo momento, os alumnos poderán ser axudados, guiados e revisados por un membro adulto da familia , pero é importante a participación dos nenos no diseño e na elaboración. 7- Para unificar o formato de presentación das obras a cartolina
virá enmarcada como se reflexa na imaxe que vos adxuntamos. Presentación : O alumnado entregará na súa titoría o traballo , rematando o prazo o día 18 de abril . Faremos unha exposición no Colexio desde o día 19 ata o 5 de maio ; posteriormente as obras formarán parte da exposición pública e conxunta de todos os centros participantes , que se anunciará no momento oportuno. Por se vos serve de axuda, publicamos unha entrada no blog da biblioteca con algúns textos literarios ou mesmo enciclopédicos. Fixémolo a modo de exemplo, podedes empregar fragmentos, non é necesario recoller os textos completos e , por suposto, podedes empregar calquera outro que vos pareza oportuno. http://ceploistobiobibliotecas.blogspot.com.es/2017/03/exposicion -conxunta-mes-das-letras.html Moitas grazas e quedamos á espera das vosas aportacións. BIBLIOTECA ESCOLAR – CEP LOIS TOBÍO V I V E I R O
M O N U M E N T A L
Modelo de cartolina en formato A3
Escudo de Viveiro ( marxe superior dereita )